viernes, 26 de mayo de 2023
Hoxe temos reunión do club de lectura. Toca comentar o libro de Antía Yáñez.
miércoles, 24 de mayo de 2023
Hoxe tivemos unha invitada moi especial aos nosos contacontos en familia porque dende o País Lonxedetodo veu a fantástica Lili Gruyere.
Pasamos unha tarde moi divertida, mirade, mirade:
sábado, 20 de mayo de 2023
Xa podedes ver o vídeo da familia de Nerea:
viernes, 19 de mayo de 2023
miércoles, 17 de mayo de 2023
Desta volta a familia de Sofía Balseiro tróuxonos experimentos de aire:
domingo, 14 de mayo de 2023
Comezamos novo libro no club de lectura:
viernes, 12 de mayo de 2023
Aínda que tiñamos programado a obra dos tres porquiños co Teatro do Andamio, non imos poder facela por causas alleas a nós.
Pola contra, o MÉRCORES 24 DE MAIO teremos con nós a LILI GRUYERE que vén dende o PAÍS LONXEDETODO a facernos unha sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA.
A hora do contacontos será ás 17:00h na biblioteca do Bufolector.
Como está dentro do programa LECTURA E FAMILIA poden asistir todos os nenos/as que queiran coas súas familias (un adulto/a por neno/a).
Entrada gratuita.
NON PODEDES FALTAR!!!!!
jueves, 11 de mayo de 2023
Desta volta, a familia Candal Castro tróuxonos tres experimentos que fixeron que o pasáramos xenial:
viernes, 5 de mayo de 2023
E como non podía ser doutro modo, o outro grupo do club de lectura tamén fixo o trailer do libro que acaban de rematar. O que sei do silencio de Andrea Maceiras.
Teñen moito mérito porque usaron os recreos para facer o guión, pensaron as esceas, o vestiario, os escenarios, os persoaxes, escolleron a música e gravaron.
Hoxe Rubén recibiu o seu agasallo como representante da súa familia acertante do BUFOPREGUNTÓN.
Dende aquí queremos dar a NORABOA e as GRAZAS a esta gran familia que SEMPRE participou en todo o que dende a biblioteca propuxemos e que, ademáis, tódolos anos acertou un BUFOPREGUNTÓN.
Rubén está en sexto e marcha este ano do cole así que botarémosvos en falta.
Aproveito tamén para dar as GRAZAS a esas familias que tamén marchan este ano e que tan ben acolleron sempre as nosas actividades. (Temos fotos da vosa participación na biblioteca dende que os nenos eran ben pequenos.) Deixades unha gran lembranza en nós e un oco na familia do Bufolector.
Xa sabedes onde tedes outra familia!!!!
jueves, 4 de mayo de 2023
O pasado venres o alumnado de infantil asistiu ao Palacio de Congresos de Coruña a ver "Caperucita roja. Mi primera ópera". Pasámolo xenial e xa temos gañas de ver máis:
miércoles, 3 de mayo de 2023
Como ben dixeron Rubén e a súa familia estabamos a falar de TALES DE MILETO.
NORABOA FAMILIA!!!!!!
Deixámosvos aquí o resto das pistas e un par de enlaces para saber máis:
1. TEÑO BO OLLO PARA OS NEGOCIOS.
2. ESTUDIO AS SOMBRAS.
3. GÚSTAME A ASTRONOMÍA.
4. SON GREGO.
5. CONSIDÉRANME UN DOS SETE SABIOS DE GRECIA.
1. TEÑO BO OLLO PARA OS NEGOCIOS.
2. ESTUDIO AS SOMBRAS.
3. GÚSTAME A ASTRONOMÍA.
martes, 2 de mayo de 2023
1. TEÑO BO OLLO PARA OS NEGOCIOS.
2. ESTUDIO AS SOMBRAS.
lunes, 1 de mayo de 2023
1. TEÑO BO OLLO PARA OS NEGOCIOS.