martes, 25 de junio de 2019

ENTREGA BUFOPREMIOS

Como broche final a este curso de cine, o pasado mércores fíxose entrega dos premios BUFOCINE. 
Para comezar o acto algúns profes fixeron o baile de "Fiebre del sábado noche".




Logo, os presentadores Hugo, Irene, Martín e Sara foron nombrando os gañadores e dous representantes de cada aula subiron a recoller o seu premio.


Os proxectos premiados:

PREMIO BUFOCINE AO MELLOR GUIÓN ORIXINAL a quinto por “Armada”

PREMIO BUFOCINE AO MELLOR DOCUMENTAL DE INVESTIGACIÓN  a 1ºA por “Viaxe con Po”.

PREMIO BUFOCINE AO MELLOR guión adaptado a 5 anos B por “O Grúfalo”.

PREMIO BUFOCINE AO MELLOR booktrailer a 4 anos B por “A que sabe á lúa?”.

PREMIO BUFOCINE AO MELLOR anuncio a segundo por “Día do teatro en Vilaboa”.

PREMIO BUFOCINE AO MELLOR informativo de mañán a 3anos A por “telexornal”.

MENCIÓN ESPECIAL Á MELLOR dirección artística a Susi por “Fama”.

PREMIO BUFOCINE Á MELLOR escenografía a 4 anos A por “Orellas de Bolboreta”.

PREMIO BUFOCINE AO MELLOR documental resume de proxecto a 3 anos B por “Hoy toca cine”.

PREMIO BUFOCINE Á MELLOR maquillaxe para 1ºB por “Timotea”.

PREMIO BUFOCINE AO MELLOR vestiario para 5 anos B por “Glu glu”.

PREMIO BUFOCINE AO MELLOR o mellor telexornal serán a 6º.

MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR corto en lingua estranxeira á teacher Susana por “A sailor went to sea”.

MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR técnico en imaxe e son para Javi.


PREMIO HONORÍFICO A TODA UNHA CARREIRA PARA SUSI.





Se queredes ver os proxectos pinchade aquí

 GRACIAS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

VÉMONOS O VINDEIRO CURSO CON NOVOS PROXECTOS E AVENTURAS!!!

¿Película vs. libro?

Non vos perdades este video dos nenos e nenas de quinto no que comparan os libros e as películas?


miércoles, 19 de junio de 2019

O TEATRO DE SEGUNDO

Xa podedes ver os videos oficiales das obras que representaron onte os nenos e nenas de 2ºB e de 2ª C.
Temos uns grandes actores e actrices e mellores directores!
NORABOA A TODO SEGUNDO!!!!

Contos cruzados de 2ºB





A aula de tócame Roque de 2ºC

PREMIOS BUFOCINE

E POR FIN, PODEMOS ENSINARVOS O TRABALLO DE SEXTO!!!! COSTOULLES UN POUCO, PERO CREO QUE PAGA A PENA:

martes, 18 de junio de 2019

Un libro de cine

Aquí podedes ver o libro viaxeiro de 4 anos A que fixeron entre todas as familias:


lunes, 17 de junio de 2019

Melisa conta en infantil

O alumnado de 4 anos tivemos a sorte de poder escoitar a Melisa contar un contiño.


Moitas grazas e NORABOA, Melisa!!!!

CONTACONTOS EXTRA

O vindeiro mércores tivemos unha sesión extra de contacontos. Isto foi o que pasou:



Gracias a todos pola vosa participación, especialmente a Adri, Zoe, Dani y Sheila. Xa sabedes que esta á a vosa casa.

jueves, 13 de junio de 2019

O PREGÓN DE XUÑO

Aló van as nosas recomendacións lectoras para este verán

Pregón xuño by Bufolector on Scribd

lunes, 10 de junio de 2019

CONTACONTOS ESPECIAL

Como xa adelantamos a pasada semana, este mércores temos unha sesión especial de CONTACONTOS EN FAMILIA. Onde unhas contadoras habituales despediranse do curso facendo unha actuación especial co seu profesor. Ademáis poderemos escoitar algún contiño máis. NON FALTEDES!

viernes, 7 de junio de 2019

PREMIOS BUFOCINE

Dende quinto chéganos esta fantástica reportaxe na que os rapaces e rapazas contan un resumo do que fixeron este curso ao redor do cine,  mentres vemos a súa propia aventura nunha fragata pola ría de Ferrol.
Poñede volume porque é moi emocionante!

PREMIOS BUFOCINE

Dende primeiro A chéganos este documental sobre China que resume todo o que aprenderon sobre este país despois de ter visto Kung Fu Panda:

jueves, 6 de junio de 2019

PREMIOS BUFOCINE

Non vos podedes perder este vídeo que chega dende a aula de 5 anos B. Estes nenos e nenas cóntannos o conto do GRÚFALO.
Bravo por eles!

PREMIOS BUFOCINE

Esta vez tócalle a quenda a un vídeo en lingua inglesa.
Os nenos e nenas de 5 anos cantan e xogan con esta cantiga que vos encantará:

miércoles, 5 de junio de 2019

CLAUSURA CONTACONTOS EN FAMILIA

Hoxe tivemos a última sesión do curso de contacontos en familia, e ídesme permitir que faga unha entrada máis longa do normal porque gustaríame que vísedes o que teño a sorte de ver eu cando miro as súas caras, porque síntome moi orgullosa da pequena (cada vez máis grande) familia que temos na biblioteca do Bufolector, porque estamos a facer entre todos algo moi grande, porque cada sesión é máis divertida ca anterior, porque é moi bonito cando vén alguén de fóra e di que estamos a facelo ben, que temos moi bos nenos/as e moi boas familias e que tamén goza da nosa compaña, porque todo esto non sería posible sen as FAMILIAS do Sofía Casanova, porque SODES VÓS OS QUE FACEDES QUE ISTO TAN PEQUENO SEXA ALGO TAN GRANDE!













LEMBRADE QUE TEREMOS UNHA SESIÓN EXTRA O VINDEIRO MÉRCORES 12!

PREMIOS BUFOCINE

NA CATEGORÍA DE BOOKTRAILER, A AULA DE 4 ANOS B FIXO ESTE VÍDEO CO CONTO "A QUE SABE A LÚA?".
ESTAMOS SEGUROS QUE VOS ENCANTARÁ:

lunes, 3 de junio de 2019

LIÑAS DE TEMPO

O alumnado de sexto traballou as liñas de tempo a través do cine. Para facelo, tivo que investigar de que época se falaba en cada película e despois relacionala co seu momento:





sábado, 1 de junio de 2019

PREMIOS BUFOCINE

Na categoría de anuncios, segundo presenta este fantástico video. Oxalá fora así toda a publicidade!