Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2026

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN

 Por aquí deixamos as recomendacións de lectura da Microrede das Mariñas (EEI Barrionovo, CEIP de Galán, CEIP P. Sofía Casanova e CRA de Culleredo) perfectas para gozar do verán e das lecturas!

Desexándovos un bo verán e unhas moi boas lecturas!


Recomendacións Verán 26 MicroRRede das Mariñas de biblioteca_eei_barrionovo

viernes, 24 de abril de 2026

PÁJARO BLANCO

 Comezamos nova lectura. Esta vez ímonos decantar por unha novela gráfica.

Despois de ter lido A lección de August, situámonos na vida de Julian no seu novo instituto. Escoitaremos na voz da súa avoa a historia de como conseguiu fuxir dos nazis.

A ver que acollida ten!



martes, 14 de abril de 2026

BUFOPREGUNTÓN 2.2

  1. SALVEIME dUNHa sentencia  de mOrte

2. MEU PAI ERA MÉDICO E EU ENFERMEIRA


viernes, 10 de abril de 2026

O ALUMNADO DE 2º CICLO RECIBE A ANXO FARIÑA

 Onte, os nenos e nenas de terceiro e cuarto tiveron a sorte de coñecer e falar un tempo con Anxo Fariña, despois de ter lido o seu libro. 







martes, 7 de abril de 2026

SOFICRA

 O pasado 26 de marzo, algúns profes do cole xunto con outros do CRA de Culleredo fixemos a segunda reunión do club de lectura.

Escollimos a novela gráfica Hierba para esta sesión.

Xogamos, falamos e traballamos a alfabetización da imaxe nunha tarde moi entretida.



viernes, 6 de marzo de 2026

A LECCIÓN DE AUGUST

 Por petición popular, comezamos libro no club de lectura:

A autora aconsella acompañala la lectura con esta B.S.O




Como podedes ver o mundo está cheo de Auggies Pullman:

Deixámosvos por aquí o booktrailer que nos propón a editorial:

E unha entrevista á autora sobre a película do libro:

martes, 3 de febrero de 2026

PRÉSTAMOS DE LIBROS PARA ADULTOS

 Lembrade que temos dispoñible o préstamo para adultos na nosa biblioteca:

Hoxe comenzamos unha nova andaina co PRÉSTAMO PARA ADULTOS.

Como funciona? É moi doado, consultas na listaxe o libro que queres ler e mandas un correo electrónico a bufolector@gmail.com ou a biblioteca.ceip.sofia.casanova@edu.xunta.gal indicando nome e apelidos, de quen eres pai/nai/titor/a e o curso do alumno. E nós mandarémoscho por medio do neno ou nena.  A partir de ahí tes un mes para devolvelo.

Aquí podes consultar os libros que temos (pouco a pouco iremos ampliando o fondo:


Libros Adultos by Bufolector

viernes, 23 de enero de 2026

UNHA ESTRELA NO VENTO

 É o título do libro que comezamos esta semana.


A autora, Ledicia Costas, estase a coverter nunha das grandes escritoras da literatura galega ( se é que non o é xa).

Deixámosvos por aquí o que di ela de si mesma:

Nací una tarde de septiembre. De pequeña lo que más me gustaba era leer, arrancarle los cables a las muñecas, comer chocolate y visitar cementerios. Estudié Derecho y ejercí unos años como abogada, pero desde hace ya tiempo me dedico por completo a la literatura, cosa que me hace muy feliz. Sigo visitando cementerios, todos los que puedo. Tengo docenas de fotos en cementerios de distintos lugares del mundo. Me gustan las historias de brujas, fantasmas y muertos. Soy una lectora apasionada. No sé cuantas historias me quedan por escribir. Espero que varias docenas. Las mejores historias son las que se escriben con la cabeza pero, sobre todo, con corazón.

E o enlace a súa páxina web por se queredes seguir investigando: Ledicia Costas

Por último non vos perdades este booktrailer que fixeron os alumnos e alumnas do IES de Allariz:


viernes, 17 de octubre de 2025

LOS INSTANTES PERFECTOS

 Hoxe tócalle a quenda ao segundo grupo do club de lectura.

Comezamos cos INSTANTES PERFECTOS, velaquí a presentación:


viernes, 10 de octubre de 2025

CLUB DE LECTURA

 Esta primeira reunión pareceunos un pouco curta de máis, e iso é moi bo!

Con ganas de ler máis!!!!!




CLUB DE LECTURA

 Hoxe comezamos co primeiro grupo O CLUB DE LECTURA, facémolo cun dos nosos libros preferidos que nos levará á Concesión Internacional de Shangai na época de Sherlock Holmes.


Para introducilo vemos esta reseña:




Adentrámonos no mundo de Sherlock Holmes


E convertémonos en detectives:


jueves, 18 de septiembre de 2025

ENCONTRO CON AUTORES

 Comezamos o curso organizado polo CFR de Coruña e o facemos con Arturo Pérez Reverte.

Non puido gustarnos máis!



lunes, 23 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Chegan as vacacións... e con elas, unha oportunidade perfecta para gozar da lectura sen présas! 
Desde a microrede de bibliotecas escolares As Mariñas, formada pola EEI de Barrionovo, o CEIP Galán, o CEIPP Sofía Casanova e o CRA de Culleredo, preparamos unha selección de recomendacións lectoras para este verán, pensadas para todas as idades e gustos.
Historias emocionantes, divertidas, sorprendentes... para seguir descubrindo o mundo a través dos libros tamén durante as vacacións.
 📖Boas lecturas... e feliz verán!

Recomendaciones MicroRRede das Mariñas de Diego

miércoles, 28 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA

 Onte tivemos a última xuntanza do Club de Lectura.

Para rematar o curso fixemos unha reunión especial: comimos no parque cos membros do club de lectura do instituto e logo fomos ao Ies Rego de Trabe.

Alí fixemos un Scape Room para evitar que un vídeo  algo comprometido subira ás redes, tamén comentamos o libro que estabamos a ler: El rostro de la sombra.




O libro encantounos, aproveitamos para dicirlle ao autor, ALfredo Gómez Cerdá, que queremos segunda parte!

Tamén queremos dar as grazas a Andrea, profe do IES Rego de Trabe, pola súa implicación, traballo e pola boa acollida que nos deu. E aos rapaces do club do instituto por tratarnos tan ben.

Foi unha sesión fantástica!

jueves, 3 de abril de 2025

BUFOPREGUNTÓN 1.5

   Xa temos a nosa primeira gañadora: NORABOA  A DANIELLA de 1º, e á súa familia, que adiviñaron que estabamos a falar dos  ricos PEMENTOS DE PADRÓN!!!!!

Daniella, recibirás o teu agasallo.

Deixámosvos por aquí todas as pistas xuntas:

1. Levo en Galicia dende século XVI.

2. Son da provincia de A Coruña.

3. É habitual verme en verán.

4. Os meus pais foron frades que trouxeron antepasados meus dende América.

5. Algúns somos máis peleóns que outros.



LEMBRADE QUE O LUNS ÁS 16:15 SAE O SEGUINTE BUFOPREGUNTÓN!!!!

viernes, 13 de diciembre de 2024

SOFICRA

 Onte tivemos unha magnífica reunión do CLUB DE LECTURA DE PROFES que facemos xunto ao CRA DE CULLEREDO.



lunes, 9 de diciembre de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Preparádevos, que este venres voltamos!!!!!



miércoles, 4 de diciembre de 2024

MOCHILAS PARA FAMILIAS

 Un curso máis poñemos a rodar as MOCHILAS VIAXEIRAS PARA FAMILIAS.

Pedilas é moi sinxelo:

Pincha neste FORMULARIO MOCHILAS, pesa que mochila queres e cúbreo. Mandarémoscha o antes posible.

UNHA VEZ RECIBIDA, TEDES UN MES PARA LER O CONTIDO!



miércoles, 27 de noviembre de 2024

VISITA DA DRAGONA RAMONA

 Onte, o alumnado de educación infantil,  tivemos unha visita moi especial.

A Dragona Ramona viu contar o conto A VISITA.

Gracias ao Concello por achegarnos á lectura a través destas animacións. Esperamos que volvas cedo, Dragona!



lunes, 11 de noviembre de 2024

CONTACONTOS EN FAMILIA

 O pasado mércores tivemos a primeira sesión do curso de CONTACONTOS EN FAMILIA.

Comezamos co teatro de sombras de Carla, no que narrou as aventuras de ELMER.


Logo, Jessica e Iris fixéronnos rir con POR UNA MOSCA DE NADA.




Marcos e Chloé contaron LITTLE NIÑO e leváronnos a recordar a música dos Beatles.



Ramatamos a sesión con Melania, Montse e Manuela e UN VAMPIRO PELIGROZO.

Gracias a todos os que decidíchedes vir pasar a tarde con nós! Que gusto da ver a biblio tan chea!!!!1
Vémonos no seguinte!