Mostrando entradas con la etiqueta deporte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta deporte. Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de marzo de 2024

8 MARZO: A MULLER NO DEPORTE

 Hoxe é o DÍA DA MULLER TRABALLADORA  e como non podía ser doutro modo adicámolo a todas esas mulleres deportistas que cada día dan o mellor de si mesmas:



GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORÁCHEDES INVESTIGANDO COS VOSOS PEQUES E APORTANDO FOTOS PARA FACER ESTE MURAL!


O alumnado de primeiro e segundo fixo un traballo de investigación na casa sobre mulleres deportistas e logo traballou a busca e o tratamento da información cubrindo estas fichas-resumo.

En cuarto tamén buscaron información de mulleres deportistas (Preme na imaxe para evr un video-resumo):





BO TRABALLO!






viernes, 16 de febrero de 2024

UN ENTROIDO BUFOLÍMPICO!

 Como non podía ser doutra maneira adicamos o entroido ao noso proxecto sobre as olmpíadas.

Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos.



martes, 6 de febrero de 2024

O DEPORTE

 Neste cole sabemos que o deporte é moi importante para unha vida sa, por iso sempre está presente nas nosas programacións adicándolle un lugar especial este curso coas BUFOLIMPÍADAS.

É por iso que hoxe os peques de infantil saímos dar un paseíño nas bicis. Cada día imos perdéndolle o medo, gañamos en equilibrio, en motricidade, en coordinación... e pasámolo xenial!



viernes, 22 de diciembre de 2023

HALTEROFILIA

Xa podedes ver o segundo capítulo das Bufolimpíadas en 3 anos, desta volta adicado á HALTEROFILIA.

miércoles, 13 de diciembre de 2023

OS XOGOS OLÍMPICOS EN SEGUNDO

 O alumnado de segundo xa está metido de cheo nesto das olimpíadas. Están moi motivados buscando información. Mirade, mirade:



miércoles, 22 de noviembre de 2023

AS BUFOLIMPÍADAS EN INFANTIL: ATLETISMO

 Os máis pequenos do cole xa estamos metidos de cheo no mundo das olimpíadas. Despois de estudar un pouco en qué consiste este mundo temos o reto de coñecer cada mes un deporte.

O primeiro que investigamos grazas ao Bufolector é o atletismo.

Aquí vos deixamos unhas das cousiñas que aprendimos:

En 3 anos:


En 4 anos:


martes, 17 de octubre de 2023

COMEZAMOS PROXECTO...

 Os máis peques do cole recibiron unha carta do Bufolector na que lles di que quere presentarse as Bufolimpíadas do 2024 e para iso vai probar diferentes deportes.

Aínda que si que coñecemos algún deporte non tiñamos nada claro que era eso das olimpíadas así que a profe púxonos un vídeo que estamos a analizar.


E...falando, falando decatámonos que nalgún lugar do cole tiñamos visto eso que chaman AROS OLÍMPICOS. Así que saimos a investigar e atopamos dous. 


Como podedes ver tamén descubrimos os fachos olímpicos, pero iso tratarémolo outro día. 


sábado, 2 de septiembre de 2023

BENVID@S AO CURSO 2023-2024

 Comezamos curso e con el novo proxecto:

AS BUFOLIMPIADAS!!!!




Imos deixando algo de material para que poidades poñervos a ton:

Páxina oficial xogos olímpicos

Liñas prioritarias do proxecto as Bufolimpiadas


jueves, 9 de junio de 2022

I CONGRESO BUFOSAUDABLE

  Atención nenas e nenos, mamás e papás, avoas, avós e demais familia porque vai dar comezo o noso

  I CONGRESO BUFOSAUDABLE no que se recolle un resumo de todo o aprendido neste proxecto:


EDUCACIÓN INFANTIL PRESENTA AS EMOCIÓNS:


PRIMEIRO E SEGUNDO fALAN Do COIDADO DA CoNTORNA:

TERCEIRO E CUARTO ENSÍNANNOS A IMPORTANCIA DO COIDADO DUN MESMO:


Hecho con Padlet


QUINTO E SEXTO MÓSTRANNOS A IMPORTANCIA DO USO RESPONSABLE DAS TICS:

viernes, 29 de abril de 2022

BICIS EN INFANTIL

 En infantil estamos a tope co proxecto deste ano. Xa sabedes que estamos a traballar a reciclaxe, as emocións, a alimentación saudable, o coidado do medio... e aprendendo a coidarnos a nós tamén. 

Todas as mañás facemos unhas rutinas deportivas. Pero as profes pensaron que sería bo para nós traballar o equilibrio, a coordinación motora, a visión espacial, a seguridade e a forza muscular cunhas bicis sin pedais. E a nós encantounos a idea!