Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de febrero de 2024

INICIÁMONOS NA ROBÓTICA

 Onte o alumnado de 3 anos tivo o seu primeiro contacto coa robótica e o resultado foi moi bo: foi unha actividade moi motivadora ( o tren levaba en clase varios días o que creou moita expectación), traballamos en equipo cooperando uns con outros, seguimos a técnica de ensaio-erro e puxemos a funcionar o pensamento lóxico e a resolución de problemas e todo isto xogando, rindo e facendo que o tempo de clase fose moi curtiño.


domingo, 19 de marzo de 2023

Robótica

 O alumnado de 5 anos estamos a traballar en robótica con Coding Express de Lego.

Aínda que nos parece que estamos a xogar estamos a traballar a orientación espacial, a lóxica da programación temperá, desenrolamos o pensamento crítico, o traballo en equipo e a resolución de problemas, inventamos historias, aprendemos a seguir instruccións...


martes, 14 de junio de 2022

OS NOSOS RECREOS

 Dende que abrimos a biblioteca nos recreos sempre está animada. Estas son algunhas cousas que acontecen:


Pincha na imaxe para ver máis fotos. 

lunes, 28 de marzo de 2022

APRENDENDO ROBÓTICA

 Os robots son moi motivadores, así que aproveitamos este feito para traballar moitísimas cousas, mirade: 


jueves, 14 de enero de 2021

IMPRESORA 3D

 Primeras probas coa impresora 3D.

Que estarán a preparar estes profes?









jueves, 3 de diciembre de 2020

IMPRESORA 3D

 XA CHEGOU AO NOSO COLE A IMPORESORA 3D!!!!

Esta impresora chega dentro do programa BIBLIOTECAS CREATIVAS no que participa o noso centro.

Hoxe tivemos a primeira formación e estamos moi ilusionados. 

Xa andamos a buscar recursos e ideas para sacarlle partido.

Se alguén está interesado, no Blog de Bibliotecas Escolares teñen esta infografía :

                                                                    (Pincha na imaxe)


sábado, 23 de mayo de 2020

ROBÓTICA EN INFANTIL

Aquí vos deixamos un video resumo do traballo de robótica nos desdobres de Educación Infantil.


jueves, 5 de marzo de 2020

XOGOS

Xa vos temos dito o éxito que foi engadir xogos á biblioteca, sobre todo para os recreos e para as tardes.

O que non vos contamos é que esos xogos tamén se usan nas clases, e pouco a pouco imos razonando, usando a lóxica, sumando, restando, traballando a atención, o xogo en equipo, o respeto ao compañeiro, a escoita activa, os turnos de actuación, a motricidade, a activación de todos os sentidos... e todo isto XOGANDO!!!!!








Así si que mola aprender!

lunes, 2 de marzo de 2020

OS ESCORNABOTS E O SÉCULO XX

En 5 anos tiñamos pensado presentarvos os nosos descubrimentos da década dos 20 a través dos Escornabots.
Para iso comezamos cun taboleiro de Maruja Mallo.




Para aprender a usalos, introducímolos nos recantos de aula, así, mentres os compañeiros están traballando noutras cousas, hai un grupo que está manexando os escornabots.








A idea é que os nenos e nenas coñezan perfectamente o seu funcionamento, para que, o día da feira, sexan quen de explicarllos ás súas familias.

Xa estamos elaborando o taboleiro de Sofía Casanova, estade atentos!

jueves, 27 de febrero de 2020

OBRADOIROS DE ENTROIDO

Para celebrar o entroido, o ciclo de infantil traballou unha película do século XX, do seguinte modo:

O primeiro que fixemos foi ver a película en dúas sesións, poñendo especial atención ao vestiario dos actores e actrices xa que era de principios do século.
Logo fixemos seis grupos con nenas e nenos de 3,4 e 5. Que ben se traballa en equipo!!!
E puxémonos a traballar nos obradoiros que duraron 2 días.
Os obradoiros foron:
Cociña, onde fixemos a píldora con azucre.
Photocall
Marcapáxinas
Sombreiros
Baile e karaoke
Robótica, onde xogamos a oca de Mary Poppins e tivemos que levar a Mary Poppins do parque á casa resolvendo as trabas que aparecían co lego.
Mirade que ben o pasamos:

lunes, 2 de diciembre de 2019

ESCORNABOTS

Así se chaman os novos robots que xa temos na escola gracias ás Bibliotecas Creativas e que os profes estivemos a montar estes días.

jueves, 14 de noviembre de 2019

OS RECREOS DO BUFOLECTOR

Non podemos negar que dende que entraron os xogos na nosa biblioteca os recreos son moito máis animados.
Gustaríanos que vísedes os múltiples recunchos que se forman nos recreos e a convivencia entre o alumnado de primaria.
Está claro que a biblioteca quédase pequena e necesitamos unha ampliación urxente!!!!!

Pinchade na imaxe e veredes do que estamos a falar.