Mostrando entradas con la etiqueta IES Rego de Trabe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta IES Rego de Trabe. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA

 Onte tivemos a última xuntanza do Club de Lectura.

Para rematar o curso fixemos unha reunión especial: comimos no parque cos membros do club de lectura do instituto e logo fomos ao Ies Rego de Trabe.

Alí fixemos un Scape Room para evitar que un vídeo  algo comprometido subira ás redes, tamén comentamos o libro que estabamos a ler: El rostro de la sombra.




O libro encantounos, aproveitamos para dicirlle ao autor, ALfredo Gómez Cerdá, que queremos segunda parte!

Tamén queremos dar as grazas a Andrea, profe do IES Rego de Trabe, pola súa implicación, traballo e pola boa acollida que nos deu. E aos rapaces do club do instituto por tratarnos tan ben.

Foi unha sesión fantástica!

jueves, 27 de marzo de 2025

SOFICRA

 Onte tivo lugar a segunda das nosas reunións trimestrais cos mestres do CRA de Culleredo e as profes que se incorporaron este ano do IES Rego de TRABE.

Coma sempre, foi unha sesión de CLUB DE LECTURA fantástica onde intercambiamos as nosas opinións sobre o libro de Edurne Portela, Formas de estar lejos.