Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de noviembre de 2024

SAÍDA SARGADELOS

 Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria visitaron o 27 de novembro a fábrica de O Castro - Sargadelos, en Sada. Puideron visitar o obradoiro e ver de primeira man como se leva a cabo un produto artesanal, desde o principio ata o final.

Asimesmo, puideron visitar a tenda e ver así a gran diversidade de produtos que se elaboran na fábrica, todos eles relacionados coa cultura galega.








miércoles, 20 de noviembre de 2024

ARTISTAS GALEGOS: URBANO LUGRÍS

 O alumnado de segundo foi visitar o mural homenaxe a Lugrís que está na rúa Conduzo en Vilaboa, onde están representadas as súas obras Mariñeiro en botella e Illas Cíes. 



Este mural está neste lugar porque alí se atopaba a antiga Casa Rumbo, lugar onde o artista solía comer.
Ademáis aproveitaron a saída para visitar as obras do pintor que hai na igrexa da Vilaboa e os murais da aula anexa á igrexa. 

viernes, 22 de marzo de 2024

MUSEO DE BELAS ARTES

 Esta semana o alumnado de infantil acudiu ao Museo de Belas Artes da Coruña para achegarse ao mundo da arte a través da visita guiada "Unha volta ao sol".







lunes, 5 de febrero de 2024

COÑECENDO A KANDINSKY

 Para traballar a grafomotricidade nos recantos, a profe ensinounos un pintor moi famoso que ten cadros con moitas cores chamado Kandinsky.

Así fixemos, os peques de 3 anos,  as nosas obras de arte, a que quedaron xeniales?



martes, 29 de noviembre de 2022

MUSEO DE BELAS ARTES

 Hoxe, ao alumnado de infantil, tocounos experimentar coa arte:









viernes, 18 de noviembre de 2022

MUSEO OUTONO

 Dicía Albert Einsten que A CREATIVIDADE É A INTELIXENCIA DIVERTÍNDOSE e podo asegurarvos que os nenos e nenas de infantil pasámolo xenial creando estas obras de arte.










jueves, 13 de octubre de 2022

AVIÓNS

 Xa temos unha boa exposición de avións de papel na biblioteca. Sodes uns auténticos artistas!

Estaremos ante os futuros enxeñeros aeronáuticos????






LEMBRADE QUE HOXE É O ÚLTIMO DÍA PARA ENTREGAR OS AVIÓNS!!!!! (A biblioteca está aberta ata ás 18:00 horas).

martes, 26 de abril de 2022

INFANTIL VAI DE MUSEO

 "MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO" é o título da exposición que visitaron entre o venres e o luns o alumnado de infantil. 

Da man dunhas fadas máxicas que ían deixando pistas polo museo, coñecimos a obra de distintas mulleres artistas e afondamos no coidado do Planeta e da Naturaleza.












viernes, 18 de junio de 2021

ARTE CON LIBROS

 Coñecedes a James Trevino? É un dos bookstagrammers máis coñecidos. 

En moitísimas poses Trevino posa cos seus libros creando unhas obras de arte impresionantes.


















martes, 18 de mayo de 2021

SOMOS ARTISTAS!

Ata aquí chega este curso o noso traballo (en profundidade) do ESQUEMA CORPORAL! 
A verdade é que melloramos moitísimo! Tanto, que as nosas profes din que merecemos un museo e por iso queren ensinarvos este pequeno video: 

miércoles, 7 de octubre de 2020

SALÓN DE OUTONO

 


O SALÓN DE OUTONO foi creado en París en 1903 co obxectivo de ofrecer apoio aos artistas máis novos e dar a coñecer o impresionismo.

O Salón de otutono distínguese polo su carácter multidisciplinar, xa que nel expóñense pinturas, esculturas, fotografías,​ debuxos, grabados e artes aplicadas.


Se queredes saber máis pinchade aquí


sábado, 16 de mayo de 2020

CÓNTAME UN CADRO. Gabriel

Gabriel escolleu un cadro de Lugrís.

Elaborou unha tira en banda deseñada:

E, grabou este video: