Mostrando entradas con la etiqueta profes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta profes. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de marzo de 2025

SOFICRA

 Onte tivo lugar a segunda das nosas reunións trimestrais cos mestres do CRA de Culleredo e as profes que se incorporaron este ano do IES Rego de TRABE.

Coma sempre, foi unha sesión de CLUB DE LECTURA fantástica onde intercambiamos as nosas opinións sobre o libro de Edurne Portela, Formas de estar lejos. 



viernes, 13 de diciembre de 2024

SOFICRA

 Onte tivemos unha magnífica reunión do CLUB DE LECTURA DE PROFES que facemos xunto ao CRA DE CULLEREDO.



sábado, 18 de abril de 2020

OS PROFES NO SÉCULO XX

Apetécevos xogar? Seguro que si!
Pois hoxe é o voso día de sorte!
Se premedes na imaxe poderedes xogar a adiviñar que profe do cole agóchase nas fotos do século XX.


jueves, 19 de diciembre de 2019

ATA SEMPRE, PROFE SUSY!

Despois de toda unha vida adicada aos pequenos/as, mañán é o último día de traballo da profe Susy e o alumnado de quinto fíxolle unha entrevista como homenaxe.

Pinchade na foto e veredes os detalles no blog de quinto.

GRACIAS PROFE SUSY!!!!


lunes, 2 de diciembre de 2019

ESCORNABOTS

Así se chaman os novos robots que xa temos na escola gracias ás Bibliotecas Creativas e que os profes estivemos a montar estes días.

martes, 26 de noviembre de 2019

PROFES

Sempre que vén alguén de fóra colgamos unha foto e comentamos o ben que o fixo e todo o que nos aportou.

Como as/os profes estamos a traballar de seguido co noso alumnado, moitas veces non temos tempo de facer unha foto ou non valoramos o que facemos porque facémolo todos os días.

A semana pasada, por casualidade,  escoitei un conto que unha profe estaba a contar aos seus pequenos e pequenas, e non puiden resistir a tentación de sacarlles unha foto a esas cariñas.

Quero que vexades a sorte que temos todos os días o profesorado que, aínda que non saquemos as fotos e non quede reflectido en ningún sitio, vemos esas cariñas que confirman que fan que esta profesión sexa a mellor do mundo.