martes, 20 de junio de 2023

O PREGÓN DE XUÑO

 Este ano como novidade, incorporamos suxestións de lectura para adultos. 

Coma sempre, podedes mandarnos as vosas recomendacións, ben contestando a este post, ben con un correo a bufolector@gmail.com para que as publiquemos.


Pregón xuño by Bufolector on Scribd

lunes, 12 de junio de 2023

AVALIACIÓN CLUB DE LECTURA

 Gústanos coñecer a opinión dos rapaces e rapazas sobre a súa experiencia no club de lectura. Isto fainos reflexionar e tratar de mellorar para o seguinte ano:

O MELLOR LIBRO?

Los Irregulares de Nanking Road e Que me pare o corazón se te esquezo.


QUE LEVAS DESTE CLUB?

"El ambiente y las profes", "Que gracias a unirme empecé a leer mucho más", , "Que fuimos como una familia escuchando la opinión de todos", "Amigos y muchos momentos divertidos", "Que me lo pasé muy bien y conocí muchos libros", "Cuando vino Andrea Maceiras", "la miniexcursión al parque del Burgo y los momentos que estuvimos juntos"


RECOMENDARÍAS A ALGUÉN O CLUB DE LECTURA?

"Pues claro", "si, a todo el mundo, porque leer es súper guay, divertido y aprendes mucho", "Si, porque es una experiencia inolvidable", " Si, para que vean lo importante que es la lectura", " Si, porque te enganchas tanto que es como otra cosa", "Si, porque descubres nuevos géneros de libros y encuentras un libro que te guste", "si, porque vale la pena", "Si, porque lo pasas genial", "si porque es muy divertido, entretenido y las profes son muy buenas y majas"...


LOGO DE DEFINIR O CLUB EN 3 PALABRAS ESTA É A EVALUACIÓN FINAL:


 

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA

 O sábado tivemos a sesión final do club de lectura, na que comentamos o final dos Irregulares de Nanking Road, convertémonos en Sherlock Holmes e o seu equipo de investigadores, avaliamos o club e compartimos unha pequena merenda:


(Pincha na imaxe para ver unha animación e aquí para ver o álbum de fotos)

E se queres facer o Scape room que fixemos non tes máis que escanear este código QR:




domingo, 11 de junio de 2023

A NOSA FEIRA CIENTÍFICA

 Rematamos o proxecto e queremos ensinarvos un pouquiño de todo o que aprendemos este curso:

Os nenos/as de 3 anos, entre outras cousas, puxeron moita atención na zooloxía:

                                                                    (pinchade na imaxe)


O alumnado de 4 anos fixo varios experimentos que vos sorprenderán:



As nenas e nenos de 5 anos queren ensinarvos cousiñas sobre o aire:


En primeiro estudaron as condicións necesarias para a vida das plantas e crearon un arco da vella:


O alumnado de segundo tamén fixo os seus propios experimentos:


Nas clases de terceiro fixeron unha recompilación de experimentos caseiros:

Hecho con Padlet

Hecho con Padlet
Non vos podedes perder o que traballaron en cuarto:


O alumnado de quinto, entre outras cousas, traballou a botánica, a densidade e os circuitos eléctricos, e en inglés, as moléculas de auga e a científica Sylvia Earle.


E xa para rematar, non deixedes de ver os vídeos do alumnado de sexto:

sábado, 10 de junio de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Onte tivemos a derradeira sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA deste curso.

Dende a BIBLIOTECA DO BUFOLECTOR queremos dar as grazas a todos os que participáchedes nesta actividade ao longo do curso porque sen vos non sería posible. 

Tamén ás familias que achegan aos seus nenoas/as á biblioteca para que veñan a escoitar tan fermosos contos.



Comezamos a tarde con Mateo e Emma, cos que nos rimos moito co conto "Hai un hipopótamo en la bañera".

A continuación, Cristina e Sofía, coa colaboración especial de David como axudante de decoración e técnico de sonido, contáronnos "La extraña visita"

Logo, puidemos escoitar a Sandra, Nerea e a Ángel que nos trouxeron A tartaruga que quería durmir.

E, por último, Álex e Aroa  contaron "La preocupación de Lucía" acompañados ao violonchelo por Teresa.

Queremos compartir con todos este último conto:

CIENCIA EN FAMILIA CON CAROLINA

 Con este vídeo rematamos esta fantástica experiencia chamada CIENCIA EN FAMILIA.

 Gustaríame dar as GRAZAS  a todos os que o fixéchedes posible, pola vosa implicación, polos nervios e por tantas horas adicadas a traer un pouquiño do que sabedes á clase. VALIU A PENA: levamos con nós moitas lembranzas de momentos compartidos, saberes novos e compartimos tempo de cole coa nosa familia.

NORABOA A TODOS!




miércoles, 7 de junio de 2023

ENERXÍAS RENOVABLES

 O alumnado de quinto estudou as enerxías renovables e está convencido de que a saúde do Planeta melloraría se todos as usásemos. É por iso que traballaron en equipas para facer estos carteles e animarnos a usalas:













 


lunes, 5 de junio de 2023

XORNADA CLUBS DE LECTURA

 Hoxe tocou formación en Santiago. Collendo ideas!



domingo, 4 de junio de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Lembrade que este venres temos o último CONTACONTOS EN FAMILIA do curso!!!! Non podedes faltar!!!!!



CIENCIA EN FAMILIA CON LOLA

 Xa imos rematando o curso e con el os vídeos de Ciencia en familia así que desfrutade do que queda: