jueves, 17 de febrero de 2022

RECICLAXE

 Temos novas no concello:

O Consorcio das Mariñas pon en marcha un proxecto piloto nos concellos de Culleredo, Oleiros e Cambre.

Trátase dunha iniciativa para separar de xeito estricto os residuos no domicilio e así conseguir elevar os resultados da reciclaxe en planta. 

En Culleredo de momento funciona na ruta que vai desde Fonteculler, Acea De Ama, O Burgo.

A participación é voluntaria, se queredes colaborar contactade con medioambiente@consorcioam.org.  Entregarásevos un ecocubo, bolsas biodegradables e unha tarxeta para abrir estes colectores específicos.


Podedes consultar aquí un nova sobre isto. 

0 comentarios:

Publicar un comentario