viernes, 27 de febrero de 2015

CONTACONTOS EN "MOITO CONTO"

Este sábado  28 de febreiro, na libraría Moito Conto (Rúa San Andrés, 35) haberá un especial de edicións Hércules, co conto "A nai da nai da miña nai" , ás 12:00h.

E ás 18:00h Yolanda Castaño presentará o novo título de edicións xerais "Coller as rendas", mentres Xosé Tomás, o ilustrador, fará os debuxos en directo.


NON VOLO PODEDES PERDER!!!!!

O BUFOLECTOR E A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS








XA ESTÁ TODO PREPARADO! O BUFOLECTOR ESTÁ A PIQUES DE PARTIR, E PARA ISO, NECESITA DA VOSA AXUDA.


martes, 24 de febrero de 2015

CONTACONTOS FAMILIAS

Por fin! Despois de tanto tempo (perdoade o retraso) podedes ver as fotos dos primeiros contacontos deste curso.
Moitas grazas ás familias! tanto ás contadoras como ás que traen aos nenos e nenas a escoitar, sen vos non sería posible.



POR CERTO, XA TEMOS DATA PARA O SEGUINTE CONTACONTOS, APUNTADE BEN: 6 DE MARZO.
ESPERAMOS VERVOS A TODOS!!!!

lunes, 23 de febrero de 2015

24 FEBREIRO: día de Rosalía

Que mellor experta en emigración que a nosa benquerida Rosalía de Castro. Así tamén o pensan os amigos e amigas do Ceip Alexandre Bóveda que fixeron esta recolleita de poemas, e nós, co seu permiso enlazámolo ao noso blogue. Grazas Laura e compañía!:
E aqui deixámosvos a suxestión de actividades que eles nos fan.

lunes, 16 de febrero de 2015

Contacontos Álex e Patricia

Da man de kalandraka, o día 6 de febreiro, contamos, na nosa biblioteca coa presencia destes dous magníficos contacontos que fixeron pasar ao alumnado de primeiro unha sesión fantástica cos contos "Sacapenas", "Tío Lobo" e "Once damas atrevidas"







NORABOA A PATRI E A ÁLEX! ENCÁNTANOS O VOSO TRABALLO!!!!!

PRIMEIRAS FORMACIONES

Comezamos unha nova andaina na nosa biblioteca, e, para isto, necesitamos que os usuarios da mesma estean formados. Estes son os nosos primeiros pasiños:




lunes, 9 de febrero de 2015

"LECTORES VIAXEIROS"

Aquí podedes consultar o noso proxecto de biblioteca

miércoles, 4 de febrero de 2015

COMO ATOPAR UN LIBRO NA BIBLIOTECA