jueves, 5 de junio de 2025
Hoxe pasamos unha tarde divertida cos máis pequenos do cole. Montamos varias estacións de xogo para que foran pasando por todas e o resultado foi todo un éxito!
miércoles, 21 de mayo de 2025
martes, 20 de mayo de 2025
É o título do último libro que imos ler no club de lectura.
Así se presenta o autor:
jueves, 15 de mayo de 2025
Hoxe tocoulles aos de segundo vir a coñecer e familiarizarse coa baralla española.
Xogamos ao Burro e probamos a facer castelos. Non é nada doado!
miércoles, 14 de mayo de 2025
Hoxe tivemos un OBRADOIRO PARA FAMILIAS SOBRE O TEATRO con María Torres.
A verdade é que pasamos unha tarde moi divertida e aprendemos moitísimo.
GRACIAS MARÍA, foi un verdadeiro placer!!!!
E, sobre todo, GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS que viñéstedes a compartir con nós o voso tempo, sodes O MÁIS!
jueves, 10 de abril de 2025
Onte tivemos unha sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA fantástica!
Comezaban Emily, Lucía e Mencía contando O COELLIÑO BLANCO:
lunes, 31 de marzo de 2025
Continuamos introducindo ao alumnado en xogos coa baralla española. O pasado venres tivemos un obradoiro de xogos para tercero e cuarto.
martes, 18 de marzo de 2025
Atención!!!!
Houbo un cambio de data!
Por motivos técnicos o obradoiro de 3º e 4º farase o VENRES 28 DE MARZO en lugar do mércores 26 como estaba previsto inicialmente.
miércoles, 12 de febrero de 2025
Onte tivemos outra sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA!
viernes, 7 de febrero de 2025
lunes, 16 de diciembre de 2024
Vaia tarde máis divertida que pasamos o venres. Non faltaron as risas, os doces e, o máis importante, os contos!!!!!
GRAZAS A TODOS POR VIR!!!!!
miércoles, 27 de noviembre de 2024
jueves, 14 de noviembre de 2024
Este ano os obradoiros ímolos adicar a algo tan galego como a baralla de cartas. Estades preparados?
martes, 11 de junio de 2024
Hoxe celebramos a última sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA e fixémolo ao grande coa obra A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ da Compañía Teatro del Andamio.
Unha tarde chea de gargalladas, momentos de tensión e, sobre todo, desfrute.
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE FIXÉCHEDES POSIBLE UN CURSO MÁIS, ESTA ACTIVIDADE!!!
Aproveitade o verán para buscar novas historias e recargade as pilas, vémonos en setembro!!!!!
miércoles, 5 de junio de 2024
O vindeiro MARTES 11 DE XUÑO ás 17:00H non podedes perder a sesión final de CONTACONTOS EN FAMILIA!!!!
Na que o TEATRO DEL ANDAMIO representará no cole a obra A VERDADEIRA HISTORIA DOS TRES PORQUIÑOS E O LOBO FEROZ.
Entrada de balde!!!!
jueves, 30 de mayo de 2024
Onte tivemos a gran sorte de recibir a Paula Carballeira que nos fixo un obradoiro sobre cómo contar contos e, por suposto, contou uns contiños que nos fixeron pasar unha tarde moi divertida.
martes, 28 de mayo de 2024
Lembrade que mañá ás 17:00h temos o OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL para familias impartido por Paula Carballeira.
Este obradoiro é gratuíto e está pensado para facelo adultos con nenos/as.
Para ir quentando deixámosvos un monólogo de Paula Carballeira:
NON FALTEDES!!!
viernes, 24 de mayo de 2024
Onte tocoulle a quenda ao alumnado de primeiro e infantil. A verdade é que unha hora non chega para nada....
Deixámosvos algunha mostra do que aconteceu: