viernes, 27 de septiembre de 2019

OS VISIONARIOS DO SÉCULO XX

Moito se especulou sobre o ano 2000, dende que o mundo remataba ata que os coches poderían volar.
Hoxe traémosvos un reportaxe do National Geographic no que falan sobre como sería o século XXI.
Non o deixedes de ler!

Os visonarios do século XX

jueves, 26 de septiembre de 2019

VIDAS INTERESANTES

Presentámosvos a Alejandro Finisterre (Alexandre Campos Ramírez) nado en Fisterra en 1919.
Alejandro foi pintor, poeta, editor e inventor.
O seu invento mais coñecido é o futbolín, pero tivo outros como o xogo "hundir la flota".
Alejandro foi ferido de gravidade durante a Guerra Civil, foi no hospital onde se lle ocorreu a fantástica idea do futbolín. Logo tivo que exiliarse e chegou a xogar co seu invento con Che Guevara.
Se queredes coñecer mais sobre a vida deste fantástico home pinchade aquí.

lunes, 23 de septiembre de 2019

PUBLICIDADE DE 1900

Temos unha compañeira que sempre garda cousiñas, e cando necesitamos recursos sempre nos sorprende.
Así pasou con este libro que trouxo ao cole:
Aquí, como o nome indica, hai todo un século de publicidade. Iremos colgando curiosidades que nel atopemos.
Comezamos por este anuncio de 1909 que non deixa indiferente a ninguén:
 Aquí a explicación ao anuncio:


viernes, 20 de septiembre de 2019

Club de ciencia

Como xa sabedes, nestas primeiras semanas estamos ocupados co periodo de adaptación dos pequenos, elaborando documentos oficiais e preparando cousiñas para este curso, é por iso, que temos un pouco abandoado o blog.
Pero no cole xa están a acontecer cousiñas interesantes como o CLUB DE CIENCIA DE QUINTO, que comeza con esta demostración fantástica da teoría do Big Bang.
Mirade, mirade:

viernes, 13 de septiembre de 2019

BENVID@S AO CURSO 2019-2020

Comezamos un novo curso, coas pilas cargadas, con novos retos e ilusións e, sobre todo, moitas ganas de aprender.
O tema deste curso é BUFOPERCORREMOS O SÉCULO XX, cada nivel traballará unha década para, ao final de curso, facer unha FEIRA HISTÓRICA.
Acompañádesnos?

E como sempre, xa temos o panel de entrada coa temática: