jueves, 24 de febrero de 2022

10 anos....

 


miércoles, 23 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Así de bonito quedou o noso mural para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA. 
Se pinchades na imaxe poderedes ver o traballo de todo o cole coordinado polo departamento de Dinamización. 


 

martes, 22 de febrero de 2022

ENTROIDO

 O entroido xa chegou, e o Meco ordena:



lunes, 21 de febrero de 2022

DESCOÑECIDOS

 

É o novo libro que estamos a ler no Club de lectura. E como está baseado nunha historia nacida a través de Twitter, nós tamén quixemos poñer os nosos pensamentos en menos de 280 caracteres.
Aló van:



jueves, 17 de febrero de 2022

RECICLAXE

 Temos novas no concello:

O Consorcio das Mariñas pon en marcha un proxecto piloto nos concellos de Culleredo, Oleiros e Cambre.

Trátase dunha iniciativa para separar de xeito estricto os residuos no domicilio e así conseguir elevar os resultados da reciclaxe en planta. 

En Culleredo de momento funciona na ruta que vai desde Fonteculler, Acea De Ama, O Burgo.

A participación é voluntaria, se queredes colaborar contactade con medioambiente@consorcioam.org.  Entregarásevos un ecocubo, bolsas biodegradables e unha tarxeta para abrir estes colectores específicos.


Podedes consultar aquí un nova sobre isto. 

martes, 15 de febrero de 2022

15 MINUTOS

 Algo está a acontecer na escola....

Alguén sabe que pasa?




lunes, 14 de febrero de 2022

MARES LIMPIOS

 No club de lectura rematamos este libro de Ana Alonso.


E buscando, buscando atopamos esta asociación que non sabemos ben se é a mesma que organiza o campamento ao que vai Elena, a protagonista da historia. 


(Pinchade na imaxe para ir á páxina web).

Gustounos especialmente esta canción "Kiragala".

'Kiragala' es una palabra de Luganda que significa 'Verde'. Esta canción en particular aboga por la justicia climática al alentar a las personas a ser ecológicas, preservar el medio ambiente y oponerse al uso único del plástico.


domingo, 13 de febrero de 2022

BUZÓN DE CORREO

Toda aprendizaxe baseada na motivación e nas emocións é unha aprendizaxe que xorde "sen querer".

En infantil, seguindo o proxecto da vida saudable, decidimos que a actividade de reciclaxe deste mes, sería para fomentar a lectoescritura e tamén  implicaría as emocións.

 Por iso  construimos estas caixas de correos onde poderemos enviarnos mensaxes uns a outros e sorprenderémonos cando teñamos unha carta de alguén que queira demostrar o seu amor, amizade, simpatía... por nós. 



Mañá recolleremos as nosas primeiras "cartas", que nervios!!!!!!!

jueves, 10 de febrero de 2022

FALANDO DE EMOCIÓNS...

 Como todos sabedes, para tes unha vida Bufosaudable é moi importante a parte emocional. Temos que coñecer as emocións, saber identificalas e actuar correctamente. 

Hoxe queremos recomendarvos 3 libros sobre ecoloxía emocional. Estos libros están na biblioteca, así que se querede podedes vir, botarlles unha ollada ou levalos para casa:








martes, 8 de febrero de 2022

"Lo más importante lo sabéis solo vosotros"

 Coñecedes a Jordi Sierra i Fabra? É un escritor español de novela, conto, poesía e ensaio. Tamén traballou no mundo da música. Nós coñecémolo pola súa ampla obra de literatura infantil e xuvenil. 

Algunhas das súas obras: 


Hoxe queremos ensinarvos un testimonio deste autor que se resume nesta frase: "O máis importante é crer nun mesmo"









11 Febreiro: Día da nena e da muller na ciencia

 Dende a Asesoría de Bibliotecas escolares chéganos esta información:


Pincha na imaxe para máis información.


sábado, 5 de febrero de 2022

CALMA

O mes de xaneiro veu acompañado dunha nova emoción: A CALMA.
Así de bonita estaba a nosa entrada:



Ademais estamos creando un recuncho verde na entrada ao cole que nos ensina a importancia da naturaleza, renova o osíxeno, axúdanos a manter a calma e queda chulísimo:



E isto foi todo o que traballamos:

3 ANOS:


4 ANOS:



5 ANOS:









AliMENTES

 Os alumn@s de 1° de primaria están a participar en AliMentes Dixital que é un programa educativo de Gadis, que trata sobre os catro piares fundamentais para unha vida sostible: alimentación saudable, consumo responsable, actividade física e a redución do desperdicio alimentario.











viernes, 4 de febrero de 2022

DÍA DA PAZ

 O equipo de dinamización xa publicou o resume do DÍA DA PAZ.

Podedes ver os videos (son 2 distintos) na páxina do cole  ou premendo nas imaxes: