martes, 14 de mayo de 2024

DE FORMACIÓN...

 Hoxe tocou formación: collendo ideas, renovando contidos...



viernes, 10 de mayo de 2024

GAÑADORAS DO BUFOPREGUNTÓN!!!!

 Aínda que temos que dar os PARABÉNS  a todas as familias, a representación das gañadoras do Bufopreguntón deste curso é feminina:

NORABOA A ICÍA e ALDARA, DANIELLA e NAYLA!!! 


GRAZAS  a todos os participantes! O ano que vén, máis e mellor!!!!!


QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO

 É o último libro que imos ler no primeiro grupo do club de lectura. Estamos seguros de que vai ser un éxito porque Andrea Maceiras nunca falla!

Deixámosvos o Booktrailer do libro feito por alumnado antigo do noso club:



Unha entrevista á autora:

Información sobre Shiva e sobre retos virais en adolescentes.


jueves, 9 de mayo de 2024

BUFOPREGUNTÓN 4.5

     Xa temos acertante do último Bufopreguntón!!!!

Tal e como dixo Nayla, estabamos a falar de Astérix e Obélix nos xogos olímpicos.

Por aquí deixamos todas as pistas que tiñamos preparadas:

1. Podes  verme

2. Na miña creación participaron Alemaña, España, Francia e Italia.

3. Estou baseada nun libro.

4. Atoparás a Tony Parker e a Zinedine Zidane.

5. O nome dun dos persoaxes vén do grego ast.

Con este, rematamos o Bufopreguntón deste curso. Grazas a todos os participantes e PARABÉNS aos acertantes!

miércoles, 8 de mayo de 2024

BUFOPREGUNTÓN 4.3

   1. Podes  verme

2. Na miña creación participaron Alemaña, España, Francia e Italia.

3. Estou baseada nun libro.

martes, 7 de mayo de 2024

BUFOPREGUNTÓN 4.2

  1. Podes  verme

2. Na miña creación participaron Alemaña, España, Francia e Italia.

lunes, 6 de mayo de 2024

BUFOPREGUNTÓN 4.1

 1. Podes  verme

sábado, 4 de mayo de 2024

PÁJARO BLANCO

 É o título do último libro que limos no club de lectura.


Este libro deixámolo para unha única sesión porque lese rápido e  a motivación dos rapaces é moi alta.
Foi o noso primeiro achegamento á BANDA DESEÑADA  e a verdade é que quedamos con ganas de ler máis.
A historia comeza con Julian, un personaxe que coñecemos de sobra por ser un dos protagonistas de "La lección de August" falando coa súa avoa quen narra a súa difícil infancia por ter que vivir escondida escapando dos nazis.

Os rapaces e rapazas do club recomendan encarecidamente a súa lectura! 


viernes, 3 de mayo de 2024

BUFOPREGUNTÓN 3.5

    1. Somos únicas na nosa especie.

2. Os nosos donos son grandes amigos. 

3. Temos relación co atletismo.

4. Nacemos ao rematar os Xogos Olímpicos de 1936.

5. Son froito de dous saltos de pértiga.

SEGUNDA POSTA DE CARTEIS

 Aínda seguimos colgando os carteis do DÍA DO LIBRO!







jueves, 2 de mayo de 2024

BUFOPREGUNTÓN 3.4

   1. Somos únicas na nosa especie.

2. Os nosos donos son grandes amigos. 

3. Temos relación co atletismo.

4. Nacemos ao rematar os Xogos Olímpicos de 1936.

miércoles, 1 de mayo de 2024

BUFOPREGUNTÓN 3.3

   1. Somos únicas na nosa especie

2. Os nosos donos son grandes amigos. 

3. Temos relación co atletismo.