jueves, 28 de mayo de 2026
A pesares da gran cantidade de baixas que tivemos onte, pasamos unha tarde do máis agradable xunto á autora, María Rei Vilas.
O libro trata sobre Camila, que viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou. María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.
martes, 5 de mayo de 2026
O pasado mércores tivemos a gran sorte de contar con CARLOS GALLEGO, que nos ensinou unha nova maneira de ilustrar e reciclar. Mirade que cousas tan bonitas:
jueves, 12 de marzo de 2026
O vindeiro 29 de abril. ás 16:15 teremos a gran sorte de contar coa presenza de CARLOS GALLEGO, que impartirá un obradoiro de ilustración para familias e alumnado.
Esto é o que o artista di de si mesmo:
Son Carlos Gallego, ilustrador e deseñador gráfico. Traballo ilustrando libros de texto e de narrativa entre outros proxectos de publicidade e comunicación. Ademais de debuxar, encántame compartir as experiencias que aprendín durante a miña carreira e demostrar que calquera persoa pode crear fermosas imaxes de forma creativa. Ilustrar vai moito máis alá de saber ou non saber debuxar, por iso deseñei este taller de collage para facer chegar ó alumnado unha nova forma de representar o mundo que lle rodea.
Algúns dos seus traballos:
miércoles, 25 de febrero de 2026
O luns celebramos o DÍA DE ROSALÍA.
Mirade que mural tan chulo fixemos baixo a coordinación do Departamento de Dinamización:
jueves, 5 de febrero de 2026
Onte gozamos dun tempiño moi agradable ao redor do fantástico libro de Ledicia Costas, Golpes de Luz.
miércoles, 2 de abril de 2025
Onte, o alumnado de cuarto tivo a gran sorte de poder falar con Antía Yáñez sobre o seu libro Plan de Rescate.
A autora firmounos o exemplar da biblioteca.
miércoles, 23 de febrero de 2022
lunes, 11 de mayo de 2020
O autor é Manuel Aramburu. O cadro é de 1956 e titúlase "Camiño aos cruceiros de Combarro á Armenteira".















.png)













