Mostrando entradas con la etiqueta avós. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta avós. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de diciembre de 2022

CARTA A "NUESTROS ABUELOS"

 Dicía Miriam Nemirovsky que a verdadeira aprendizaxe da escritura prodúcese cando os pequenos escriben porque teñen un motivo para facelo (escritura con fins sociais).

En 5 anos acabamos de atopar un gran motivo porque chegou a nós unha nova que nos deixou sobrecollidos:

Una residencia de Pontevedra pide cartas para sus mayores por Navidad: “Decidles que no están solos”

Despois de falalo, chegamos á conclusión que ninguén ten que sentirse só (e moito menos en Nadal!) e, por unanimidade, quixemos formar parte da vida destes avós.
Así que buscamos un diseño de postal, redactamos unha carta entre todos, pasámola a limpo e... xa vai camiño de Pontevedra!
Esperamos ter novas axiña!



martes, 18 de diciembre de 2018

AS PANXOLIÑAS DOS AVÓS E DAS AVOAS

ONTE OS MÁIS PEQUECHOS DA ESCOLA CANTÁMOSLLES PANXOLIÑÁS AOS AVÓS E AVOAS DA RESIDENCIA ORPEA, E ELES CANTÁRONNOLAS A NÓS.
FOI UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!