jueves, 30 de abril de 2020

BUFOPREGUNTÓN. 4ª PARTE. Pista 4

Podedes contestar nesta entrada ou no correo bufolector@gmail.com

miércoles, 29 de abril de 2020

BUFOPREGUNTÓN. 4ª PARTE. Pista 3


martes, 28 de abril de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 110). Jose

Lembrades a Jose Carballido? Estivo fai uns anos no cole sustituindo á profe Marga.
Jose tamén quiso participar no noso MARATÓN DE POESÍA e para iso fixo esta versión do poema "Lela" de Castelao.
Esperamos que vos guste tanto como a nós!






Se vos gusta, non deixedes de visitar o seu canal de Youtube Jose Carballido. 




MARATÓN DE POESÍA (parte 109). Carlos

Carlos recita "Negra sombra" de Rosalía de Castro.


BUFOPREGUNTÓN. 4ª PARTE. Pista 2

Respondede nesta entrada ou no correo bufolector@gmail.com

lunes, 27 de abril de 2020

BUFOPREGUNTÓN. 4ª PISTA. Parte 1

Último Bufopreguntón deste ano. Lembrade que podedes contestar nesta entrada ou no correo bufolector@gamil.com. Non vos esquezades de poñer o nome e curso do alumno/a que participa.

MOITA SORTE A TODAS E TODOS!

sábado, 25 de abril de 2020

ABRIL NO SÉCULO XX

No mes de abril do século XX sucederon moitos acontecementos históricos, hoxe traémosvos un xogo para que aprendades un pouquiño máis sobre o noso pasado.

Nenos, nenas, mamás, papás, avós, avoas e demais persoas... todos podedes xogar e poñer a proba os vosos coñecementos da historia do século XX.

Estades preparados? Pois aló vai...




CONTACONTOS EN FAMILIA. "La vaca que puso un huevo"

Aitor, Brais e Laia contan este divertido conto de Andy Cutbill.



viernes, 24 de abril de 2020

AS INTRÉPIDAS 3.1

Así chámase o novo blog de sexto.
A partir de agora podedes atopalo nos enlaces do cole á dereita do blog.
Non deixedes de visitalo!

https://asintrepidas31.blogspot.com/

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020

Xa podedes ver o vídeo oficial do DÍA DO LIBRO 2020 cos debuxos que fixéstedes recomendando os vosos libros preferidos.

Este ano máis que nunca temos que ser conscientes de que SE TEMOS LIBROS NON ESTAMOS SÓS! e que SEMPRE PODEMOS CONTAR CUN LIBRO!


A LIBERDADE É UNHA LIBRARÍA

Con este lema o Instituto Cervantes fai unha campaña para celebrar o Día do Libro no que invita a personaxes coñecidos a reivindicar o libro e as librerías como epicentro da cultura.
Aquí vos deixamos algún deses videos, pero podedes ver máis na páxina oficial:

Instituto Ceravantes

Joaquín Sabina:



Rozalén:




Aitana Sánchez-Gijón


miércoles, 22 de abril de 2020

GYMKHANA DÍA DO LIBRO

Unha familia mándanos esta gymkhana realizada polo C.E.I.P Rosa Luxemburgo, nós cremos que está xenial. Probade a xogar e veredes que divertido.


DÍA DO LIBRO

Mañá, 23 de abril, celebramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR.

Aquí vos deixamos o díptico que publicou a Consellería de Educación.

O texto é de Manuel Gago, xornalista, escritor e divulgador da cultura de Galicia e a imaxe é do profesor Harold Iglesias.

  Información sacada de: Blog Bibliotecas escolares de Galicia.

ESCAPE ROOM DO COVID-19

Aquí vos deixamos un escape room online sobre o coronavirus onde os nenos e nenas poderán librarse do contaxio resolvendo sumas e restas. Está creado por  Pedro Santos Juanes y Victoria Navarrete Aguilar, profes de primaria.

É compatible con tablet, mobil e pc.



martes, 21 de abril de 2020

BUFOPREGUNTÓN. 3ª PISTA. Parte 5

Xa temos gañadores de esta treceira proba do Bufopreguntón! A familia de Rubén de 3º C.

Efectivamente tiñades que adiviñar que estabamos a falar do TETRIS.
NORABOA PARA ESTA FAMILIA pola súa investigación! Lembrade que á volta teredes un premio esperando por vós.

Aquí vos deixamos todas as pistas.

SÓ QUEDA UN BUFOPREGUNTÓN, que será a vindeira semana. Podedes participar todos aínda que xa adiviñárades.

BUFOPREGUNTÓN. 3ª PROBA. Parte 2


LEMBRADE QUE PODEDES CONTESTAR NESTA ENTRADA OU NO CORREO bufolector@gmail.com.

lunes, 20 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Lembrade que o xoves 23 é o día do libro.

O último día para mandar os vosos debuxos sobre o voso libro preferido é o mércores 21.

BUFOPREGUNTÓN. 3ª PROBA. Pista 1

LEMBRADE QUE PODEDES CONTESTAR NESTA ENTRADA OU NO CORREO bufolector@gmail.com.

domingo, 19 de abril de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 108). Sergio

Sergio mándanos un cariñoso saúdo e unha adaptación da "Canción do Pirata" de Espronceda.


sábado, 18 de abril de 2020

OS PROFES NO SÉCULO XX

Apetécevos xogar? Seguro que si!
Pois hoxe é o voso día de sorte!
Se premedes na imaxe poderedes xogar a adiviñar que profe do cole agóchase nas fotos do século XX.


Teatro, ciencia e máis....

Con motivo do COVID-19  Afundación creou "Afundación en casa" coa idea de achegar recursos para todos. Así podemos ver recursos para os mais cativos, para as familias, para  os profes, para as persoas maiores....
Hoxe ímosvos a falar dos recursos para os peques. Nesta páxina podedes atopar obras de teatro:

Como "Gatuxo" de Maxín Blanco :


"Saaabor" de Culturactiva Produccións:


Ou "Rubicundo" de Teatro Gazafhellos:


Podemos atopar tamén experimentos para facer na casa: 



... Receitas de cociña, contos, cancións e algunhas cousas máis. 
Non deixedes de visitar a súa páxina: Afundación en casa.



viernes, 17 de abril de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 107). Paula

Paula recita "Panxoliña do  piollo e a pulga".


MARATÓN DE POESÍA (parte 106). Ramón

Ramón recita unha poesía escrita por el que se chama "A anduriña Carmiña".




jueves, 16 de abril de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 105 ). Sandra

Sandra recita un poema oriental de Huanchu Daoren.


MARATÓN DE POESÍA (parte 104 ). Raquel

Raquel recita "No te rindas" de Mario Benedetti.


MARATÓN DE POESÍA (parte 103). Sandra

Sandra recita un poema escrito por ela mesma cando estudaba no noso cole:


MARATÓN DE POESÍA (parte 102). Lucía

Lucía recita "Canción otoñal" de Emilio Carrera.




BUFOPREGUNTÓN. 2-ª PROBA. Parte 5

Diego Mosquera e a súa familia adiviñaron o Bufopreguntón desta semana!!!

Efectivamente, o acontecemento que estábamos a buscar era "A batalla de Leyte".
NORABOA FAMILIA!!!!

Lembrade que á volta teredes un premio esperando por vós.

Deixámosvos o resto das pistas que íbamos a colgar os vindeiros días:

O VINDEIRO LUNS SAIRÁ O SEGUINTE BUFOPREGUNTÓN. 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!


MARATÓN DE POESÍA (parte 102). Inés

Inés recita "O enterro do neno pobre" de Luis Pimentel.



miércoles, 15 de abril de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. "Axente Riciños"

Rubén, Cris e Gero cóntannos "Axente Riciños" do Hematocrítico.



MARATÓN DE POESÍA (parte 101). Judith

Judith recita a Pablo Neruda.


MARATÓN DE POESÍA (parte 100). Vero

Hai menos dun mes publicábamos esta entrada "Maratón de poesía"  na que vos invitábamos a recitar  para conmemorar o DÍA DA POESÍA e, para achegarnos todos un pouco.

Hoxe chegamos aos 100, e parece que non queda aquí a cousa!

MOITAS GRACIAS BUFOLECTORES! Porque isto é grazas a todos e todas, somos a gran familia do SOFÍA CASANOVA  e hoxe queda máis que demostrado.

A poesía 100 é un pouquiño especial, porque é dunha fantástica profe á que botamos de menos.



MARATÓN DE POESÍA (parte 99). Cecilia

Cecilia recita "Las seis cuerdas" de Federico García Lorca.



BUFOPREGUNTÓN. 2ª PROBA. Pista 3


martes, 14 de abril de 2020

O TITANIC

A noite do 14 ao 15 de abril de 1912 afundiuse o RMS TITANIC. Era o maior trasatlántico británico do mundo e chocou cun icerbeg no seu primeiro viaxe dende Southampton a Nova York.

Viaxaban 2223 persoas, das que morreron 1514.


Deixámosvos un video coa recreación da traxedia:





Algunhas das curiosidades sobre este acontecemento:

- O 1 de setembro de 1985 descubriuse o barco a 340 millas de Newfounland (Canadá).

- O libro Futility, de Morgan Robertson en 1898,  predixo o afundimento dun trasatlántico en circunstancias parecidas.

- A última supervivinte morreu en 2009 con 97 anos. Tiña 9 semanas cando viaxaba no Titanic. 

- Como querían evitar a mala sorte non había camarote número 13. 

- O Titanic está a 3.800 metros baixo as augas de alta mar. É dicir, en augas internacionais. Está baixo a xuridisción da Unesco. 

- O Titanic é o barco máis famoso do mundo, del escribíronse libros, cancións, memoriais, exposicións e películas. 

FONTE: https://www.elpais.com.uy/mundo/anos-hundimiento-titanic-diez-curiosidades-tres-teorias-naufragio.html
https://www.youtube.com/watch?v=G4LeY8IIbHA

MARATÓN DE POESÍA (parte 98). Alba

Alba recita "La biblioteca imaginaria" de Juan Carlos Martín Ramos.


CONTACONTOS EN FAMILIA. Marcelo o morcego

Sara conta "Marcelo o morcego" de Beatriz Fraga Cameán.


MARATÓN DE POESÍA (parte 97). Irene

Irene recita a Rosalía de Castro.

BUFOPREGUNTÓN. 2ª PROBA. pista 2


lunes, 13 de abril de 2020

BUFOPREGUNTÓN. 2ª PROBA. Pista 1


domingo, 12 de abril de 2020

BUFOPREGUNTÓN. 2ª PROBA

Lembrade que mañá comezamos a segunda proba do Bufopreguntón. A familia que acerte de primeira terá un regalo cando voltemos ao cole.
Ás 9:00 xa teredes a primeira pista publicada.
Podedes contestar na entrada do blog ou no correo bufolector@gmail.com.

MOITA SORTE A TOD@S!!!

sábado, 11 de abril de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. " El campesino y el diablo"

Lucas, Maxi e Verónica interpretan este cuento de los hermanos Grimm.


Até as princesas soltan peidos

Non vos perdades este conto versión caseira feito polo alumnado de quinto.


MARATÓN DE POESÍA (parte 96). Sara

Sara recita "La primavera ha venido" de Antonio Machado.


viernes, 10 de abril de 2020

E ti que les?

Son moitas as propostas de lectura para estes días de confinamento. Hoxe recopilamos algunhas para achegarvos:

Galicia le (rede de bibliotecas públicas de Galicia): poderás descargar libros aínda que non teñas o carné: https://www.galiciale.gal/

Biblioteca dixital mundialhttps://www.wdl.org/es/

Aira editorialhttps://airaeditorial.gal/noticias/le-de-balde-novo-comic-carriandola/

Amazon: https://www.amazon.es/kindle-dbs/hz/subscribe/ku?_encoding=UTF8&tag=georiot-es-default-21&shoppingPortalEnabled=true

Baía Edicións: https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

Editorial Bruñohttps://issuu.com/grupoanayasa/stacks/6f96ef708f4c42e4af792116cf2fa164

Xornal O Papagaiohttp://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html

Editorial Xerais: https://blog.xerais.gal/catro-titulos-de-xerais-para-abrirlle-a-porta-a-lectura-en-galego/

MARATÓN DE POESÍA (parte 96). Mario

Mario recita "A casa de había unha vez" de Ana María Fernández.


jueves, 9 de abril de 2020

TEATRO DE SOMBRAS

Hoxe traemos unha proposta moi sinxela pero moi divertida, o TEATRO DE SOMBRAS, non necesitas nada máis que un folio blanco, unhas figuras, unha luz e imaxinación para o guión.

Neste post de escola imaxinada contan como podemos facelo.

Deixámosvos un exemplo:


miércoles, 8 de abril de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. "El erizo se va de casa".

Irene e Mario cóntannos este fantástico conto de Ulf Stark.




PANDEMIA DE CONTOS

O colectivo NOGA (narración oral galega) está a facer unha labor moi bonita estes días. Cada día suben videos a youtube no que algún contador profesional conta un conto.

Podedes buscalos, hai para público infantil, familiar e adulto. Aquí colgaremos dos dous primeiros grupos, pero seguro que os papás, mamás, tías, tíos, avós e avoas pasarán un bo intre escoitando estes contiños.



Tedes moitísimos para escoller, xa non hai escusas para escoitar contos!

MARATÓN DE POESÍA (parte 95). Brais

Brais recita "No niño do vento" de Álvaro Cunqueiro.


MARATÓN DE POESÍA (parte 94). Marta

Marta e a súa nai compuxeron este poema que fala sobre a situación que estamos a vivir.



martes, 7 de abril de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 93 ). Natalia

Natalia recita a Rosalía de Castro.

MARATÓN DE POESÍA (parte 92). Jorge

Jorge recita "El romance del niño que todo lo quería ser" de Manuel Benítez Carrasco.


lunes, 6 de abril de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. "La varita mágica"

Carolina, Inés y Lucía nos cuentan e interpretan este fantástico cuento de hadas.


CONTOS EN INGLÉS

Macmillan, na súa web,  está  a colgar os seus contos Contados por Ivonne Dalorto:

The Gruffalo:




Mr Crocodile's toothbrush:





Monkey Puzzle:




Peace at last:




Carol conta The Moon is in the River:

domingo, 5 de abril de 2020

Enigmas no Museo do Prado

Os Museos están a traballar moitísimo para ofrecernos actividades sen sair da casa.
Unha delas é este xogo do Museo do Prado no que tes que descubrir que é o que está pasar con personaxes dos cuadros.

A pasalo ben!



sábado, 4 de abril de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA "La casa de Tomasa"

Lidia e Carolina contan este fantástico conto de Phyllis Root.


MODO VACACIÓNS


QUERIDOS BUFOLECTORES E BUFOLECTORAS, como sabedes estamos en Semana Santa, como non é periodo lectivo, a vindeira semana non haberá BUFOPREGUNTÓN, deixámosvos descansar para que teñades máis forza para o seguinte. O segundo BUFOPREGUNTÓN colgarémolo o luns 13 de abril, así que estade atentos.
Esta semana seguiremos colgando recomendacións interesantes.
Non esquezades que podedes aproveitar para:

FACER O DEBUXO DO DÍA DO LIBROhttps://bufolector.blogspot.com/2020/03/dia-do-libro.html

GRABAR UN CONTO PARA CONTACONTOS EN FAMILIA VERSIÓN "QUÉDATE NA CASA"https://bufolector.blogspot.com/2020/03/contacontos-en-familia-version-quedate.html

SEGUIR RECITANDO POESÍAS: https://bufolector.blogspot.com/2020/03/maraton-de-poesia.html (Faltan 9 para chegar ás 100).

MONTAR O CUBO DE RUBIKhttps://bufolector.blogspot.com/2020/03/retos-en-familia-o-cubo-de-rubik.html

Xogar coa familia, ler un bo libro, ver unha película, facer manualidades, bailar, facer exercicio, cantar, escribir, falar, montar unha obra de teatro, soñar...

MARATÓN DE POESÍA (parte 91). Antonio

Dende Huelva Antonio mándanos este poema titulado "Jugando al escondite" composto por el.


viernes, 3 de abril de 2020

MARATÓN DE POESÍA (parte 90). Julieta

Julieta recita "Limiar" de Luis Amado Carballo.


MARATÓN DE POESÍA (parte 89). Sofía

Sofía, antiga alumna do centro,  recítanos "A estrela sen nome" de Manuel María.


MARATÓN DE POESÍA (parte 88). Jorge

Jorge recita a Antonio Machado con esta poesía titulada "Caminante no hay camino".


jueves, 2 de abril de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. "El monstruo de colores"

Sheila y Zoe  contan este fantástico conto de Anna Llenas.




CANTOS CONTOS CONTAS?

Hoxe, como xa sabedes, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

Na páxina da biblioteca do CEIP NICOLÁS DEL RÍO atopamos estes symbaloos con contos:




Agora non tedes excusa para facer os  debuxos sobre os vosos contos favoritos.  Lembrade mandalos a bufolector@gmail.com.

Se pinchades nos cuadradiños de abaixo poderedes ver o Symbaloo en grande:

MARATÓN DE POESÍA (parte 87). Antía

Para estes días nos que as xanelas están adornadas con arcos da vella, Antía recítanos "O arco da vella" de Manuel María.


O CUBO DE RUBIK (último video)

E con este capítulo rematamos o reto do cubo de Rubik. Como os foi? Conseguíchedelo?


miércoles, 1 de abril de 2020

CONTACONTOS EN FAMILIA. "La reina de las ranas no puede mojarse los pies"

Pablo e sara contan este divertido conto de Davide Cali.

BUFOPREGUNTÓN (1ª parte). Pista 5

Xa que a familia de Valentina e Mateo adiviñaron a personaxe, deixámosvos todas as pistas:



ESTADE ATENTOS E ATENTAS, O LUNS HAI OUTRO BUFOPREGUNTÓN!!!!!



O CUBO DE RUBIK (6º video)

Este é o penúltimo video, así que ao mellor xa o conseguides sen ver o video de mañá.
Se é así podedes mandar as vosas fotos ou videos ao bufolector@gmail.com.


BUFOPREGUNTÓN (1ª parte). Pista 3



Lembrade mandar as vosas solucións a bufolector@gmail.com tamén podedes contestar nesta entrada.