jueves, 30 de enero de 2020

ESCOITAVENTURAS

Onte tivemos a primeira sesión de lectura en voz alta nos recreos. O libro escollido para inaugurar o ESCOITAVENTURAS foi

A biblioteca encheuse de nenos e nenas con ganas de escoitar historias, así  da gusto comezar un proxecto! 




O MURO DA PAZ

Dende infantil conmemoramos o DÍA DA PAZ lembrando o muro de Berlín  e berrando ben forte que NON queremos máis guerras nin máis muros  e SI queremos a PAZ.

miércoles, 29 de enero de 2020

¡DI ALGO!

Acaba de chegar á nosa biblio este estupendo libro que nos parece perfecto para ler mañá que conmemoramos o DÍA DA PAZ.

O LIBRO É DE PETER H. REYNOLDS, AUTOR, QUE XA NOS TIÑA CONQUISTADOS CON "EL PUNTO".

DEIXÁMOSVOS UNHAS IMAXES DO LIBRO:





martes, 28 de enero de 2020

IUTUBER 3

Xa podedes ver a terceira entrega de IUTUBER VILABOA. Esta vez os nenos e nenas de quinto explícannos os circuitos eléctricos. NON DEIXEDES DE VELO:


viernes, 24 de enero de 2020

CONMEMORACIÓN VÍCTIMAS DO HOLOCAUSTO

O 27 de xaneiro CONMEMÓRASE  a liberación en 1945 polas tropas soviéticas d campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau; a Asamblea General de las Naciones Unidas
(link is external) proclamou oficialmente esa data Día Internacional de Conmemoración en Memoria de las Víctimas del Holocausto.

De feito líderes mundiais e superviventes desta barbarie están reunidos en Jerusalén estes días 75 anos despois de que se producira dita liberación.



Máis información aquí


Hoxe no club de lectura, falando do libro "Cuando Hitler robó el conejo rosa" saliu o tema dos españois que estiveron no campo de concentración en Mathausen.
Deixámosvos o documental que vimos.

ESCOITAVENTURAS: Nova actividade na biblioteca do cole

Temos unha moi boa nova!!!!!!

A vindeira semana imos dar comezo a unha nova actividade: ESCOITAVENTURAS
Sabede en que consiste? Pois en que de cando en vez, no recreo, despois de merendar, poderedes ir á biblioteca do Bufolector a escoitar unha nova aventura sacada dun libro.
A entrada é libre e gratuita. É dicir, que pode ir quen queira. (Só para primaria)
O único que tedes que facer e vir merendar na porta na biblio (para cando abramos a porta, poder entrar) e respetar á persoa que le e a que quere escoitar. Así que unha vez que comeza a aventura non se poderá sair da biblio ata que rematen de ler porque necesitamos silencio para poder volar coa imaxinación.
ESPERAMOS VERVOS A TODOS E QUE VOS GUSTE!

COMEZAMOS ESTE MÉRCORES CO LIBRO "LOS QUEBRANTASUEÑOS" DE SUSANA ISERN!!!!

miércoles, 22 de enero de 2020

FALANDO DO SÉCULO XX. cap. 2: SOFÍA CASANOVA

Sabedes a quen está adicado o nome do noso cole? Sabedes quen era Sofía Casanova? Estes nenos e nenas de 5 anos, despois dun importante traballo de investigación, contannolo:


martes, 21 de enero de 2020

CANCIÓN DA PAZ

Deixámosvos a canción que imos cantar o vindeiro 30 de xaneiro para conmemorar o DÍA DA PAZ.
Subide o volume e preparádevos para estar cantando a canción todo o día, é desas que che quedan na cabeza!







lunes, 20 de enero de 2020

A LITERATURA DO SÉCULO XX

XA TEMOS DE VOLTA O NOSO CARTEL DE PROXECTO CON UNHA PARTE DA LITERATURA INFANTIL DO SÉCULO PASADO.

ESPERAMOS QUE DESTA VEZ O MAL TEMPO O RESPETE!

viernes, 17 de enero de 2020

CONTACONTOS XANEIRO

Ide reservando a data porque en 15 días temos a nosa sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA. Lembrade traer o carné e non cheguedes tarde, que quedades sen sitio!


martes, 14 de enero de 2020

INAUGURACIÓN DA LABORAL

Pescudando pola rede atopamos este NO-DO sobre a Universidade Laboral de Culleredo.

viernes, 10 de enero de 2020

SOFÍA CASANOVA

Sabedes quen era Sofía Casanova? Por que o noso colexio ten o seu nome?
O alumnado de 5  anos leva un tempiño investigando a vida desta muller tan interesante porque fixo unha labor importante durante a década dos anos 20.

Aquí vos deixamos un resumo do que aprenderon:

Destacar que o 16 de xaneiro fai 62 anos do seu pasamento. Que era unha muller que falaba máis de sete idiomas, que naceu en Almeiras pero percorreu medio mundo e que tivo unha vida moi interesante. Foi sen dúbida unha muller adiantada a súa época.

Aquí vos deixamos unhas artistadas que fixeron os pequenos/as coa súa figura:






HIPERPATERNIDAD

Neste nadal publicouse unha entrevista a Eva Millet que nos fai reflexionar:

"PERMITE QUE TU HIJO SE ABURRA. DEJA DE SER SU ANIMADOR SOCIOCULTURAL"

Si cargas con la mochila de tu hijo a la salida del colegio, si tu crío tiene agenda de ministro, si no se aburre nunca, si te provoca ansiedad convertirle en el próximo Messi o Mozart es más que probable que seas un padre o madre helicóptero y hayas caído en las garras de la hiperpaternidad, un fenómeno importado de EEUU y estudiado en profundidad por la periodista Eva Millet, autora de libros como 'Hiperpaternidad', 'Hiperniños. ¿Hijos perfectos o hipohijos?' y 'Niños, adolescentes y ansiedad' (editados por Plataforma Actual). ['Mamás, papás y niños: toda la información sobre el mundo de la crianza]....


Para seguir lendo acudir á fonte da entrevista: El periódico

jueves, 9 de enero de 2020

PRIMEIRA ECLIPSE DE LÚA DO ANO

Este venres chega a primeira eclipse de Lúa do 2020

Será unha eclipse penumbral, na que o noso satélite natural non chega a ocultarse completamente na sombra da Terra
Chega a primeira eclipse de Lúa do ano 2020. Este venres, a Terra vai interpoñerse entre o Sol e o noso satélite natral, deixando a Lúa na zona de penumbra, o que provocará que baixe a intensidade do seu brillo.
A eclipse chegará este venres pola tarde e alcanzará o seu máximo ás 20:10 da tarde hora peninsular coincidindo coa primeira Lúa Chea do ano. Europa, Asia, África e Australia serán os lugares nos que poderá observarse este fenómeno. En Galicia, están previstos ceos despexados para esa hora…
A característica común que define ás eclipses lunares deste ano é que todas elas serán penumbrais ou Apulso, é dicir, a Luna pasará a través da penumbra terrestre facendo que o satélite se escureza de xeito sutil durante un período de tempo concreto. Este tipo de eclipses poden verse a primeira ollada pero se aconsella o uso dun telescopio ou instrumento de visión aumentada para gozar mellor a experiencia.
Para a seguinte eclipse de Lúa haberá que esperar ao 5 de xuño e cun mes exacto de diferenza, o 5 de xullo, poderase ver a terceira. A derradeira eclipse de Lúa do ano chegará o 30 de novembro. Desde Galicia van ser visibles todas as eclipses con excepción da última delas, da que só poderá gozar a xente que se atope en América e Asia.
NON VOLA PODEDES PERDER!

miércoles, 8 de enero de 2020

RETOS LECTORES

Xa estamos no ano 2020!

Á biblioteca do Bufolector chegaron moitas novidades que axiña atoparedes nos andeis.

Comezamos o ano con dous retos lectores que atopamos navegando pola rede. Escolle o que máis che gusta e lánzate a ler!!!!


FELIZ ANO E FELICES LECTURAS!!!!