miércoles, 27 de enero de 2016

QUIERO PAZ

Xa non queda nada para o día da PAZ (30 de xaneiro). No cole celebrarémolo o venres 29 cunha actividade na que participará todo o cole mentras escoitamos a canción "QUIERO PAZ" de Roberto Carlos.


miércoles, 20 de enero de 2016

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILABOA

XA TEMOS A PROGRAMACIÓN DE XANEIRO A XUÑO!!!
IDE RESERVANDO AS DATAS:
Para máis información;
Biblioteca Municipal "Xosé Cardeso Liñares"
Vilamelania, Av. Vilaboa 44
Tlf.: 981 65 00 77
Horario: Mañás: 09:00 a 14:00 h.
              Tardes: 16:30  a 20:30 h.

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

"A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor". QUE VOS PARECE?


lunes, 18 de enero de 2016

CONTACONTOS XANEIRO

Xa temos data para o primeiro contacontos deste 2016!
CONTAREMOS CON CRISTINA E MONTSE, CON QUE NOS SORPRENDERÁN?

NON VOS ESQUEZADES DO VOSO CARNET LECTOR!!!!

martes, 12 de enero de 2016

O ENTROIDO

XA NON QUEDA NADA PARA QUE CHEGUE ESTA FESTA TRADICIONAL CELEBRADA POR TODA EUROPA. O NOSO ENTROIDO É DOS MAIS FAMOSOS DE ESPAÑA.
GRAZAS A ESTE TRABALLO DA BIBLIOTECA DO CEIP MESTRES GOLDAR EN VIGO APRENDERÁS MOITO SOBRE ESTE TEMA (PINCHA NA IMAXE PARA IR A ESTE XOGO LIM).
 XOGO LIM ENTROIDO

lunes, 11 de enero de 2016

AS CONTADORAS DE DECEMBRO

Unha tarde estupenda, moitas grazas a estas fantásticas contadoras e tamén aos axudantes:

viernes, 8 de enero de 2016

CALENDARIO LECTURA 2016

Se queredes lembrar as datas máis importantes do libro e da lectura para este ano 2016, non deixedes de botarlle unha ollada  a este calendario elaborado desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria).
A ilustración é de  Tania Solla.