jueves, 12 de junio de 2025
jueves, 5 de junio de 2025
Hoxe pasamos unha tarde divertida cos máis pequenos do cole. Montamos varias estacións de xogo para que foran pasando por todas e o resultado foi todo un éxito!
lunes, 2 de junio de 2025
Os nenos e nenas de terceiro dedicaron parte do proxecto a estudar seres mitolóxicos de Galicia.
Xa coñecen o Apalpador, o diaño burleiro, o Tardo, o Sacaúntos, o Nubeiro, a Lumia e o Can de Ucro.
Deixámosvos por aquí unha mostra do seu traballo:
jueves, 29 de mayo de 2025
miércoles, 28 de mayo de 2025
Onte tivemos a última xuntanza do Club de Lectura.
Para rematar o curso fixemos unha reunión especial: comimos no parque cos membros do club de lectura do instituto e logo fomos ao Ies Rego de Trabe.
Alí fixemos un Scape Room para evitar que un vídeo algo comprometido subira ás redes, tamén comentamos o libro que estabamos a ler: El rostro de la sombra.
O libro encantounos, aproveitamos para dicirlle ao autor, ALfredo Gómez Cerdá, que queremos segunda parte!
Tamén queremos dar as grazas a Andrea, profe do IES Rego de Trabe, pola súa implicación, traballo e pola boa acollida que nos deu. E aos rapaces do club do instituto por tratarnos tan ben.
Foi unha sesión fantástica!
miércoles, 21 de mayo de 2025
martes, 20 de mayo de 2025
É o título do último libro que imos ler no club de lectura.
Así se presenta o autor: