Mostrando entradas con la etiqueta cuarentena. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cuarentena. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de mayo de 2020

XOGO MUSICAL

QUERIDOS BUFOLECTORES!

Temos unha nova proposta de xogo para todos vós!!!!!

Presentámosvos    A  MÚSICA DO SÉCULO XX.

En que consiste?
Pois en que vós seleccionedes unha canción do século XX, a tatareedes, ou se tocades algún instrumento toquedes unha parte desa canción.

E despois?

Pois logo enviades un video  ou un audio con esa canción (tatareada ou tocada por vós) a bufolector@gmail.com  que nós colgaremos no Bufolector.

E logo que pasará?

Pois que o resto da Comunidade Educativa ten 3 días para adiviñar qué canción é, poñendo o posible título nos comentarios . O que mandou o archivo será o responsable de contestar se están no certo ou non. Despois de 3 días, se ninguén adiviñou poderá poñer a resposta.

XOGAS????

ESTE XOGO É PARA TODO O QUE QUEIRA PARTICIPAR: nenos/as, nais/pais, avós/as, tías/os, amigas/os.....

jueves, 14 de mayo de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. MAIO

Familias Bufolectoras, non sei se sodes conscientes que xa pasou un mes dende a anterior convocatoria de "Contacontos en familia".

Así que agora necesitamos que nos mandedes novos contos para facer a nosa sesión de maio.

Xa sabedes que todo vale, ler, interpretar, contar....

Elixide un conto, collede unha cámara e sorprendédenos.

Pero, ollo! Os contadores do mes pasado deixaron o listón moi alto! (Podedes participar todos, os que xa contáchedes e os que non).


sábado, 2 de mayo de 2020

CÁPSULA DO TEMPO DO CONFINAMENTO

Dende o Concello de Culleredo chéganos esta proposta que nos encanta.
Consiste en cubrir as follas que podedes atopar premendo na imaxe, metelas nunha caixiña ou nun bote e agochalas durante uns anos, poñamos dez, por exemplo. Cando pasen eses anos, buscaredes a vosa caixa e lembraredes este tempo tan especial.

miércoles, 22 de abril de 2020

ESCAPE ROOM DO COVID-19

Aquí vos deixamos un escape room online sobre o coronavirus onde os nenos e nenas poderán librarse do contaxio resolvendo sumas e restas. Está creado por  Pedro Santos Juanes y Victoria Navarrete Aguilar, profes de primaria.

É compatible con tablet, mobil e pc.



sábado, 18 de abril de 2020

Teatro, ciencia e máis....

Con motivo do COVID-19  Afundación creou "Afundación en casa" coa idea de achegar recursos para todos. Así podemos ver recursos para os mais cativos, para as familias, para  os profes, para as persoas maiores....
Hoxe ímosvos a falar dos recursos para os peques. Nesta páxina podedes atopar obras de teatro:

Como "Gatuxo" de Maxín Blanco :


"Saaabor" de Culturactiva Produccións:


Ou "Rubicundo" de Teatro Gazafhellos:


Podemos atopar tamén experimentos para facer na casa: 



... Receitas de cociña, contos, cancións e algunhas cousas máis. 
Non deixedes de visitar a súa páxina: Afundación en casa.



viernes, 10 de abril de 2020

E ti que les?

Son moitas as propostas de lectura para estes días de confinamento. Hoxe recopilamos algunhas para achegarvos:

Galicia le (rede de bibliotecas públicas de Galicia): poderás descargar libros aínda que non teñas o carné: https://www.galiciale.gal/

Biblioteca dixital mundialhttps://www.wdl.org/es/

Aira editorialhttps://airaeditorial.gal/noticias/le-de-balde-novo-comic-carriandola/

Amazon: https://www.amazon.es/kindle-dbs/hz/subscribe/ku?_encoding=UTF8&tag=georiot-es-default-21&shoppingPortalEnabled=true

Baía Edicións: https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

Editorial Bruñohttps://issuu.com/grupoanayasa/stacks/6f96ef708f4c42e4af792116cf2fa164

Xornal O Papagaiohttp://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html

Editorial Xerais: https://blog.xerais.gal/catro-titulos-de-xerais-para-abrirlle-a-porta-a-lectura-en-galego/

sábado, 28 de marzo de 2020

O CUBO DE RUBIK. 2º VIDEO

Aquí temos dúas fotos co primeiro reto conseguido. Bravo por eles!



Ánimo aos demáis!
Aló vai o segundo video:






NON DEIXEDES DE MANDAR AS VOSAS FOTOS OU VIDEOS CO RESULTADO!

viernes, 27 de marzo de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA...

Nerea mándanos esta adiviña!


Gracias Nerea! 

RETOS EN FAMILIA. O CUBO DE RUBIK

En  1974 (século XX) o escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernô Rubik creou un cebracabezas mecánico e tridimensional que en 1980 comercializaría Ideal Toy Company co nome de CUBO DE RUBIK.

Este ano fai 40 anos da súa posta en venta e, dende o Bufolector, queremos retarvos a que o fagades en familia.

Para facilitar o traballo, iremos colgando vídeos explicativos onde o profe Javi vai contando como conseguilo paso a paso.

Iso si, queremos as vosas fotos ou vídeos de como o estades a facer e de si o conseguides ou non (mandádeas ao bufolector@gmail.com e nós irémolas publicando)

Aquí vai o primeiro: