viernes, 29 de noviembre de 2019

LIBROS LECTURA FÁCIL

Gústache ler pero non das acabado os libros? Queres sentir a experiencia de poder comezar e ler un libro e rematalo sen pensar que é moi dificil?
Pois non deixes de preguntar polos libros de lectura fácil que acaban de chegar a nosa biblioteca.
Son moi divertidos e son aptos para todos!!!!!!


jueves, 28 de noviembre de 2019

CONTACONTOS NOVEMBRO

Aínda que cun pouco de retraso debido aos permisos de imaxe, por fin podemos colgar as fotos da sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA  de novembro.
Foi unha estupenda sesión na que contaron Vanesa e Mario " ¡Ey, superabuelo!", Antía e Daniela "Princesa 2.0" e Vero e Lucas "El increíble niño comelibros".



miércoles, 27 de noviembre de 2019

IUTUBER (CAPÍTULO 2)

Neste vídeo de Iutuber o alumnado de quinto explícanos a densidade e a flotabilidade de maneira divertida:

martes, 26 de noviembre de 2019

PROFES

Sempre que vén alguén de fóra colgamos unha foto e comentamos o ben que o fixo e todo o que nos aportou.

Como as/os profes estamos a traballar de seguido co noso alumnado, moitas veces non temos tempo de facer unha foto ou non valoramos o que facemos porque facémolo todos os días.

A semana pasada, por casualidade,  escoitei un conto que unha profe estaba a contar aos seus pequenos e pequenas, e non puiden resistir a tentación de sacarlles unha foto a esas cariñas.

Quero que vexades a sorte que temos todos os días o profesorado que, aínda que non saquemos as fotos e non quede reflectido en ningún sitio, vemos esas cariñas que confirman que fan que esta profesión sexa a mellor do mundo.




viernes, 22 de noviembre de 2019

ESTUDO DE XÉNERO

A piques de conmemorar o día contra a violencia de xénero o alumnado de quinto móstranos o resultado da súa investigación sobre a desigualdade de xénero.
Escoitade ben atentos, que hai moito que mellorar.

jueves, 21 de noviembre de 2019

RASTRILLO SOLIDARIO

Como todos os anos, o alumnado de sexto está a recaudar diñeiro para ir de excursión a Madrid.
Se tedes tempo pasade polo rastrillo solidario que organizan o domingo en Castro Laxe:

martes, 19 de noviembre de 2019

25 NOVEMBRO

O 25 de novembro todo o cole gritaremos moi alto e moi forte un NON para a violencia de xénero.
Como xa sabedes, esta semana está a soar a canción de Melendi e Alejandro Sanz que cantaremos o vindeiro luns, cando fagamos o noso acto para reivindicar a NON VIOLENCIA.


jueves, 14 de noviembre de 2019

OS RECREOS DO BUFOLECTOR

Non podemos negar que dende que entraron os xogos na nosa biblioteca os recreos son moito máis animados.
Gustaríanos que vísedes os múltiples recunchos que se forman nos recreos e a convivencia entre o alumnado de primaria.
Está claro que a biblioteca quédase pequena e necesitamos unha ampliación urxente!!!!!

Pinchade na imaxe e veredes do que estamos a falar.

miércoles, 13 de noviembre de 2019

CLUB DE LECTURA

Xa están rodando dous clubs de lectura co alumnado de sexto. Un grupo está lendo "Cuando Hitler robó el conejo rosa" e o outro "Historia da bicicleta dun home lagarto".
Polo numerosos que son os grupos creo que imos falar moito!




VISITA DA DRAGONA RAMONA

Onte, o alumnado de infantil tivemos a sorte de escoitar un contiño da Dragona Ramona. 
O conto encantounos e entre todos conseguimos acender ao dragón:




Lembrade que se queredes ver a Dragona Ramona está unha vez ao mes na biblioteca de Vilaboa.

martes, 12 de noviembre de 2019

30 AÑOS DE LA CAÍDA DEL MURO

En este año que trabajamos el Siglo XX no podemos dejar de recordar que este sábado hizo 30 años de la caída del muro de Berlín.

viernes, 8 de noviembre de 2019

LA PRIMERA FUTBOLISTA ESPAÑOLA

Se llamaba IRENE GONZÁLEZ BASANTA,  nació en Coruña, en 1909. 

Era una época muy difícil para que una mujer jugase al fútbol, pero ella lo tenía claro, quería ser futbolista. Así que fundó su propio equipo " IRENE F.C", en el que era capitana, presidenta y portera.

Bajo palos se hizo un nombre, demostrando su nivel y su falta de complejos, compitiendo de tú a tú ante cualquiera. Decían de ella que tenía un fuerte carácter, de ese tan necesario para organizar una defensa y defender los tres palos. Bajo la sombra de la portería se labraría un nombre entre los aficionados gallegos al fútbol. Su figura, en poco tiempo, se había convertido casi en un icono. Su sola presencia bajo los tres palos despertaba gran admiración y conseguía congregar a un buen número de aficionado entre el público.





La historia de Irene es tan fugaz como trascendental. Los años que le tocaron vivir a la coruñesa no fueron precisamente los más fáciles de la historia de España. Y la historia de Irene, cargada de simbolismo, de lucha, de superación, se tuvo que ver truncada en su mejor momento. En aquella época, las enfermedades mortales campaban a sus anchas y los recursos escaseaban. En 1927, se le diagnosticaría una tuberculosis, lo que le obligaría a apartarse de los terrenos de juego de forma permanente.
Su historia pronto fue recogida por varios medios locales de la época, que alertaron de la delicada situación de la futbolista coruñesa, de reconocido nombre en Galicia. La noticia corrió como la pólvora y la reacción de la gente no tardó en hacerse esperar. Se organizaron varios torneos benéficos y se recolectó dinero para ayudar a la guardameta, que consiguió recuperarse. Sin embargo, un par de meses después, una secuela de su enfermedad hizo que perdiera la vida en 1928, cuando contaba solo con 19 años de edad.
Para saber más: 
Os dejamos aquí, un documental de otras pioneras futbolistas:

jueves, 7 de noviembre de 2019

DÍA DAS LIBRARÍAS

Mañán 8 de novembro é o día das librerías, aproveitádeo!!!


CONTACONTOS NOVEMBRO

Casi, casi estamos preparados para o vindeiro contacontos, apuntade a data:

OS CONTOS DE SEGUNDO

Un ano máis o alumnado de infantil temos a sorte de escoitar aos nosos compañeiros "maiores" e ver como día a día progresan na súa lectura.
Moitas grazas a Omar e a Alan por vis a lernos "As aventuras de Sapo e Sepo"

domingo, 3 de noviembre de 2019

MARUJA MALLO

O alumnado de 5 anos estamos a estudar a década de 1920. A primeira persoa importante que aprendimos é Maruja Mallo.
Non vos perdades esta entrevista e veredes que xa sabemos moitas cousas desta pintora surrealista.


MAGOSTO

Como sabedes, a semana pasada celebramos tamén o magosto.
Pinchade na imaxe e veredes, no blog de dinamización lingüística, as fotos e o video do que aconteceu :