jueves, 31 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

Onte, todo o cole celebramos o día da PAZ.
Para conmemoralo, fixemos un mural relacionado coa temática do cine deste ano.
Ademáis buscamos información sobre personas que traballaron pola PAZ  e aprendimos a canción de Paco Nogueira "Apertas que voan" para cantala todos xuntos.

Aquí vos deixamos unha mostra de todo.



HOXE ENTRAMOS CON...

... INVICTUS!!!!
Película dirixida por Clint Eastwood que se sitúa en 1990 cando Mandela sae de prisión e chega a presidencia de Sudáfrica e decreta a abolición do "apartheid", é dicir, o fin da separación entre negros e brancos. A celebración da Copa Mundial de Rugby serviralle a este líder para conseguilo.

A música é de Kyle Eastwood (filla do director) e Michael Stevens. Dúo que xa compuso a B.S.O de varias películas de Clint Eastwood, como "Cartas desde Iwo Jima", "Gran Torino"...






Ficha por filmaffinity:


Título original
Invictusaka 
Año
Duración
134 min.
País
Estados Unidos Estados Unidos
Dirección
Guion
Anthony Peckham (Libro: John Carlin)
Música
Kyle Eastwood, Michael Stevens
Fotografía
Tom Stern
Reparto
, , , , ,, , , , 
Productora
Warner Bros. Pictures / Spyglass Entertainment / Malpaso Productions / Revelations Entertainment
Género
Drama | BiográficoRacismoDeporteRugbyBasado en hechos realesAños 90
Web oficial
http://invictusmovie.warnerbros.com/
Sinopsis
Adaptación de un libro de John Carlin (Playing the enemy). En 1990, tras ser puesto en libertad, Nelson Mandela (Morgan Freeman) llega a la Presidencia de su país y decreta la abolición del "Apartheid". Su objetivo era llevar a cabo una política de reconciliación entre la mayoría negra y la minoría blanca. En 1995, la celebración en Sudáfrica de la Copa Mundial de Rugby fue el instrumento utilizado por el líder negro para construir la unidad nacional. (FILMAFFINITY)
Premios
2009: 2 nominaciones al Oscars: Actor (Freeman), actor secundario (Damon)
2009: 3 nominaciones al Globo de Oro: Director, actor (Freeman), actor sec. (Damon)
2009: 4 nominaciones Critics' Choice Awards: Mejor película, director, actor y secundario
2009: Sindicato de Productores (PGA): Nominada a Mejor película
2009: Sindicato de Actores (SAG): Nom. actor (Freeman) y actor sec. (Damon)
Relacionada tamén co tema da Paz, deixámosvos esta entrada da Arca da Marga

miércoles, 30 de enero de 2019

CONTACONTOS XANEIRO

Onte tivemos o contacontos do mes de xaneiro, no que pasámolo xenial da man de Sonia e Sorel, Marta, Pablo e Mateo e Aloia, Sandra e Daniela con "Corre corre Cabaciña", "La mariquita rosmona" e "Un hada descontrolada".
Moitas grazas aos contadores, e, por suposto, aos que vides día tras día para facer esta actividade posible.
En febreiro, máis!



martes, 29 de enero de 2019

APERTAS PARA A PAZ

Como xa sabedes, mañá conmemoramos o DÍA DA PAZ e para celebralo, ademais de investigar sobre persoas que fixeron  PAZ , xuntarémonos todos a cantar "APERTAS QUE VOAN"  de Paco Nogueiras.

Deixámosvos un video coa canción e unha animación que atopamos no canal de Chilse Guau.

lunes, 28 de enero de 2019

CONCERTOS DE CINE

A semana pasada o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acudiu ao Pazo da Ópera para escoitar a Orquestra  Sinfónica de Galicia nun concerto de B.S.O de cine.

Como xa sabemos moito desta temática o noso alumnado foi quen de recoñecer case todas as pezas que tan ben tocou esta magnífica Orquestra.


viernes, 25 de enero de 2019

COÑECES A...

Dentro do cine hai unha profesión da que pouco coñecemos: os dobladores.
Seríamos capaces de recoñecer a quen lle poñen voz pero non, de poñerlles cara.
Propoñémosvos un xogo:

A ver se sodes quen de adiviñar a quen interpretan estes actores e actrices de doblaxe:

RICARDO SOLANS



GRACIELA MOLINA




RAMÓN LANGA



NURIA MEDIAVILLA




PEPE MEDIAVILLA





NURIA TRIFOL




JORDI BRAU



MERECEDES MONTALÁ





LUIS POSADA






PASÁDEO BEN!!!!

(información sacada de www.fotogramas.es)

miércoles, 23 de enero de 2019

HOXE ENTRAMOS CON...

O PIANO!!!!

Película de 1933 sobre unha pianista muda á que lle morre o marido e a súa filla. Cando muda a Nova Zelanda ten que deixar abandonado na praia o piano. A partir de aquí comeza un drama romántico acompañado dunha fantástica música.



A B.S.O é de Michael Nyman, foi co album desta película que foi nominado a varios premios que o levaron a ter gran prestixio. Nyman compuso moitas B.S.O para outras películas, case todos obras de autores independentes europeos.






Deixámosvos a ficha da película por Filmaffinity:

Título original
The Piano
Año
Duración
121 min.
País
Nueva Zelanda Nueva Zelanda
Dirección
Guion
Jane Campion
Música
Michael Nyman
Fotografía
Stuart Dryburgh
Reparto
, , , , ,, 
Productora
Ciby 2000 / Jan Chapman Productions
Género
DramaRomance | Drama románticoSiglo XIXMúsicaDiscapacidad
Sinopsis
Año 1851. Ada, que es muda desde niña, acaba de enviudar. Un matrimonio concertado la obliga a dejar su Escocia natal y viajar a Nueva Zelanda, acompañada de su hija y de su piano. Allí conoce a su futuro marido, un próspero granjero que se niega a llevar a casa el piano. Abandonado en la playa, el instrumento será rescatado por un vecino que establece un extraño pacto con Ada: él la dejará usar su piano a cambio de que ella se deje tocar. (FILMAFFINITY)
Premios
1993: 3 Oscars: Mejor actriz (Hunter), actriz secundaria (Paquin), guión original. 8 nom.
1993: Globo de Oro: Mejor actriz drama (Holly Hunter). 6 nominaciones
1993: 3 Premios BAFTA: Mejor actriz (Hunter), vestuario y diseño de prod. 10 nom.
1993: 2 premios en el Festival de Cannes: Palma de Oro, mejor actriz (Hunter)
1993: Premios César: Mejor película extranjera
1993: National Board of Review: Mejor actriz (Holly Hunter)
1993: Círculo de Críticos de Nueva York: Mejor director, actriz (Hunter) y guión. 5 nom.
1993: Premios Independent Spirit: Mejor película extranjera
1993: Premios Guldbagge (Suecia): Mejor película extranjera
1993: Asociación de Críticos de Chicago: 3 premios, inc. Mejor película extranjera. 7 nom.
1993: Sindicato de Productores (PGA): Nominada a Mejor película
1993: Sindicato de Directores (DGA): Nominada a Mejor director
1993: Sindicato de Guionistas (WGA): Mejor guión original



lunes, 21 de enero de 2019

RAMÓN CARREDANO COBAS

Como xa sabedes,a semana pasada visitounos este fantástico autor.
O alumnado de quinto e sexto tivo o pracer de charlar con el sobre os seus libros, o premio Merlín por "Unha branca de cobre para Martiño", a súa colección de "A illa do tesouro", o seu traballo no mundo do teatro e da dobraxe e, sobre a aventura de ler.




Os nenos e nenas de 6º A, non deixaron pasar a oportunidade de actuar como auténticos profesionais de cine.

E como Ramón non tiña a versión que leron os nosos cativos e cativas tiveron a ben regalárllela para que a engadira a súa colección.

MOITAS GRAZAS, MONCHO!

domingo, 20 de enero de 2019

SEGUNDA VISITA DE ELENA BERENJENA

Esta semana volveu visitarnos a científica Elena Berenjena e con ela descubrimos o segundo ingrediente para o elixir máxico: As froitas, verduras e hortalizas!
Con ela traballamos en equipo para descubrir as vitaminas e minerales dos alimentos e sempre traballando a lectoescritura ao mesmo tempo. Que maneira tan divertida de aprender!!!!
Se queredes saber o que pasou, pinchade na imaxe e veredes unha animación coas fotos.

Grazas unha vez mais á Concellería de Educación por facer isto posible!!!!

sábado, 19 de enero de 2019

OS CONTOS DE SEGUNDO

E voltamos cos contos de segundo, como lles gusta a estes nenos e nenas de infantil que lles veñan contar contos nenos e nenas que os teñen tan ben preparados:
 Brais e Estela foron a 3 anos B a contar "Carabuñas"

 Enrique e Martina estiveron en 3 anos A contando "Un becho estraño".
NORABOA RAPACES!

jueves, 17 de enero de 2019

Ramón Carredano Cobas


Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º tiveron a gran sorte de poder coñecer e entrevistar a Ramón Carredano Cobas, autor de "Veleno tinto", "Anacaona, el fin de una raza", "A unlla da aguia", "Frei Samuel" ou "Unha branca de cobre para Martiño". Con este último gañou o premio Merlín de literatura xuvenil en 2005. 


Ademais de ser escritor, Ramón é músico, gran apaixoado do teatro e doblador de televisión.
Mentres esperamos as entrevistas dos nenos e nenas do cole dixámosvos esta que lle fixo Galaico.

miércoles, 16 de enero de 2019

FLIPBOOK

O FLIPBOOK  é un libro que ten unha serie de imaxes que, co paso rápido das follas, crean movemento para contar unha historia.  Podemos usalo no cine de animación.

Os pequenos e pequenas de 4 anos A fixemos o noso propio flipbook e ao tempo, estamos aprendendo a grabarnos cunha tablet. Aquí vos deixamos o resultado (hai nenos e nenas que non quixeron facer o video, darémoslles tempo a que perdan o medo escénico)

HOXE ENTRAMOS CON...

... CASABLANCA!!!!!

Película de 1942 baseada na obra de teatro Everybody comes to Rick’s, protagonizada por Humphrey Bogart e Ingrid Bergman. Durante a Segunda Guerra Mundia moitos marcaharan a refuxiarse na cidade de Casablanca fuxindo do nazismo. Victor Laszlo quere saír da cidade e a única posibilidade que ten é Rick, que foi amante da súa muller.
Casablanca, que foi dirixida por ,  é unha das películas mellor valoradas da cinematografía estadounidense. Foi gañadora de varios premios, entre eles, Óscar á mellor película.


A BSO, desta vez corre por conta de Max Steiner. Compositor austriaco moi recoñecido no mundo do cine.
Del son as BSO de películas como " King Kong"(1933), "O delator"(1935, pola que gañou un Óscar), "O que o vento levou".. entre moitas outras. Foi nominado aos Óscars moitas veces e gañador deste premio en 3 ocasións. 





Aquí vos deixamos a ficha por filmaffinity:
Título original
Casablanca
Año
Duración
102 min.
País
Estados Unidos Estados Unidos
Dirección
Guion
Julius J. Epstein, Philip G. Epstein, Howard Koch (Obra: Murray Burnett, Joan Alison)
Música
Max Steiner
Fotografía
Arthur Edeson (B&W)
Reparto
, , , , ,, , , , ,, , , , , ,, , , , 
Productora
Warner Bros. Pictures; Productor: Hal B. Wallis
Género
DramaRomance | Drama románticoII Guerra MundialÁfricaNazismo.Propaganda
Sinopsis
Años 40. A consecuencia de la Segunda Guerra Mundial, Casablanca era una ciudad a la que llegaban huyendo del nazismo gente de todas partes: llegar era fácil, pero salir era casi imposible, especialmente si el nombre del fugitivo figuraba en las listas de la Gestapo, que presionaba a la autoridades francesas al mando del corrupto inspector Renault. En este caso, el objetivo de la policía secreta alemana es el líder checo y héroe de la resistencia Victor Laszlo, cuya única esperanza es Rick Blaine, propietario del 'Rick’s Café' y antiguo amante de su mujer, Ilsa Lund. Rick e Ilsa se habían conocido en París, pero la entrada de las tropas alemanas en la capital francesa les separó. (FILMAFFINITY)
Premios
1943: 3 Oscars: Mejor película, director, guión adaptado. 8 nominaciones
1942: Círculo de Críticos de Nueva York: Nominada a Mejor Actor (H. Bogart)

E o enlace á ARCA DA MARGA

CONTACONTOS XANEIRO

PREPARADE OS CARNÉS, QUE XA CHEGA!!!!


lunes, 14 de enero de 2019

ENNIO MORRICONE

Aos 90 anos de idade, Ennio Morricone anuncia a súa retirada. Morricone é un dos grandes compositores de cine, del son moitas das BSO máis coñecidas.


A revista fotogramas fixo este artigo na súa honra.

Gracias por tanto, artista!

jueves, 10 de enero de 2019

RETO LECTOR PARA 2019

Na páxina da librería NOBEL atopamos este reto lector. Estaría xenial que o imprimísedes, o colocásedes nun lugar visible e fósedes a por el.
NÓS IMOS CONSEGUILO!
SORTE!!!!


miércoles, 9 de enero de 2019

HOXE ENTRAMOS CON...

... TOY STORY!

Película de animación do ano 1995 (si, xa ten 23 anos!!!!).
Xa convertida nun clásico de Pixar narra a historia de Woody, un vaquero de xoguete de Andy, que teme que ao chegar o cumple do neno, este xogue cos novos xoguetes e o deixe de lado. Woody coñecerá a Buzz Lightyear e a inicial rivalidade acabará converténdose nunha bonita amizade.


A película está dirixida por Jonh Lasseter e a música corre da conta de Randy Newman, compositor, cantante, arreglista e pianista americano. Newman é o autor da sintonía de  20th Century Fox. Del son outras B.S.O de Disney-Pixar como "Toy Story 2", "Monstros S.A", "Cars" ou "James e o pexego xigante" entre outras. Por "You've got a friend in me", tema da película foi nominado aos Óscar, premio que non conseguiu ata 2002 por "If I didn't have you" da película de "Monstros S.A", e logo repetiu con "We belong together" de "Toy Story 3".




A versión española está cantada por Tony Cruz.

A modo de curiosidade:
-  "Toy Story" foi a primeira película de animación da historia que foi  nominada aos Óscar.
- Andy e a sua nai repostan nunha gasoliñeira chamada Dinoco, como a empresa na que traballa Rayo McQuenn!
- O camión de reparto Pizza Planet aparece en todas as películas de Pixar. agás, nos "Incribles".
Como sempre, deixámosvos a ficha por Filmaffnity:

Título original
Toy Story
Año
Duración
80 min.
País
Estados Unidos Estados Unidos
Dirección
Guion
Joss Whedon, Andrew Stanton, Joel Cohen, Alec Sokolow (Argumento: John Lasseter, Pete Docter, Andrew Stanton, Joe Ranft)
Música
Randy Newman
Fotografía
Animation
Reparto
Productora
Walt Disney Pictures / Pixar Animation Studios
Género
AnimaciónFantásticoComediaAventurasInfantil | MuñecosPixar3-D
Grupos
Toy Story | Pixar (Películas) 
Novedad
Sinopsis
Los juguetes de Andy, un niño de 6 años, temen que haya llegado su hora y que un nuevo regalo de cumpleaños les sustituya en el corazón de su dueño. Woody, un vaquero que ha sido hasta ahora el juguete favorito de Andy, trata de tranquilizarlos hasta que aparece Buzz Lightyear, un héroe espacial dotado de todo tipo de avances tecnológicos. Woody es relegado a un segundo plano. Su constante rivalidad se transformará en una gran amistad cuando ambos se pierden en la ciudad sin saber cómo volver a casa. (FILMAFFINITY)
Premios
1995: Oscar: Premio Especial Técnico. 3 nom: guión original, BSO, canción
1995: 2 nominaciones al Globo de Oro: Mejor película - comedia o musical, bso
1996: Premios BAFTA: Nominada a Mejores efectos visuales
1995: Asociación de Críticos de Chicago: Mejor banda sonora
1995: Sindicato de Productores (PGA): Nominada a Mejor película.

E o enlace a ARCA DA MARGA.

martes, 8 de enero de 2019

¿CÓMO SE HACE UNA PELÍCULA DE ANIMACIÓN?

Abel Tébar Ruiz y Aida Martínez Salamanca, en su proyecto fin de carrera nos lo cuentan:

CAZAPALABRAS DO 1º CICLO

Antes de marchar de vacacións de Nadal os nenos e nenas de primeiro e segundo participaron nun CAZAPALABRAS DE CINE.

(Preme na imaxe para ver as fotos)