martes, 16 de abril de 2024
A competición aínda non comeza pero hoxe encenderon a chama olímpica nas ruinas de Olimpia, alí o primeiro portador co seu facho iniciou o percorrido cara París.
sábado, 13 de abril de 2024
Lembrade que este luns comeza o bufopreguntón!!!!!!!
Haberá unha pista cada día que sairá ás 16:00h, que so se pode dar unha resposta por día e familia, que a temática é AS OLIMPIADAS, que son 4 Bufopreguntóns (un á semana) e que a primeira familia en adiviñar o que estamos a falar gañará un premio.
lunes, 1 de abril de 2024
O equipo de dinamización está coordinar un proxecto fantástico onde o alumnado lémbranos o vocabulario adecuado para usar nestes vindeiros xogos olímpicos.
Non deixedes de velo!!!! (Pincha na imaxe para ver os vídeos)
viernes, 22 de marzo de 2024
ATENCIÓN!!!!!!!!
COMO O ALUMNDO DE SEXTO ESTARÁ DE EXCURSIÓN, RETRASAMOS O INICIO DO BUFOPREGUNTÓN UNHA SEMANA!!!!!! COMEZAMOS O 15 DE ABRIL!!!!!!
XA CASE ESTÁ AQUÍ O MES DE ABRIL, E CON EL O QUE TODOS ESTÁBADES AGARDANDO:
O BUFOPREGUNTÓN!!!!!!!!!!!!!
Como a primeira semana de abril comeza nas vacacións de semana santa imos retrasar o concurso unha semana. De modo que a primeira pista sairá o LUNS 15 DE ABRIL!!!!!
Lembramos o modo de participación:
- É un concurso para todas as familias do Ceip Sofía Casanova.
- Son catro Bufopreguntóns (un por semana). Todos comezan o luns da semana correspondente.
- Cada día sairá unha pista nova.
-Tedes que adiviñar do que estamos a falar.
-Podedes responder no correo do Bufolector (bufolector@gmail.com) ou na entrada do blog na que colgamos a pista.
- Cada familia só pode dar unha resposta ao día e na entrada correspondente dese día. (Por exemplo se o mércores hai nova pista non se pode responder na entrada do luns nin do martes). (NON ESQUEZADES POÑER O NOME DO ALUMNO AO QUE CORRESPONDE A RESPOSTA)
- A temática é AS OLIMPÍADAS.
A familia que o acerte de primeira terá un premio que lle entregaremos ao alumno ou alumnos correspondentes. O criterio para escoller o gañador será a resposta acertada o antes posible.
Xa sabedes... a investigar en familia!
As pistas sairán ás 16:00 da tarde, para que os nenos/as poidan participar da investigación.
Comezamos o LUNS 15 de abril!!!!!
miércoles, 20 de marzo de 2024
O luns, o alumnado de infantil, tivemos a gran sorte de compartir a nosa primeira clase de rugby da man de Helen Roca.
Campioa de Europa de XV, campioa de España de seven, xogou o Seis Nacións e tres Mundiais. Elena Roca es Helen, líder do CRAT no campo durante case dous décadas e, agora, xefa nos despachos e na bancada. Vicepresidenta, directora técnica e entrenadora, compaxina o rugby co seu cargo de técnica deportiva no Concello de Mesía.
viernes, 15 de marzo de 2024
Neste cole temos unhas familias moi implicadas e grazas a unha delas conseguimos ver e tocar o facho olímpico de Barcelona 92.
Se pinchas na imaxe poderás ver como, 32 anos despois volveu a pasar por Vilaboa facendo parada no noso cole:
domingo, 10 de marzo de 2024
Desta volta decidimos afondar noutro deporte olímpico pouco coñecido para os nosos peques: A XIMNASIA RÍTMICA.
Coma sempre, o Bufolector mandounos unha carta falándonos sobre este deporte e unha ximnasta olímpica: ALBA BAUTISTA.
Logo de investigar, descubrimos que a ximnasia rítmica ten 5 elementos: aro, pelota, corda, mazas e cinta.
Un día chegamos a clase e atopamos unha sorpresa:
sábado, 24 de febrero de 2024
Onte o alumnado de quinto tivo a gran sorte de poder entrevistar a Alberto Seoane, deportista Paralímpico na modalidade de tenis de mesa.
jueves, 1 de febrero de 2024
Aínda que sabemos que é un deporte das olimpíadas de inverno, non podíamos deixar de asociar o inverno con este deporte tan popular.
Todo infantil está a traballar este deporte, de feito, na entrada ao cole podedes ver este gran mural onde os nosos pequenos están a xogar coa neve e a facer diferentes deportes de inverno.
miércoles, 13 de diciembre de 2023
O alumnado de segundo xa está metido de cheo nesto das olimpíadas. Están moi motivados buscando información. Mirade, mirade:
martes, 7 de noviembre de 2023
domingo, 10 de septiembre de 2023
jueves, 17 de marzo de 2022
¿Qué es?
La campaña “30 Días en Bici” es el programa anual de promoción del uso de la bicicleta que venimos realizando a nivel nacional desde 2013.
La propuesta que se hace al participante es sencilla: “pedalea a cualquier parte de tu ciudad, cada día durante los 30 días de abril -una vuelta a la manzana, 20 kilómetros hasta el trabajo, o un paseo al atardecer, lo que sea que te venga bien-, y comparte tus aventuras on line”.
Además, solo por participar te regalan:
Un itinerario mapeado a tu centro de trabajo o estudios.
Una revisión de tu bici.
Un adhesivo y una matrícula "no-oil"
Y entras en el sorteo de dos bicis.
OBJETIVOS:
- Promover el uso diario y cotidiano de la bicicleta como medio de transporte por la salud, bienestar personal y mejora de la calidad de vida.
- Impulsar la bicicleta como principal medio de transporte personal sostenible y no contaminante.
- Promover y educar a la ciudadanía sobre los beneficios que el uso de la bicicleta tiene en la salud de las personas.
- Hacer de nuestras ciudades un espacio más humano al tiempo que cuidamos al planeta.
.jpg)




















.jpg)

