sábado, 31 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020

 Aínda que non podemos xuntarnos con todos os nosos compañeiros do cole esta semana estivemos celebrando o Samaín. 

Cada aula celebrouno ao seu modo (en breve poderedes ver contos e cousiñas que se fixeron polo cole).

Hoxe queremos ensinarvos o que fixeron os pequenos:

O primeiro foi que cada día contamos un conto de medo. 


Bailamos e aprendimos cancións de Samaín:


Fixemos manualidades:



Vimos como se vaciaba unha cabaza, pintamos a cara e... pasámolo xenial! 
Aquí vai un pequeno resumo:



jueves, 29 de octubre de 2020

LIBROS VIAXEIROS

 Xa comezaron a viaxar os libros para ás casas!

Hoxe os pequenos do cole estrearon as bolsas que lles regalou o BUFOLECTOR. Nelas meteron un libro dos que lles prestou e seguro que agora o están a ler coas súas familias.

QUE CONTENTOS E CONTENTAS ÍAN!

Lembrade que non fai falta desinfectalos. Xa pasaron a coarentena correspondente.




OUTONO ANIMADO DO SÉCULO XX

 Xa temos a entrada decorada coa temática deste curso "AFONDAMOS NO SÉCULO XX".

Desta vez os cursos de primeiro e segundo quixeron lembrar os persoaxes animados do século pasado. Mirade que ben quedou!



lunes, 26 de octubre de 2020

AS BIBLIOTECAS DE AULA

 Como este ano a biblioteca do cole permanecerá pechada ata que cambie a situación, os nenos e nenas de primaria xa recolleron os libros que van formar parte da súa biblioteca de aula este trimestre.

Lembrade que estes libros poden levarse para casa como se os collésedes na biblio.
















DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O sábado 24 foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Como xa é costume, para conmemorar esta data,  repartíronse as mochilas viaxeiras que comezarán a viaxar por todas as casas.

LEMBRADE QUE É UN MATERIAL PARA PASALO BEN EN FAMILIA E NON TEN QUE SER UNHA OBRIGA NIN ALGO TEDIOSO.

COMEZADE POLO QUE MÁIS VOS CHAME A ATENCIÓN.

COMO É PARA COMPARTIR TEDES QUE TRATAR OS MATERIAIS CON AGARIMO, PARA QUE CHEGUE A TODOS.

NON FAI FALTA DESINFECTALOS AO CHEGA A CASA, NO COLE PASARÁN A CORRESPONDENTE CUARENTENA. 

TODO O MATERIAL QUE VAI NELAS ESTÁ ESCOLLIDO CON AGARIMO, DESEXAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS.


Se queredes ver cal é o contido das mochilas premede aquí.


miércoles, 21 de octubre de 2020

ESCRITORAS DO SÉCULO XX

 Algunhas escritoras do século XX....


CLARA CAMPOAMOR (1888-1972): Escritora española, política e defensora dos dereitos da muller. Está considerada unha das impulsoras do voto feminino en España  e diso escribiu varios ensaios. 

CONCHA MÉNDEZ ( 1898-1986) : É unha das escritoras españolas que se inclúe entre "Asinsombrero". A súa obra poética é moi extensa e abarca prácticamente toda a súa vida . É ademais autora dunha decena de obras de teatro.


MARÍA MOLINER (1900-1981) :Colaborou con diferentes institucións educativas e dirixiu a biblioteca de Valencia durante a Guerra Civil. Represaliada e descendida no escalafón, a partir de 1950 centrouse na súa pasión polas palabras que finalizou coa publicación do "Diccionario de Uso del Español".


MARÍA ZAMBRANO (1904-1991): Premio Príncipe de Asturias e Premio Cervantes. Está considerada como unha das pensadoras máis importantes do século XX.


GLORIA FUERTES (1917-1998): escribiu teatro e poesía infantil e literatura de adultos. A súa poesía infantil tivo moita difusión na televisión. 


CARMEN MARTÍN GAITE (1925-2000): escribiu narrativa, ensaio e poesía. Ganou moitos premios coa súa obra, entre eles o Príncipe de Asturias en 1998.


ANA MARÍA MATUTE (1914-2014): foi nomeada a mellor novelista da Posguerra e formou parte da Real Academia das Letras. Obtivo moitísimos premios, entre eles o Cervantes no 2010.


Se pinchas en cada escritora podrás coñecer máis acerca dela. 

Estas son algunhas que seleccionamos nós. Seguro que coñecedes máis.


martes, 20 de octubre de 2020

XA SOMOS MAIORES!

Temos unha nova xeración no cole! 

Xa están adaptados e preparados para coñecer ao Bufolector!

Benvid@s!!!






miércoles, 14 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 


O 19 de OUTUBRO celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.


Para comezar a entrar en materia propoñémosvos o seguinte:

Mandádenos un video (bufolector@gmail.com) contándonos cal é a vosa escritora preferida do século XX e falade un pouco dela ou da súa obra. Se aínda estades tímidos/as e non queredes mandar un video podedes facer un comentario nesta entrada.

Animádevos a participar!

miércoles, 7 de octubre de 2020

SALÓN DE OUTONO

 


O SALÓN DE OUTONO foi creado en París en 1903 co obxectivo de ofrecer apoio aos artistas máis novos e dar a coñecer o impresionismo.

O Salón de otutono distínguese polo su carácter multidisciplinar, xa que nel expóñense pinturas, esculturas, fotografías,​ debuxos, grabados e artes aplicadas.


Se queredes saber máis pinchade aquí


jueves, 1 de octubre de 2020

QUINO

 Onte morreu QUINO, o autor de Mafalda. Deixa tras de si un gran legado que nos acompañará sempre. 

GRACIAS POR TANTO, MESTRE!