lunes, 20 de febrero de 2023

OBRADOIROS CIENTÍFICOS DE ENTROIDO

 O alumnado de infantil comezamos a celebrar o entroido cuns obradoiros moi científicos.

O primeiro que fixemos foi ver a peli "Más allá de la luna" onde unha nena científica, ten que deseñar unha nave para poder viaxar á lúa. Non faltaron nin as palomitas!

Despois dividímonos en equipas e fumos pasando polos diferentes obradoiros: escultura, onde deseñamos diferentes figuras relacionadas co espacio; caroutas, onde fixemos o noso propio casco de astronautas; photocall, onde deseñamos un mural espacial e; cociña, no que fixemos unhas naves espaciais que estaban moi saborosas!


0 comentarios:

Publicar un comentario