sábado, 28 de octubre de 2023

CLUB DE LECTURA FAMILIAS

 Da comezo o II Club de Lectura de Familias do Sofía Casanova.



Parece que vai estar interesante.....





jueves, 26 de octubre de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Pois acabamos de pasar un anaco de tarde moi divertida en familia escoitando uns contiños que sempre da gusto.



Comezamos o contacontos con 4 valentes, Gansiri, Lucía, Alexia e Carmen leron La extraña sorpresa.


Logo tocoulle o turno a Sofía, que xunto aos seus pais, Bea e Nacho fixéronnos rir con Voy a comedte.

Seguidamente, Aroa, apoiada por Álex, o seu pai conmoviunos con Te quiero casi siempre.


E, para rematar, Chloé co seu pai Marcos ensinando as imaxes interpretounos Mi piojo y yo. 

GRAZAS A TODOS os que hoxe vos puxéchedes diante  e nos agasallástedes con esta bonita tarde.
E, por suposto, a aqueles que viñéchedes a escoitar!
A FAMILIA MEDRA!








UN SAMAÍN DE CONTOS

 Xa temos preparadas as lecturas para facer que este samaín sexa máis divertido:




Cal vas escoller?


martes, 24 de octubre de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Hoxe, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, as mochilas do Bufolector comezan unha nova andadura.

Este é o seu contido


Esperamos que vos gusten!



Carta Mochila by Bufolector on Scribd





CONTACONTOS EN FAMILIA

 Lembrade que este xves ás 17:00 temos unha cita!



lunes, 23 de octubre de 2023

LOS PLANTASUEÑOS

 Creo que con este nome non fai falta que expliquemos moito a que se dedican estas personas.

O caso é que así comezamos a primeira sesión do club de lectura co segundo grupo:



E a rematamos sacando todo o que temos nós de Plantasonos e tratando de facer un pouco máis feliz á xente coa que convivimos.












viernes, 20 de octubre de 2023

LOS QUEBRANTASUEÑOS

 Hoxe temos a nosa primeira sesión de club de lectura con este libro.


Pouca presentación necesita porque vendo a ilustración e coñecendo un pouco á autora, Susana Isern, xa sabemos que é unha xoia con envoltura de libro.
Máis aló do mundo fantástico que nos amosa, Los quebrantasueños fala, en realidade, do poder das palabras, de como unha palabra dita no momento oportuno pode cambialo todo.
Esperamos que despois de lelo teñamos un mundo con máis Plantasueños!

Deixámosvos varios enlaces por se queredes mergullarvos neste mundo:

SUSANA ISERN

Entrevistas: RZ100arte

ESTHER GILI
Entrevistas: Toledodiario



jueves, 19 de octubre de 2023

SORPRESA DO BUFOLECTOR

 Hoxe cando chegamos a clase tiñamos un regaliño do Bufolector porque el xa sabe que os xoves imos visitalo á biblioteca así que agasallounos cunhas bolsiñas para poder levar os contiños que nos presta.







Ao final vai ser divertido isto de ir ao cole dos maiores, cada día é unha nova aventura!

GRAZAS BUFOLECTOR!


miércoles, 18 de octubre de 2023

24 outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 


martes, 17 de octubre de 2023

COMEZAMOS PROXECTO...

 Os máis peques do cole recibiron unha carta do Bufolector na que lles di que quere presentarse as Bufolimpíadas do 2024 e para iso vai probar diferentes deportes.

Aínda que si que coñecemos algún deporte non tiñamos nada claro que era eso das olimpíadas así que a profe púxonos un vídeo que estamos a analizar.


E...falando, falando decatámonos que nalgún lugar do cole tiñamos visto eso que chaman AROS OLÍMPICOS. Así que saimos a investigar e atopamos dous. 


Como podedes ver tamén descubrimos os fachos olímpicos, pero iso tratarémolo outro día. 


CONTACONTOS EN FAMILIA

 Comezamos un novo curso co noso xa esperado CONTACONTOS EN FAMILIA.

Lembrade que a entrada é de balde para todo o alumnado e que só poden entran as familias que están anotadas para contar contos (aínda podedes anotarvos).

VIDE PASAR UNHA TARDE FANTÁSTICA CON NÓS!



lunes, 9 de octubre de 2023

Primeira sesión dos Irregulares

 Así atoparon a biblioteca as rapazas e rapaces cando chegaron á sesión do Club de lectura:


Como sempre que comezamos un libro empezamos pola presentación do mesmo, logo fixemos uns xogos para coñecer a Sherlock Holmes e adentrarnos no seu mundo de investigacións e poder achegarnos un pouco máis a época que narra o libro dos Irregulares de Nanking Road que estamos a ler.











viernes, 6 de octubre de 2023

LOS IRREGULARES DE NANKING ROAD

 Comezamos o nos primeiro club de lectura do curso con este fantástico libro.


Este libro lévanos a lembrar ao famoso Sherlock Holmes e ao seu grupo de investigadores os Irregulares de Baker Street.

É por iso que esta primeira sesión ímola adicar a coñecer un pouco máis o seu mundo.


E faremos dous pequenos test:



Deixámosvos tamén unha reseña do libro:



jueves, 5 de octubre de 2023

PRESENTACIÓN DO BUFOLECTOR

 Hoxe os máis pequenos do cole recibiron unha carta da nosa mascota, o Bufolector.


Despois de lela atentamente, sen medo ningún decidimos ir á biblioteca a recoller o noso agasallo. 
Os nervios estaban a tope!

Percorrimos toda a biblioteca, vimos cantas cousas hai e buscamos o noso agasallo.

Unha vez comprobado que non había perigo relaxámonos vendo uns contiños e escoitando á profe María contarnos un conto escollido por nós.



CADA DÍA MOLA MÁIS O COLE DE MAIORES!!!!!