Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de noviembre de 2025

A HORA DE BIBLIOTECA EN 6º

 Todos os cursos temos unha hora de biblioteca á semana onde traballamos de diversas maneiras.

Aquí podedes ver un grupo de sexto traballando a busca e o tratamento da información:






lunes, 3 de noviembre de 2025

ENTRADA BIBLIO

Quen vai?



jueves, 23 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe comezamos a nosa celebración!


Día Das Bibliotecas by Bufolector

E mañá comezan a súa andaina as cestas e as mochilas viaxeiras!!!


Este é o contido das cestas viaxeiras:



Cestas viaxeiras by Bufolector

Este ano, as mochilas, como novidade, veñen cun libro para os adultos da casa. Así todos podemos gozar da lectura en familia!


Carta Mochila by Bufolector

martes, 1 de abril de 2025

MALETA VIAXEIRA CEIDA

 Xa temos na clase de 4 anos a maleta viaxeira do CEIDA. Estamos encantados con todo o que trae!



viernes, 21 de marzo de 2025

XORNADAS PLAMBE

 Onte tivemos en Santiago a formación para os coordinadores de Bibliotecas Plambe. 



viernes, 7 de febrero de 2025

ROSA MONTERO

 Hoxe, parte do equipo do Bufolector fomos a escoitar a Rosa Montero falando sobre a Intelixencia Artificial.


Quedamos con ganas de escoitala falar máis! 


viernes, 13 de diciembre de 2024

SOFICRA

 Onte tivemos unha magnífica reunión do CLUB DE LECTURA DE PROFES que facemos xunto ao CRA DE CULLEREDO.



viernes, 6 de diciembre de 2024

STAB no recreo

Este curso temos un Stab moi traballador, veñen pola biblio aínda que non lles toque e póñense a traballar por vontade propia. Así da gusto!


 

viernes, 22 de noviembre de 2024

RECREOS

 E seguimos a ter uns recreos moi animados, mirade:
















E todo isto podémolo xestionar grazas a axuda dos STABs que están a facer unha grande labor!


martes, 12 de noviembre de 2024

SEGUIMOS ACTUALIZANDO

 Agora podedes atopar a sección de banda deseñada e de libros de ficción en inglés  nun novo recanto:



miércoles, 2 de octubre de 2024

S.T.A.B

 Despois de recibir a formación correspondente, comeza o servizo de STAB (Servizo Técnico de Axuda á Biblioteca).

Este ano temos varios voluntari@s con moitas ganas de traballar!



viernes, 26 de abril de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 O vindeiro xoves 2 de maio teremos unha nova sesión de contacontos en familia.

Agardámosvos!!!!!



martes, 21 de noviembre de 2023

XORNADAS DE BIBLIOTECA

 Este fin de semana tocou formación:



domingo, 5 de noviembre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, entre as actividades propostas tiñamos dúas ximcanas que por mor da chuvia tivemos que retrasar, pero que por fin puidemos facer.

Os pequenos do cole tiñan que atopar imaxes das cubertas de diferentes libros que estaban agochadas polo patio.

Os maiores, tiñan que recoller unha planilla na biblio e cubrir o nome dos 10 libros que estaban polo patio axudándose dunhas pequenas pistas.

Esto é un resumo do ben que o pasamos:



jueves, 19 de octubre de 2023

SORPRESA DO BUFOLECTOR

 Hoxe cando chegamos a clase tiñamos un regaliño do Bufolector porque el xa sabe que os xoves imos visitalo á biblioteca así que agasallounos cunhas bolsiñas para poder levar os contiños que nos presta.







Ao final vai ser divertido isto de ir ao cole dos maiores, cada día é unha nova aventura!

GRAZAS BUFOLECTOR!


miércoles, 18 de octubre de 2023

24 outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 


jueves, 5 de octubre de 2023

PRESENTACIÓN DO BUFOLECTOR

 Hoxe os máis pequenos do cole recibiron unha carta da nosa mascota, o Bufolector.


Despois de lela atentamente, sen medo ningún decidimos ir á biblioteca a recoller o noso agasallo. 
Os nervios estaban a tope!

Percorrimos toda a biblioteca, vimos cantas cousas hai e buscamos o noso agasallo.

Unha vez comprobado que non había perigo relaxámonos vendo uns contiños e escoitando á profe María contarnos un conto escollido por nós.



CADA DÍA MOLA MÁIS O COLE DE MAIORES!!!!!








viernes, 5 de mayo de 2023

ÚLTIMO PREMIO DO BUFPOPREGUNTÓN

 Hoxe Rubén recibiu o seu agasallo como representante da súa familia acertante do BUFOPREGUNTÓN.

Dende aquí queremos dar a NORABOA e as GRAZAS a esta gran familia que SEMPRE participou en todo o que dende a biblioteca propuxemos e que, ademáis, tódolos anos acertou un BUFOPREGUNTÓN.

Rubén está en sexto e marcha este ano do cole así que botarémosvos en falta.

Aproveito tamén para dar as GRAZAS a esas familias que tamén marchan este ano e que tan ben acolleron sempre as nosas actividades. (Temos fotos da vosa participación na biblioteca dende que os nenos eran ben pequenos.) Deixades unha gran lembranza en nós e un oco na familia do Bufolector. 

Xa sabedes onde tedes outra familia!!!!



martes, 18 de abril de 2023

OBRADOIRO DE XOGOS

 O vibndeiro 27 de abril terá lugar o último OBRADOIRO DE XOGOS destinado ao alumnado de infantil, primeiro e segundo.

Estos son os nenos/as seleccionados:




Se alguén non pode asistir que mande un correo a bufolector@gmail.com.




martes, 4 de abril de 2023

´FORMACIÓN PLAMBE

 O venres tocou formación en Santiago.