Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de febrero de 2025

DÍA DE ROSALÍA

 Así foi a resolución do Scape Room que nos propuxeron dende o EDLG.



lunes, 10 de febrero de 2025

VISTE A ROSALÍA

 Como sabedes, o 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA. Da man dunha profe chamada Mercedes Orbaneja, chéganos este xogo que nos acae tan ben para o noso proxecto porque temos que vestir a Rosalía de Castro coas prendas do traxe galego. 

Tamén temos a opción de imprimir para xogar ás mariquiñas.







sábado, 24 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 Onte celebramos que hai 137 naceu, en Santiago de Compostela unha das escritoras máis famosas na nosa lingua, Rosalía de Castro.

O departamento de Dinamización da lingua invitounos a participar nun xogo e nas clases foron aparecendo cartas con selos de Rosalía onde se nos facía unha pregunta e se nos invitaba a atopar a resposta para gañar unha peza dun crebacabezas. Pinchade na imaxe para ver todo o que aconteceu:



O alumnado de 3, que non coñecía a Rosalía despois de investigar, aprendeu esta pequena poesía da autora :


Non deixedes de visitar o blog Habelas Hainas 7.0 do departamento de Dinamización!







miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Así de bonito quedou o noso mural para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA. 
Se pinchades na imaxe poderedes ver o traballo de todo o cole coordinado polo departamento de Dinamización. 


 

jueves, 20 de febrero de 2020

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro é o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, como imos estar ocupados no entroido, deixámosvos agora a nosa pequena homenaxe.
Este audioconto está feito por todos, participou dende o alumnado de 3 anos ata o de sexto e está coordinado polo departamento de Dinamización lingüística:


domingo, 24 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Como ben sabedes, hoxe, 24 de febreiro conmemoramos o nacemento do día de Rosalía de Castro.
Algunhas das cousiñas que se fixeron no cole para conmemoralo foron:
O departamento de dinamización colocou carteles por todo o cole con poemas de Rosalía:
(Se queredes ler mais pinchade na imaxe de arriba e veredes o blog de dinamización)

Os de segundo fixéronlle un homenaxe a esta escritora e a outras mulleres galegas ao tempo que puxeron en valor os xogos tradicionais:



(Se queredes saber mais, pinchade aquí e veredes o blog de segundo).

O alumnado de 4 anos traballaou coa canción "Rosalía pequeniña" de Uxía e Magín Blanco:



Xogaron a buscar o nome de ROSALÍA, na canción e polo cole adiante, o que aproveitamos para ler os poemas, falar desta asombrosa muller e facer unha actividade plástica:



miércoles, 20 de febrero de 2019

"CONTOU ROSALÍA"

Así chámase a primeira película sobre a vida da nosa escritora galega ROSALÍA DE CASTRO.

O domingo 24 conmemoramos o aniversario do seu nacemento e xa que este ano traballamos as películas, non podíamos deixar pasar a oportunidade de mostrarvos o trailer da película:

Contou Rosalía from ZENIT TELEVISIÓN S.A. on Vimeo.

miércoles, 21 de marzo de 2018

JOSÉ CARBALLIDO: NEGRA SOMBRA

AQUÍ VOS DEIXAMOS ESTA INTERPRETACIÓN FANTÁSTICA DO POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO, CANTADA POR JOSE CARBALLIDO, UN PROFE QUE ESTIVO HAI UNS ANOS NO NOSO COLE:
NON DEIXEDES DE ESCOITALO!!!!!


sábado, 24 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA

HOXE É O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO E PARA CONMEMORALO OS MAIS PEQUENOS APRENDERON ESTA POESÍA:

martes, 21 de febrero de 2017

MANIFESTO DÍA DE ROSALÍA

No panteón de galegos ilustres celebrouse un acto na honra de Rosalía de Castro, xa que o 24 de febreiro celebramos o día desta autora. A encargada de facer o manifesto foi unha autora coñecida por nós Ledicia Costas (escritora de "Escarlatina,a cociñeira defunta"). Isto foi o que dixo:

Manifesto polo Día de Rosalía

En Galicia existen infinitas formas de amencer: abrente, alborada, clarexa, luzada, rompente. A lírica que abraza os versos de Rosalía, posúe as cores reveladoras da primeira luz.
Imaxino a Rosalía no S.XIX e vexo unha muller que se aferra ás palabras sen complexos e fai con elas o que o corazón lle pide ao oído en cada instante: fitas de encaixe, diamantes, armas de construción masiva ou versos predestinados a furar as conciencias e facer cambalear os piares do inmobilismo.
Esa é ela. Unha xigante que non precisa respiración asistida, nin prantos, nin ritos florais. Os pulmóns da súa obra aférranse ao futuro e ínflanse coa forza dun país que respira cultura por cada fenda.
En Galicia existen infinitas formas de querer e nós querémoste paxaro, lume, emoción. Querémoste eléctrica e lúa. Insubmisa e valente. A voz que hoxe portaría unha pancarta na cabeza dunha manifestación contra a violencia machista ao berro de: Basta xa, querémonos vivas! A que quedaría afónica de solicitar, día tras día, unha maior presenza do galego na escola, na rúa, na vida. Na Galicia nosa que se estremece por momentos.
Imaxino a Rosalía e véxoa afirmando: Son muller e son galega. Reivindícome como escritora na miña propia lingua e non consinto que ninguén apague a miña voz. Estou tan viva que os meus versos rabuñan as paredes do panteón de galegas ilustres ata facelas sangrar. Négome a ser unha estranxeira exiliada na miña patria. Quero abarcar toda a luz e contaxiarte.
En Galicia existen infinitas formas de chover,
Como chove miudiño,
como miudiño chove,
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
E con esa maxia pronuncio: babuxa, chuvisca, poalla, chuvieira, barruzo, dioivo. A lírica que arroupa os versos de Rosalía é un bico anfibio. Debaixo da auga nada a pracer, presumindo das súas branquias. Fóra dela, quita o traxe de escamas, mete as mans na terra e arrinca un libro e unha flor. Esa coa que hoxe queremos agasallar ao mundo. RosalíaTe!

miércoles, 6 de abril de 2016

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES

TEÑO O PRACER DE PRESENTARVOS ESTE MICROPOEMA NARRADO POR ISABEL PRESA ÁLVAREZ, QUE, PARA QUEN NON A COÑEZA, TEN SÓ 5 ANOS E É CAPAZ DE EMOCIONARSE E EMOCIONARNOS RECITANDO A POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.




miércoles, 24 de febrero de 2016

24 febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Tal e como  propuxo a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) hoxe no cole, fumos moitos os que celebramos este día ilustrando un poema desta autora galega.
Aquí podedes ver as obras de arte do alumnado do grupo 5º C de educación infantil.

miércoles, 20 de enero de 2016

24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

"A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor". QUE VOS PARECE?


lunes, 23 de febrero de 2015

24 FEBREIRO: día de Rosalía

Que mellor experta en emigración que a nosa benquerida Rosalía de Castro. Así tamén o pensan os amigos e amigas do Ceip Alexandre Bóveda que fixeron esta recolleita de poemas, e nós, co seu permiso enlazámolo ao noso blogue. Grazas Laura e compañía!:
E aqui deixámosvos a suxestión de actividades que eles nos fan.