viernes, 5 de mayo de 2023

ÚLTIMO PREMIO DO BUFPOPREGUNTÓN

 Hoxe Rubén recibiu o seu agasallo como representante da súa familia acertante do BUFOPREGUNTÓN.

Dende aquí queremos dar a NORABOA e as GRAZAS a esta gran familia que SEMPRE participou en todo o que dende a biblioteca propuxemos e que, ademáis, tódolos anos acertou un BUFOPREGUNTÓN.

Rubén está en sexto e marcha este ano do cole así que botarémosvos en falta.

Aproveito tamén para dar as GRAZAS a esas familias que tamén marchan este ano e que tan ben acolleron sempre as nosas actividades. (Temos fotos da vosa participación na biblioteca dende que os nenos eran ben pequenos.) Deixades unha gran lembranza en nós e un oco na familia do Bufolector. 

Xa sabedes onde tedes outra familia!!!!



0 comentarios:

Publicar un comentario