miércoles, 4 de diciembre de 2024
viernes, 29 de noviembre de 2024
Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria visitaron o 27 de novembro a fábrica de O Castro - Sargadelos, en Sada. Puideron visitar o obradoiro e ver de primeira man como se leva a cabo un produto artesanal, desde o principio ata o final.
miércoles, 20 de noviembre de 2024
O alumnado de segundo foi visitar o mural homenaxe a Lugrís que está na rúa Conduzo en Vilaboa, onde están representadas as súas obras Mariñeiro en botella e Illas Cíes.
jueves, 24 de octubre de 2024
O alumnado de infantil estamos metidos de cheo no proxecto deste curso "Percorrendo Galicia co Bufo". Comezamos por estudar OS BOSQUES DE GALICIA.
Onte calzámonos as botas de exploradores e fumos percorrer o Rego das Xesteiras en Celas.
Tiñamos unha misión importante xa que cos ollos ben abertos tivemos que atopar diferentes elementos que estaban agochados polo bosque.
viernes, 22 de marzo de 2024
Esta semana o alumnado de infantil acudiu ao Museo de Belas Artes da Coruña para achegarse ao mundo da arte a través da visita guiada "Unha volta ao sol".
lunes, 12 de junio de 2023
O sábado tivemos a sesión final do club de lectura, na que comentamos o final dos Irregulares de Nanking Road, convertémonos en Sherlock Holmes e o seu equipo de investigadores, avaliamos o club e compartimos unha pequena merenda:
jueves, 4 de mayo de 2023
O pasado venres o alumnado de infantil asistiu ao Palacio de Congresos de Coruña a ver "Caperucita roja. Mi primera ópera". Pasámolo xenial e xa temos gañas de ver máis:
jueves, 20 de abril de 2023
martes, 29 de noviembre de 2022
domingo, 22 de mayo de 2022
O pasado mércores, o alumnado de infantil, fomos facer unha limpeza da Praia de Santa Cruz.
Para isto, puxémonos en contacto con we sustainability . Eles organizaron a limpeza, asesoráronnos, porporcionáronnos material e déronnos unhas pautas.
A verdade é que foi unha experiencia fantástica e, aínda que ao chegar, a praia parecía limpa, fumos quen de recoller case 120 kg de basura!!!
martes, 26 de abril de 2022
"MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO" é o título da exposición que visitaron entre o venres e o luns o alumnado de infantil.
Da man dunhas fadas máxicas que ían deixando pistas polo museo, coñecimos a obra de distintas mulleres artistas e afondamos no coidado do Planeta e da Naturaleza.