Mostrando entradas con la etiqueta MUSEOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MUSEOS. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de marzo de 2024

MUSEO DE BELAS ARTES

 Esta semana o alumnado de infantil acudiu ao Museo de Belas Artes da Coruña para achegarse ao mundo da arte a través da visita guiada "Unha volta ao sol".







jueves, 20 de abril de 2023

VISITA AO MUNCYT

 O alumnado de sexto foi ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña para afondar máis no proxecto:






martes, 7 de marzo de 2023

SAÍDA AO MUNCYT

 Dentro do proxecto deste ano de ciencias, o alumnado de infantil fixo hoxe unha visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña.









martes, 29 de noviembre de 2022

MUSEO DE BELAS ARTES

 Hoxe, ao alumnado de infantil, tocounos experimentar coa arte:









jueves, 10 de noviembre de 2022

SEMANA DA CIENCIA NOS MUSEOS CORUÑESES

 A vindeira semana (do 14 ao 20 de novembro)   é a SEMANA DA CIENCIA e a entrada aos museos científicos de A Coruña é gratuita. Lembrade que si queredes ir ao Aquarium hai que reservar.


Preme na imaxe para máis información.


Fonte: La Opinión de A Coruña


Aproveitade para experimentar!

martes, 26 de abril de 2022

INFANTIL VAI DE MUSEO

 "MIRAR DE NOVO. A MULLER CONTRA O TEMPO" é o título da exposición que visitaron entre o venres e o luns o alumnado de infantil. 

Da man dunhas fadas máxicas que ían deixando pistas polo museo, coñecimos a obra de distintas mulleres artistas e afondamos no coidado do Planeta e da Naturaleza.












lunes, 15 de noviembre de 2021

SEMANA DA CIENCIA NOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

 Para conmemorar  esta semana a entrada é gratuita, podedes reservala ata con 3 días de antelación.

Aproveita que hai moito que ver, tocar e descubrir!



martes, 18 de mayo de 2021

SOMOS ARTISTAS!

Ata aquí chega este curso o noso traballo (en profundidade) do ESQUEMA CORPORAL! 
A verdade é que melloramos moitísimo! Tanto, que as nosas profes din que merecemos un museo e por iso queren ensinarvos este pequeno video: 

domingo, 5 de abril de 2020

Enigmas no Museo do Prado

Os Museos están a traballar moitísimo para ofrecernos actividades sen sair da casa.
Unha delas é este xogo do Museo do Prado no que tes que descubrir que é o que está pasar con personaxes dos cuadros.

A pasalo ben!



martes, 10 de marzo de 2020

VISITA AO MUNCYT

Hoxe o alumnado de 5 anos visitou o MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA, de Coruña.

A verdade é que foi unha experiencia fantástica, na que ademáis de ver obxectos e tecnoloxía do século XX aprendimos moito e pasámolo xenial!

Puidemos ver un trozo do Boeing 747 "Lope de Vega", sentámonos en primeira clase, vimos a cabina do piloto, tocamos algúns dos materiais que o compoñen e descubrimos que este foi o avión que trouxo o Guernica a Madrid dende Nova York en 1981.




Na sá do século XX vimos unha lavadora de madeira, unha moto con sidecar, un coche antigo e moitas cousas que usaban os nosos avós e avoas (e os nosos pais e nais)...



Tamén vimos o antigo faro da Torre de Hércules e o proxector que tiña o cine París de Coruña.
Ademáis fixemos helicópteros de papel e os tiramos dende o sexto andar, comprobamos como voaban e gustounos moito.

A verdade é que foi unha experiencia fantástica na que descubrimos a tecnoloxía dende unha nova perspectiva  e demostramos moitas cousas que xa tiñamos aprendidas nestes tres anos que levamos na escola.


miércoles, 22 de mayo de 2019

MUSEO BELAS ARTES

O alumnado de 4 anos estamos a estudar O CORPO HUMANO, isto levounos ao Museo de Belas Artes; alí aprendimos que os 5 sentidos poden trasladarse á ARTE, a trevés de pinturas e esculturas.





miércoles, 15 de mayo de 2019

PREPARANDO A VISITA AO MUSEO

Os nenos e nenas de 4 anos fumos hoxe de excursión ao Museo de Belas Artes de Coruña.
Para preparar a saída, pintamos un dos cadros de Lugrís que se atopan alí.
O problema foi que non o puidemos ver, tivemos que pintalo coa descrición que nos daba a profe. Ela falaba mentres que nos creabamos a nosa propia obra de arte.
Pinchade na foto do Museo e veredes as nosas creacións:

Como puidéchedes adiviñar, o cadro que pintamos foi "Mariña Surrealista"




lunes, 10 de diciembre de 2018

MUSEO DO CINE

A finais do ano que vén abrirá en Hollywood o Academy Museum Of Motion Pictures, onde se fará un repaso as mellores películas da historia, dende os orixes ata a actualidade:
(Máis información en fotogramas.es)

Así que xa sabedes, temos todo un ano para prepara a viaxe!!!