Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de febrero de 2026

REVISTA ENTROIDO

 Extra, extra!!!!

Xa temos aquí a revista máis esperada do Entroido da man do Equipo de Dinamización!





jueves, 13 de marzo de 2025

REVISTA ESCOLAR DO ENTROIDO

 O EDLG vén de publicar a revista que fixemos entre todos! NON A PODES PERDER!



martes, 20 de febrero de 2024

Revista de entroido

 Xa está publicada a REVISTA DE ENTROIDO deste curso. Adicada ás ENTROIDADAS OLÍMPICAS. Non a podes perder!



domingo, 18 de febrero de 2024

OBRADOIROS DE ENTROIDO

 O alumnado de infantil rematou hoxe o último dos obradoiros de entroido, este ano adicado a TURBO, un caracol que quere gañar unha carreira.

Os peques, en grupos de nenos e nenas de 3,4 e 5, foron pasando polos diferentes obradoiros e traballando nas diferentes propostas.









Tamén tivemos o noso propio circuito de carreiras de Turbos:




viernes, 16 de febrero de 2024

UN ENTROIDO BUFOLÍMPICO!

 Como non podía ser doutra maneira adicamos o entroido ao noso proxecto sobre as olmpíadas.

Pincha na imaxe para ver o ben que o pasamos.



jueves, 8 de febrero de 2024

DISFRACES FEITOS A MAN

 Mañán teremos unha festa de entroido olímpica e o alumnado de sexto está a apurar as últimas horas para rematar os seus disfraces:






jueves, 23 de febrero de 2023

UN ENTROIDO MOI CIENTÍFICO

 Xa está dispoñible na web do cole un video resumo do entroido.

Pincha na imaxe para velo:



lunes, 20 de febrero de 2023

OBRADOIROS CIENTÍFICOS DE ENTROIDO

 O alumnado de infantil comezamos a celebrar o entroido cuns obradoiros moi científicos.

O primeiro que fixemos foi ver a peli "Más allá de la luna" onde unha nena científica, ten que deseñar unha nave para poder viaxar á lúa. Non faltaron nin as palomitas!

Despois dividímonos en equipas e fumos pasando polos diferentes obradoiros: escultura, onde deseñamos diferentes figuras relacionadas co espacio; caroutas, onde fixemos o noso propio casco de astronautas; photocall, onde deseñamos un mural espacial e; cociña, no que fixemos unhas naves espaciais que estaban moi saborosas!


lunes, 7 de marzo de 2022

REVISTA DE ENTROIDO

 O equipo de Dinamización Lingüística vén de enmaquetar e publicar a revista de entroido na que colaboran todos os cursos da escola.

Queres vela? Podedes facelo no blog de Dinamización: Habelas Hainas 7.0

Ou pinchando na imaxe:



jueves, 3 de marzo de 2022

ENTROIDO NO SOFÍA

 Como xa sabedes o entroido deste ano adicámolo á vida Bufosaudable. O equipo de Actividades Complementarias e extraescolares preparou unha copla e un video resumo desta festa:


Preme na imaxe para non perder detalle.

martes, 22 de febrero de 2022

ENTROIDO

 O entroido xa chegou, e o Meco ordena:



domingo, 21 de febrero de 2021

REVISTA ENTROIDO

Gracias á participación de todo o alumnado e profesorado do cole e á coordinación do Equipo de Dinamización lingüística xa temos acabadiña de sair do forno a REVISTA DO ENTROIDO deste ano:



Premede aquí para escoitar "O Xuizo dos Mecos Pandémicos" e ver a revista dende a páxina de dinamización "Habelas hainas 7.0"


viernes, 5 de febrero de 2021

ENTROIDO

 ATENCIÓN, ATENCIÓN O ENTROIDO XA CHEGOU!!!!!!

Aínda que este ano non podemos desfilar por Vilaboa nin facer a nosa tradicional degustación de doces de entroido non imos quedar sen celebralo.

Ao Sofía Casanova, o entroido, acaba de chegar

e a nosa rapazada, vaino festexar!

Polas rúas de Vilaboa non podemos desfilar

mais con todas e todos ímolo celebrar!

Este ano no Sofía,celebrámolo cada día!

E os mandatos dos mecos cumplimos día a día!

POÑEDE ATENCIÓN PORQUE OS MANDADIÑOS SON ACUMULATIVOS, DE MODO QUE CADA DÍA HAI QUE TRAER O QUE CORRESPONDA E O DO DÍA ANTERIOR!!!!!!!

Se premedes na imaxe poderedes ver o que o MECO ordena:




miércoles, 3 de junio de 2020

REVISTA DE ENTROIDO

Lembrades o entroido?
Para os que lles parece que pasou moito tempo deixámoslles un enlace á revista que acaba de publicar  o departamento de dinamización lingüística.



viernes, 28 de febrero de 2020

UN ENTROIDO DO SÉCULO XX

Xa temos a presentación do entroido.
Lembramos que a temática era o século XX.
Así, poderedes ver:
3 anos: 1900-1910: personaxes dun cadro de  Sorolla (se mirades ben, tamén atoparedes ao mismísimo Sorolla)
4 anos: 1910-1920 : Mary poppins, aínda que a película é de máis adiante, a moda que se respresenta é desta época.
5 anos: 1920-1930: Os tolos anos 20
1º: 1940-1950: Inventos desta década
2º: 1970-1980: Os paiasos da tele
3º: 1980-1990: Personaxes e moda da época
4º: 1990-2000: As películas de Harry Potter
5º: 1960-1970: Hippies
6º: 1930-1940: "Hobbit" de J.R.R Tolkien, libro de 1937



jueves, 27 de febrero de 2020

OBRADOIROS DE ENTROIDO

Para celebrar o entroido, o ciclo de infantil traballou unha película do século XX, do seguinte modo:

O primeiro que fixemos foi ver a película en dúas sesións, poñendo especial atención ao vestiario dos actores e actrices xa que era de principios do século.
Logo fixemos seis grupos con nenas e nenos de 3,4 e 5. Que ben se traballa en equipo!!!
E puxémonos a traballar nos obradoiros que duraron 2 días.
Os obradoiros foron:
Cociña, onde fixemos a píldora con azucre.
Photocall
Marcapáxinas
Sombreiros
Baile e karaoke
Robótica, onde xogamos a oca de Mary Poppins e tivemos que levar a Mary Poppins do parque á casa resolvendo as trabas que aparecían co lego.
Mirade que ben o pasamos:

miércoles, 19 de febrero de 2020

O XOGO DO ENTROIDO

Dende o "Portal das palabras", páxina da RAG e da Fundación Barrie, chéganos este xogo sobre o entroido.
ATRÉVESTE?

jueves, 28 de marzo de 2019

REVISTA ENTROIDO

Hai xa uns días que o departamento de dinamización do cole publicou a REVISTA DO ENTROIDO:

 revista entroido
(Pinchade na imaxe para vela).

E NON VOS ESQUEZADES, DE BOTARLLE UN OLLO AO BLOG DE DINAMIZACIÓN DE CANDO EN VEZ:

lunes, 11 de marzo de 2019

UN ENTROIDO DE PELÍCULA

Deixámosvos aquí un resumo do entroido, este ano adicado ao cine. Como xa sabedes os disfraces son o resultado de moito traballo: investigación sobre a peli, busca de información, selección, creatividade... Gracias as familias pola súa aportación. Foi unha festa estupenda.
 Esperamos que vos guste o video:


lunes, 19 de febrero de 2018

BUFOCULLERÉATE NO ENTROIDO

TRABALLANDO O CONCELLO DE CULLEREDO CHEGOU O ENTROIDO E CON EL AS INVESTIGACIÓNS PARA FACER OS DISFRACES AXEITADOS.
ASÍ O CELEBRAMOS:
 
 
Bufoculleréate no entroido
(PINCHADE NA FOTO PARA IR AO ÁLBUM)