lunes, 30 de noviembre de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Xa está aquí a versión CONTACONTOS EN FAMILIA 2020-2021!

Mentres non podamos xuntarnos usaremos este formato. É importante que vos anotedes para poder distribuir os contacontos e non ter moitos un mes e ningún outro.

Se queredes paticipar, cubriredes a folla e nós poñerémosnos en contacto con vós para que o mes que vos toque vos gravedes contando un conto, nolo mandedes e o colgaremos no blog do Bufolector para que todos vexan que sodes uns tremendos artistas!

Para calquera dúbida podedes escribir a bufolector@gmail.com

Animádevos que vai ser divertido!

Folla participación


Déixovos enlaces de outros contacontos en familia:


"Axente Riciños"

"El campesino y el diablo"

"La varita mágica"

"La casa de Tomasa"

"El monstruo de colores"

"Gatiño e o balón" 

sábado, 28 de noviembre de 2020

NEREA

 Hoxe queremos presentarvos a Nerea.

Nerea comezou este ano no cole, ten só 2 aniños.  Gústalle moito o cole e pásaoo xenial. Unha das cousas que máis lle gusta e levar a casa os libros que nos presta o Bufolector, de feito o primeiro que levou costoulle un poquiño devolvelo, pero axiña aprendeu que si o devolvía podía levar outro.

Esta semana levou este:


E unha vez que llo leron quixo contalo. Atentos ao video porque aquí temos un fixache para os nosos "Contacontos en familia"

viernes, 27 de noviembre de 2020

CLUB DE LECTURA

 Hoxe tivemos sesión do club de lectura:

Como xa sabedes, no cole estamos de obras e aínda que había ruido a sesión non a podiamos cancelar. Así que buscamos unha maneira de poder escoitarnos:



A verdade é que resultou unha sesión moi gratificante, tanto polos participantes como polo recunchiño que atopamos para facela.

Noraboa rapaces por ser capaces de non perder a vosa esencia a pesares das dificultades atopadas!






miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N día contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe traémosvos unha canción e un contiño para conmemorar este día e ogallá teñamos que deixar de conmemoralo!

"MARUXA"

Conto: Maruxa from Concello do Rosal on Vimeo.


"SE ACABARON LAS LÁGRIMAS"



ANIMADOS DURANTE UN SÉCULO

 A profe Marga elaborou este xogo (en dúas partes) para que os papás, mamás, avós, avoas... tamén poidan xogar e participar do noso proxecto sobre o SÉCULO XX.


O xogo é moi doado, escoitade as sintonías e relacionádeas cos debuxos animados ás que lle pertencen.


PINCHADE NAS IMAXES E A  XOGARRRRRRRRRRRRR 







miércoles, 18 de noviembre de 2020

MÚSICOS PARA UN SÉCULO

 A profe Marga vén de facer este entretido xogo que pon a proba os coñecementos dalgúns músicos do século XX divididos por décadas. 

Estades preparados?

Pois pinchade na imaxe e a xogar:


BIBLIOTECAS DE AULA

 Xa temos as primeiras fotos dalgunha biblioteca de aula:

6ºB



5ºA



5ºB


Alédanos ver con que agarimo estades a construir as vosas bibliotecas de aula!



lunes, 16 de noviembre de 2020

CLUB DE LECTURA

 O venres pasado tivemos a primeira reunión "formal" con un dos grupos do CLUB DE LECTURA deste ano.

Estamos a ler un libro de Fina Casalderey.


A verdade é que a reunión resultou moi proveitosa.

 Aínda hai quen está algo tímido, pero este grupo promete.





miércoles, 11 de noviembre de 2020

EL OTOÑO

 ¿Sabéis en qué estación del año estamos? Los pequeños lo tienen claro y os lo cuentan con esta poesía:



LA GRIPE ESPAÑOLA DE 1918

 Como sabéis, el COVID 19 no fue la primera pandemia a nivel mundial que se registró. Seguro que muchos escuchasteis hablar de la GRIPE ESPAÑOLA. 

La gripe española no tuvo su origen en España, aunque no está confirmado, se sospecha que apareció en Francia en 1916 o en China en 1917 muchos estudios sitúan los primeros casos en la base militar de Fort Riley (EE.UU.) el 4 de marzo de 1918.

Tras registrarse los primeros casos en Europa la gripe pasó a España. Un país neutral en la I Guerra Mundial que no censuró la publicación de los informes sobre la enfermedad y sus consecuencias (a diferencia de los otros países centrados en el conflicto bélico).

Ser el único país que se hizo eco del problema provocó que la epidemia se conociese como la Gripe Española. Y a pesar de no ser el epicentro, España fue uno de los más afectados con 8 millones de personas infectadas y 300.000 personas fallecidas.


HOY OS QUEREMOS MOSTRAR LAS SOLUCIONES QUE, EN 1918, DABAN PARA EVITAR LAS INFECCIONES. 

A VER SI OS RECUERDA A ALGO...



DÍA DAS LIBRERÍAS

 O 13 de novembro celebramos o DÍA DAS LBRERÍAS. este ano máis que nunca, necesitan da vosa colaboración. Así que xa sabedes:




jueves, 5 de noviembre de 2020

NOVAS NA BIBLIOTECA

 Algo está acontecer na Biblioteca do Bufolector, mirade como está....




En breve teremos novas...


martes, 3 de noviembre de 2020

NOVEMBRO: Mes da Ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares

 No blog das Bibliotecas Escolares de Galicia podemos atopar a seguinte información:


Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Xurxo Mariño Alfonso, profesor, investigador e divulgador científico. O autor salienta que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."

Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursoso dixitais , relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogs de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc. 


Se queredes ler o manifesto ou ver o material non dubidedes en ir ao seguinte enlace: A ciencia en galego