viernes, 12 de diciembre de 2025

LOS QUEBRANTASUEÑOS


Comezamos libro no club. Esta vez imos a un mundo de fantasía que non nos deixará indiferentes. 

Pouca presentación necesita porque vendo a ilustración e coñecendo un pouco á autora, Susana Isern, xa sabemos que é unha xoia con envoltura de libro.
Máis aló do mundo fantástico que nos amosa, Los quebrantasueños fala, en realidade, do poder das palabras, de como unha palabra dita no momento oportuno pode cambialo todo.
Esperamos que despois de lelo teñamos un mundo con máis Plantasueños!

Deixámosvos varios enlaces por se queredes mergullarvos neste mundo:

SUSANA ISERN

Entrevistas: RZ100arte

ESTHER GILI
Entrevistas: Toledodiario




jueves, 11 de diciembre de 2025

SCAPE ROOM

Vémonos mañá ás 17:00h. Vide con ganas de pasalo ben!


 

viernes, 5 de diciembre de 2025

UN LOBO DENTRO

 Hoxe comezamos novo libro no club:


(Pincha na imaxe do libro)

Comezaremos debatindo sobre esta curta:






martes, 2 de diciembre de 2025

PRÉSTAMOS ADULTOS

 Lembrade que na BIBLIOTECA DO BUFOLECTOR hai libros para todas as idades.

Os maiores tamén podedes solicitar préstamos de libros. No blog do Bufolector tedes as indicacións de como facelo: