Mostrando entradas con la etiqueta día das bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día das bibliotecas. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 HOXE É O DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!!!!



Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
 
A Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a  Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2023.  
 
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
 
Un ano máis celebramos do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, POÑENDO A CIRCULAR AS NOSAS MOCHILAS E CESTAS VIAXEIRAS.
(Pincha na imaxe para ver o contido)


Esperamos que sexa un curso cheo de boas lecturas e moitas bibliotecas!!!!



miércoles, 23 de octubre de 2024

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Todo preparado para celebrar o GRAN DÍA DAS NOSAS BIBLIOTECAS!!!!

E ti estás preparado? Se eres dos maiores, lembra baixar un lapis !

Estas son as cubertas que tedes que atopar no patio. Todos están relacionados co proxecto da biblio.





Día Das Bibliotecas by Bufolector

domingo, 5 de noviembre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, entre as actividades propostas tiñamos dúas ximcanas que por mor da chuvia tivemos que retrasar, pero que por fin puidemos facer.

Os pequenos do cole tiñan que atopar imaxes das cubertas de diferentes libros que estaban agochadas polo patio.

Os maiores, tiñan que recoller unha planilla na biblio e cubrir o nome dos 10 libros que estaban polo patio axudándose dunhas pequenas pistas.

Esto é un resumo do ben que o pasamos:



miércoles, 18 de octubre de 2023

24 outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 


miércoles, 26 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como xa sabedes, este semana celebramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 outubro). 
Xa é unha tradición que as mochilas viaxeiras comecen a súa andaina este día e este ano non podía ser menos. 
Pero ademáis quixemos SACAR A BIBLIOTECA AO PATIO, onde agochamos fotos de cubertas de libros que os máis pequenos tiñan que atopar e para os maiores era a clave que lles axudaría a cubrir a folla de dez pistas. 

Antes de ensinarvos o video queremos destacar que foron uns recreos ben divertidos onde predominou un GRAN COMPAÑERISMO, gustoume moito ver como vos axudábades todos sen importar o curso nin a idade. 
NORABOA RAPACES!!!!!

lunes, 24 de octubre de 2022

XIMCANA

 Lembrade que mañá no recreo terá lugar a ximcana de infantil, primeiro e segundo.

Tedes que atopar as cubertas dos libros que están agochadas polo patio e levalas á biblioteca,  onde volas cambiarán por un agasallo. 


viernes, 21 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 A vindeira semana preséntase animada:



domingo, 24 de octubre de 2021

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Como xa é tradición no Sofía, parte da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS é o reparto das mochilas e as cestas viaxeiras. 

XA ESTÁN PREPARADAS PARA VIAXAR....






DESEXÁMOSVOS A TODOS UN BO CURSO CHEO DE BOAS LECTURAS!!!!!

(En breve publicaremos o contido das mochilas)


sábado, 23 de octubre de 2021

Noraboa Dani!

 Dani foi o premiado no último match!



E o libro que lle deu o agasallo foi:

Aínda que os agasallos remataron, a celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS segue...




viernes, 22 de octubre de 2021

ÚLTIMO MATCH!

 Hoxe é o último día para emparellar a túa ficha co libro correspondente.


O libro escollido para hoxe é.... 


" A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA"


Sabes quen o escribiu? Tes a túa folla cuberta? Os títulos coinciden?... Pois baixa á biblioteca e recolle o teu agasallo!!!!!


Remataron os agasallos pero non a celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS.

O luns poñeremos en marcha as MOCHILAS  e as CESTAS VIAXEIRAS!

jueves, 21 de octubre de 2021

E O PREMIO DE HOXE É PARA....

 


LUCAS!!!!!


Noraboa!!!!!

Onte o premio quedou deserto porque ninguén se presentou.
 Queda un día, traede as vosas papeletas e estade moi atentos ao Bufolector!!!!

AÍNDA PODES GAÑAR....

 Hoxe entregamos  o cuarto premio e será para o neno/a que teña a ficha co título do libro...


"YARED E A RECICLAXE"


Se eres ti esa nena/o colle a túa ficha e vai facer un match co libro correspondente. 

miércoles, 20 de octubre de 2021

SEGUIMOS ENTREGANDO PREMIOS!

 O terceiro libro escollido para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS é...



"A TERRA ACATARROUSE"

Así que colle a túa ficha e vai facer un match á biblioteca. O teu agasallo agarda!

martes, 19 de octubre de 2021

NORABOA MATEO!

 Por emparellar a túa papeleta co libro que anunciamos hoxe!



AÍNDA QUEDAN 3 DÍAS MÁIS DE AGASALLOS!!!!!




SEGUNDO MATCH DA SEMANA

 E o libro escollido para gañar un agasallo este martes é...



"PERIGO VEXETAL"

Se é o teu libro e tes escrito o autor, baixa no recreo coa túa ficha á biblioteca e recolle o teu agasallo!!!!

lunes, 18 de octubre de 2021

E o primeiro agasallo é para..

 NAYARA!!!!



Que por un intercambio de papeleta de última hora resulta que tiña o libro premiado:


NORABOA NAYARA!

Mañá teremos outro premio e poida que che toque a ti!!!!! Atentos ao Bufolector!!!


Fai un match!

 Xa saiu o primeiro libro!


Se tes o boleto co título elixido para este luns baixa a biblioteca e fai un match (emparella o boleto co libro)

Como non podía ser doutra forma comezamos con.....





"Movida na biblioteca"

miércoles, 13 de octubre de 2021

24 OUTUBRO: DÍA DAS BOIBLIOTECAS

 Achégase o DÍA DAS BIBLIOTECAS e como estreamos a nosa ímolo celebrar por todo o alto, facendo 5 regalos.


Carta Día Das Bibliotecas by Bufolector


Xa temos todo preparado:


SORTE A TODOS!


miércoles, 30 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

Por fin temos o video resumo do que aconteceu na celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES deste curso.
Como xa sabedes, o xogo consistía en buscar letreros co título dalgún libro infantil/xuvenil do século XX e logo achegarse a biblioteca e atopar o libro,. Non era doado, xa que os libros están colocados segundo a inicial do apelido do autor/a. Pero os nosos nenos/a fixéronno xenial!
E como non podía ser doutro modo, a música que acompaña o video é un dos mellores temas do século XX. Chámase "Sweet child o mine" e é dun grupo chamado GUNS N´ROSES. Así que subide o volume para escoitar ben!!!!

miércoles, 23 de octubre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

E, como cada 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, mañán comezarán a viaxar as nosas mochilas por todas as vosas casas.

 Están feitas con moita ilusión, escoller o material que vai dentro non é doado!

 Buscamos que poida gustar, que interese, que sexa axeitado para a idade dos nenos/as, que poidades sacarlle partido en familia, que aporten e, sobre todo... que sexa un eixe motivador que achegue aos nenos á lectura, e á cultura en xeral.

Este ano incluimos unha libreta para que participedes as familias, está relacionada con século XX, queremos que nos contedes que descubríchedes nese século, que recomendaríades, que botades de menos... e que o aproveitedes para falar cos vosos fillos/as e contarlles por que recomendades iso e non outra cousa.

Boa viaxe para esas mochilas e boas lecturas para as nosas familias!!!!