Mostrando entradas con la etiqueta reciclaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reciclaxe. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de mayo de 2022

OS TICKETS E A RECICLAXE

 Dende o Consorcio das Mariñas lémbrannos que os tickets de compra non se poden reciclar como papel.

Isto é debido ao tipo de material térmico e tinta que utilizan. Polo tanto, NON OS BOTES AO COLECTOR DE PAPEL!!!




lunes, 9 de mayo de 2022

RECICLAXE EN QUINTO

 O alumnado de 5º está facendo unha campaña de reciclaxe de tapóns. Ogallá chegue a moita xente:











jueves, 17 de febrero de 2022

RECICLAXE

 Temos novas no concello:

O Consorcio das Mariñas pon en marcha un proxecto piloto nos concellos de Culleredo, Oleiros e Cambre.

Trátase dunha iniciativa para separar de xeito estricto os residuos no domicilio e así conseguir elevar os resultados da reciclaxe en planta. 

En Culleredo de momento funciona na ruta que vai desde Fonteculler, Acea De Ama, O Burgo.

A participación é voluntaria, se queredes colaborar contactade con medioambiente@consorcioam.org.  Entregarásevos un ecocubo, bolsas biodegradables e unha tarxeta para abrir estes colectores específicos.


Podedes consultar aquí un nova sobre isto. 

viernes, 28 de enero de 2022

RECICLAXE

Un dos obxectivos de desenvolvemento sostible da  Axenda 2030 é o coidado da naturaleza, intentando parar o cambio climático e facendo un consumo máis responsable e sostible.

Para conseguir este obxectivo, dentro do noso proxecto, estamos a traballar o coidado da contorna e a reciclaxe.

Hai días contámosvos que instalamos contenedores polo patio para este fin.

 Pois esta semana, en colaboración co Consorcio das Mariñas,  tivemos un punto limpio no cole. 

Os distintos grupos pasamos por alí para escoitar unha explicación e aprender algo máis sobre a reciclaxe. 

Ademáis temos dous composteiros para tirar os residuos alimenticios e facer compost para o noso invernadoiro. 

Se premedes na imaxe veredes como foi:


Pero... Sabedes a onde vai a basura que reciclamos? Que se fai con ela? Neste video do Concello da Coruña tedes unha información interesante:



Se queredes máis información premede aquí.

lunes, 13 de diciembre de 2021

RECICLAXE

 Pouco a pouco ímonos achegando a un dos obxectivos do noso proxecto que é o coidado do medio a través da reciclaxe.

O cole xa está preparado: