viernes, 27 de marzo de 2020
Publicado por
Biblioteca Ceip Sofía Casanova
en
10:37
Etiquetas:
Actividades,
animación,
cuarentena,
familias,
lóxica,
retos,
rubik,
Século XX,
xogos
En 1974 (século XX) o escultor e profesor de arquitectura húngaro Ernô Rubik creou un cebracabezas mecánico e tridimensional que en 1980 comercializaría Ideal Toy Company co nome de CUBO DE RUBIK.
Este ano fai 40 anos da súa posta en venta e, dende o Bufolector, queremos retarvos a que o fagades en familia.
Para facilitar o traballo, iremos colgando vídeos explicativos onde o profe Javi vai contando como conseguilo paso a paso.
Iso si, queremos as vosas fotos ou vídeos de como o estades a facer e de si o conseguides ou non (mandádeas ao bufolector@gmail.com e nós irémolas publicando)
Aquí vai o primeiro:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
VALE
VALE
Publicar un comentario