miércoles, 31 de marzo de 2021
Aquí chega unha escolma poética de 2º A. Mirade que artistas:
Xa podedes ver un resumo do que aconteceu esta SEMANA DA POESÍA no noso cole:
lunes, 29 de marzo de 2021
Preparádevos porque aquí vén unha escolma poética na que participa todo o alumnado de 4º C.
Hoxe traémosvos dúas poesías recitadas polo alumnado de cuarto B:
sábado, 27 de marzo de 2021
O alumnado de 5 anos A tamén sumouse ao recitado desta semana:
viernes, 26 de marzo de 2021
Como sabedes o 21 de marzo foi o Día da Poesía.
Este ano, a causa do COVID, tivemos que modificar un pouco o noso tradicional RECITAL DE POESÍA e convertémolo na SEMANA DA POESÍA. Conectámonos de maneira online a través de WEBEX coas distintas clases para facer os nosos recitados.
Mentres agardamos a que nos cheguen as fotos para facer unha montaxe iremos colgando videos de distintos recitados que se fixeron no cole.
Comezamos polos máis pequenos, mirade, mirade porque de aquí á fama hai so un pasiño:
martes, 23 de marzo de 2021
Cristina e Rubén cóntannos este fantástico conto que nunca pasa de moda:
viernes, 5 de marzo de 2021
Como xa sabedes, o luns comemoramos o DÍA DA MULLER TRABALLADORA.
Este ano quixemos facer unha pequena homenaxe a GRANDES MULLERES do século XX que destacaron na súa profesión.
Sabemos que non están todas as que son, que hai moitísimas "SUPERWOMAN" entre as que podemos destacar as nosas avoas, nais, profes... e (este ano máis que nunca) médicas, enfermeiras...
GRACIAS A TODAS PORQUE SODES UN ESPELLO NO QUE MIRARNOS E PORQUE FACEDES QUE NOS SINTAMOS ORGULLOSAS DE SER MULLERES!!!!!!
jueves, 4 de marzo de 2021
Ola familias!
Xa temos un novo concurso para as nosas familias:
Consiste en investigar sobre os inventos do século XX, escoller un e facer un debuxo sinxelo cunha pequena explicación das razóns que vos levaron a escollelo.
O debuxo ten que ter as seguintes características:
- Ser plano (sen volume)
- Sen colorear
- Liñas sinxelas e grosas
- Fondo branco
- Folio en horizontal .
Deixámosvos un exemplo de como pode ser o debuxo:
Llave Ro by Bufolector on Scribd
martes, 2 de marzo de 2021
Atención, atención porque Natalia e Lucas contan este conto de Eva Mejuto no que narran as aventuras de dez gatas con sete vidas: