Mostrando entradas con la etiqueta violencia xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta violencia xénero. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de noviembre de 2022

25 NOVEMBRO

 Data que non quixeramos conmemorar máis!

O alumnado de infantil fixo e repartiu por Vilaboa un cartel co noso lema deste ano "Vacínate contra a violencia"



E, todo cole aprendeu e preparou a canción de Rozalén con apoio xestual "Yo no renuncio". Así de ben o fixemos:






miércoles, 23 de noviembre de 2022

25 N. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Deixámosvos a canción que será o noso grito na conmemoración deste día.


lunes, 29 de noviembre de 2021

VILABOA ÉNCHESE DE CORAZÓNS MORADOS

 Como xa vos adiantamos, os nenos e nenas de infantil fixemos un montón de corazóns morados para conmemorar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Con esto queremos traballar o obxetivo 5 da axenda 2030 e lograr unha igualdade real e que nunca xamais teñamos que  celebrar este día

Queríamos repartilos nós pero a meteoroloxía foi adversa, aínda así estamos moi orgullosos do noso traballo e de compartilo cos veciños e veciñas de Vilaboa.

Algúns de nós fomos de paseo buscando os corazóns, mirade, mirade:


GRACIAS A TODOS OS ESTABLECEMENTOS QUE FIXERON POSIBLE ESTA ACTIVIDADE!!!!!!!!!


miércoles, 9 de diciembre de 2020

25 N : TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Aínda que non puidemos facelo xuntos, TODOS, na escola traballamos pola eliminación da violencia de xénero e berramos moi alto BASTA!

Na páxina do cole podeder ver o resumo do traballado (preme na imaxe para velo).




miércoles, 25 de noviembre de 2020

25N día contra a VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe traémosvos unha canción e un contiño para conmemorar este día e ogallá teñamos que deixar de conmemoralo!

"MARUXA"

Conto: Maruxa from Concello do Rosal on Vimeo.


"SE ACABARON LAS LÁGRIMAS"



miércoles, 4 de diciembre de 2019

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Como ben sabedes, o pasado 25 de novembro celebramos o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Nós temos claro que NON é NON  e que a violencia non é o camiño, e vós?


 A canción é de Melendi, Alejandro Sanz e Arkano.

viernes, 22 de noviembre de 2019

ESTUDO DE XÉNERO

A piques de conmemorar o día contra a violencia de xénero o alumnado de quinto móstranos o resultado da súa investigación sobre a desigualdade de xénero.
Escoitade ben atentos, que hai moito que mellorar.

martes, 19 de noviembre de 2019

25 NOVEMBRO

O 25 de novembro todo o cole gritaremos moi alto e moi forte un NON para a violencia de xénero.
Como xa sabedes, esta semana está a soar a canción de Melendi e Alejandro Sanz que cantaremos o vindeiro luns, cando fagamos o noso acto para reivindicar a NON VIOLENCIA.


jueves, 29 de noviembre de 2018

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Xa temos o vídeo do DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, bravo polos nosos nenos e nenas!!!
A música e a canción é de Rozalén.

lunes, 27 de noviembre de 2017

TOLERANCIA CERO

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!
TODOS A UNHA CANTAMOS E UNIMOS AS NOSAS VOCES PARA QUE NON SE REPITA NUNCA MÁIS:


jueves, 23 de noviembre de 2017

TODOS SOMOS UN

ESTES RAPACES E RAPAZAS DE 4ºC GRITAN NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO E PARA ISO TEÑEN BEN ENSAIADA A CANCIÓN DE MAÑÁ. 


E VOS?


martes, 21 de noviembre de 2017

25 NOVEMBRO

COMO XA DIXEMOS NOUTRA ENTRADA, O 25 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
COMO É SABADO, O VENRES 24 FAREMOS O SEGUINTE:
POÑEREMOS UN BRAZALETE MORADO CO YIN E YANG QUE NOS PRESENTOU BRÚJULA:












E CANTAREMOS E BAILAREMOS UNHA CANCIÓN QUE XA ESTÁ A SOAR NA ESCOLA NAS ENTRADAS E SAÍDAS:





O MELLOR DE TODO É, QUE ISTO QUE FARÁ TODO O NOSO COLE, O FARÁN TAMÉN TODOS AQUELES QUE PARTICIPAN NO PROXECTO DE ILLA FANTASÍA.
QUEREDES UNIRVOS?

viernes, 17 de noviembre de 2017

EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA

DENDE O CONCELLO CHÉGANOS O SEGUINTE:


Como ben sabedes, o  17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacions Unidas declarou o 25 de novembro como Dia Internacional da Eliminacion da Violencia contra as Mulleres, convidando a gobernos, organizacions internacionais e organizacions non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboacion respecto da situacion de violencia na que viven moitas
mulleres. Desde 2003 ata maio do 2017, a Delegacion do Goberno rexistrou 53 asasinatos machistas en Galicia, e 780 no Estado. Por todo isto,   consideramos que a actual situacion require dunha resposta unanime de toda a sociedade que pona de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres.
 A concelleira de Benestar e Igualdade, Lupe Pombo Carril,  vén de asinar no día de hoxe no Pazo de Raxoi, en Santiago de compostela,  o protocolo de adhesión do Concello de Culleredo á Campaña "EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS". Esta Campaña promovida polo Concello de Santiago De Compostela, suma neste ano xa 75 concellos de toda Galiza, xunto con 3 Deputacións.
 A través desta Campaña, a Concellaría de Benestar e Igualdade, xunto coas demais concellarías municipais, como Deportes  e Desenvolvemento Económico,  anima á toda a comunidade: educativa, comercios, asociacións, e veciños e veciñas en xeral; a implicarse na conmemoracion do 25 de novembro. “Culleredo en negro”; propoñendo vestir de loito ou colocar nas nosas fiestras  panos ou prendas negras en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta a mais dura das suas consecuencias, a morte. Porque consideramos que son os veciños e as veciñas quen debe ter  o protagonismo das rúas e son o grande escaparate que pode transmitir a cidadania a mensaxe de denuncia e solidariedade:
                                                           queremos Culleredo libre de violencia!
Do 23 ao 26 de novembro viste a túa casa, o teu local,  tenda, posto, etc. de negro,  ou a ti mesmo/a de negro. E sube ás redes imaxes vosas "En Negro" para que entre todas e todos, podamos chegar á sociedade o noso  rexeitamento de calquera manifestación de violencia contra as mulleres.
Achegamos as imaxes da Campaña para que as utilicedes nas vosas redes sociais ou imprimades para colocar onde consideredes
Un saúdo
GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN



domingo, 11 de diciembre de 2016

25N: QUE NINGUÉN APAGUE A TÚA LUZ!

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero reunímonos toda a escola baixo o lema "QUE NINGUÉN APAGUE A TÚA LUZ"". Na xuntanza, a escuras, escoitamos o conto de "Artur e Clementina" de Adela Turín, lido por tres alumnos de sexto, e levantamos os nosos farois facendo noso o lema.
Foi moi emocionante sentir como tantos rapaces e rapazas respetaron o silencio tomando conciencia da importancia do tema.


miércoles, 25 de noviembre de 2015

TODO PODE SER

Como xa sabedes hoxe é o día CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. E dende a biblioteca do Bufolector queremos gritar NON a esta lacra da nosa sociedade, e o facemos cantando esta canción do grupo La Guagua.
 ANIMÁDEVOS:

lunes, 24 de noviembre de 2014

25 NOVEMBRO: DÍA LARANXA

Mañá  (25 de novembro) conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. Para celebralo, a ONU, proponnos que pintemos a nosa escola de laranxa. Estades dispostos a que se escoite a nosa voz????
Si é así, traede unha prenda laranxa ao cole e a ver se erradicamos esta gran lacra.

sábado, 23 de noviembre de 2013

25 de Novembro

O 25 de Novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
E na Biblioteca do Bufolector queremos aproveitar a ocasión para darvos a coñecer a unha gran escritora que dedica gran parte da súa vida a educar aos rapaces e rapazas na igualdade de xénero: Adela Turín



Algunhas das súas obras podedes atopalas na nosa Biblioteca:




martes, 20 de noviembre de 2012

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celébrase o día internacional CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, por se queredes traballar este tema déixovos uns enlaces con recursos interesantes.