lunes, 29 de noviembre de 2021

VILABOA ÉNCHESE DE CORAZÓNS MORADOS

 Como xa vos adiantamos, os nenos e nenas de infantil fixemos un montón de corazóns morados para conmemorar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Con esto queremos traballar o obxetivo 5 da axenda 2030 e lograr unha igualdade real e que nunca xamais teñamos que  celebrar este día

Queríamos repartilos nós pero a meteoroloxía foi adversa, aínda así estamos moi orgullosos do noso traballo e de compartilo cos veciños e veciñas de Vilaboa.

Algúns de nós fomos de paseo buscando os corazóns, mirade, mirade:


GRACIAS A TODOS OS ESTABLECEMENTOS QUE FIXERON POSIBLE ESTA ACTIVIDADE!!!!!!!!!


jueves, 25 de noviembre de 2021

CORAZÓNS 25N

 


Con motivo do 25 N o alumnado de infantil fixo moitos corazóns violetas que están espallados polos comercios de Vilaboa.

Se atopas un, faite unha foto con el e mándaa a bufolector@gmail.com. Con todas as fotos faremos un video para colgalo no blog.


 A DATA LÍMITE OARA RECIBIR FOTOS É O DOMINGO 28 DE NOVEMBRO


25N

 Hoxe celebramos o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

Ogallá non teñamos que celebralo nunca máis, pero mentres tanto, educaremos aos nosos cativos para que O RESPECTO ao próximo sexa o seu lema.


martes, 23 de noviembre de 2021

USO POSITIVO DAS TICS

 Un dos puntos claves que estamos a traballar para obter unha vida Bufosaudable é conseguir facer un uso responsable das tics.

Para aconsellarnos e ensinarnos, a semana pasada, tivemos a visita da Garda Civil, que falaron coa rapazada de quinto e sexto e, despois, coas familias que se achegaron á biblioteca o venres.

"A clave para facer un uso responsable das tics é o RESPETO. Se todos temos respeto a rede será un lugar seguro". 










domingo, 21 de noviembre de 2021

"CUANDO HITLER ROBÓ EL CONEJO ROSA"

 Xa rematamos o primeiro libro do Club de Lectura e a verdade é que foron unhas sesións moi interesantes. 

Algunhas das valoracións que os nenos e nenas fixeron desta obra foron:

"Es una obra de arte"

"No es un libro del tipo que me gusta leer, pero me ha gustado"

"Inesperado"

"Increible"

"Triste y gracioso"

"Intrigante"

"Sorprendente"

"Especial"

"Brillante"

Pero é mellor que escoitedes as súas recomendacións:


Quedamos con ganas de ler a segunda parte pero iso será outro día.

De momento imos co seguinte libro:




ROCK DA BIBLIO

 Como todos sabedes xa, esta semana foi a estrea mundial do Rock da biblio, composto pola profe Carmen e interpretado polo alumnado de cuarto co acompañamento aos instrumentos dos profes Alberto, Carmen Javier e Manuel.

En breve compartiremos con vos a canción, entretanto deixámosvos algunhas fotiños:














jueves, 18 de noviembre de 2021

O MEDO EN 1º

Traballar as emocións é básico se queremos conseguir adultos sans. 

O primeiro de todo é coñecelas para despois poder identificalas (tanto en nós mesmos coma nos demáis) e xestionalas.

Nestas andan os nenos e nenas de primeiro. Que remataron o traballo do medo con "Cocorico", as cabazas de morcego e as Catrinas de México:







martes, 16 de noviembre de 2021

ECOCONTO: "Un parrulo en apuros"

 Da man de Sogama chéganos este ecoconto. Acompaña a Anselome e Lucas no seu paseo pola beira do río:


lunes, 15 de noviembre de 2021

COMER E CRECER

 En primeiro traballaron este tema para achegarse a unha vida Bufosaudable.

Como actividade final, Ana ensínanos este exquisito postre saudable:




SEMANA DA CIENCIA NOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

 Para conmemorar  esta semana a entrada é gratuita, podedes reservala ata con 3 días de antelación.

Aproveita que hai moito que ver, tocar e descubrir!



viernes, 5 de noviembre de 2021

Cara unha nova emoción

 Algo está a acontecer en infantil...

Hoxe comezamos a traballar cunha nova emoción... Cal será?



jueves, 4 de noviembre de 2021

ENLACES DO COLE

 Aproveitamos as novas publicacións para recordarvos que consultedes de cando en vez os outros enlaces do cole.

Acaban de sair do forno o Magosto do equipo de actividades complementarias e extraescolares:


(Pincha na imaxe para ver o video)

E o Samaín de Dinamización lingüíistica:



Non deixedes de velo!


martes, 2 de noviembre de 2021

O MEDO

  Dentro do noso proxecto "9 meses, 9 emocións" para unha vida Bufosaudable comezamos a traballar o MEDO

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballado:

3 Anos



4 anos:

5 anos: