miércoles, 29 de enero de 2025
martes, 10 de diciembre de 2024
Hoxe comenzamos unha nova andaina co PRÉSTAMO PARA ADULTOS.
Como funciona? É moi doado, consultas na listaxe o libro que queres ler e mandas un correo electrónico a bufolector@gmail.com ou a biblioteca.ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal indicando nome e apelidos, de quen eres pai/nai/titor/a e o curso do alumno. E nós mandarémoscho por medio do neno ou nena. A partir de ahí tes un mes para devolvelo.
Aquí podes consultar os libros que temos (pouco a pouco iremos ampliando o fondo:
Libros by Bufolector
sábado, 28 de noviembre de 2020
Hoxe queremos presentarvos a Nerea.
Nerea comezou este ano no cole, ten só 2 aniños. Gústalle moito o cole e pásaoo xenial. Unha das cousas que máis lle gusta e levar a casa os libros que nos presta o Bufolector, de feito o primeiro que levou costoulle un poquiño devolvelo, pero axiña aprendeu que si o devolvía podía levar outro.
Esta semana levou este:
jueves, 29 de octubre de 2020
Xa comezaron a viaxar os libros para ás casas!
Hoxe os pequenos do cole estrearon as bolsas que lles regalou o BUFOLECTOR. Nelas meteron un libro dos que lles prestou e seguro que agora o están a ler coas súas familias.
QUE CONTENTOS E CONTENTAS ÍAN!
Lembrade que non fai falta desinfectalos. Xa pasaron a coarentena correspondente.
lunes, 26 de octubre de 2020
Como este ano a biblioteca do cole permanecerá pechada ata que cambie a situación, os nenos e nenas de primaria xa recolleron os libros que van formar parte da súa biblioteca de aula este trimestre.
Lembrade que estes libros poden levarse para casa como se os collésedes na biblio.
viernes, 14 de octubre de 2016
COMO PODEDES VER CAMBIAMOS A REALIZACIÓN DUNHA ACTIVIDADE POR UN XOGO EN FAMILIA, ASÍ QUE... A PASALO BEN!!!!
LEMBRADE QUE O QUE VAI NA MOCHILA É UNHA RECOMENDACIÓN, QUE NON O TEDES QUE LER TODO, QUE É UN MATERIAL PARA TODA A FAMILIA E O QUE BUSCAMOS É QUE PASEDES UN BO RATO, NON QUE VOS AGOBIEDES PORQUE NON VOS DA TEMPO.
BOAS LECTURAS!
Mochilas viaxeiras by Bufolector on Scribd
lunes, 9 de noviembre de 2015
Mirade que ben lles queda: