viernes, 24 de enero de 2020

ESCOITAVENTURAS: Nova actividade na biblioteca do cole

Temos unha moi boa nova!!!!!!

A vindeira semana imos dar comezo a unha nova actividade: ESCOITAVENTURAS
Sabede en que consiste? Pois en que de cando en vez, no recreo, despois de merendar, poderedes ir á biblioteca do Bufolector a escoitar unha nova aventura sacada dun libro.
A entrada é libre e gratuita. É dicir, que pode ir quen queira. (Só para primaria)
O único que tedes que facer e vir merendar na porta na biblio (para cando abramos a porta, poder entrar) e respetar á persoa que le e a que quere escoitar. Así que unha vez que comeza a aventura non se poderá sair da biblio ata que rematen de ler porque necesitamos silencio para poder volar coa imaxinación.
ESPERAMOS VERVOS A TODOS E QUE VOS GUSTE!

COMEZAMOS ESTE MÉRCORES CO LIBRO "LOS QUEBRANTASUEÑOS" DE SUSANA ISERN!!!!

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Vale
Aló mejor estare alli

Publicar un comentario