lunes, 27 de febrero de 2023

ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS

 Hoxe tivemos unha sesión do club de lectura especial porque a ela asistiu Andrea Maceiras, unha escritora moi admirada por nós.

Para esta reunión, cada grupo leu un libro dela:

"O que sei do silencio"


E, "Que me pare o corazón se te esquezo"



Tivemos tempo para falar con ela, contarlle as nosas inquedanzas, ideas, os sentimentos que provocaron en nós as lecturas e preguntarlle moitas dúbidas. Ela escoitounos con moita atención e respeto e contestou a todo.




Estas son algunhas cousiñas que aconteceron:





A verdade é que foi unha sesión ben agradable, onde os rapaces e rapazas puideron conversar con Andrea coma se fose unha máis do grupo.
Andrea, grazas pola túa cercanía, simpatía, por saber achegarte tan ben a estes rapaces e, sobre todo, por escribir tan ben e ter tanto que ensinarnos a través da túa literatura. Estamos moi orgullosos de ter unha autora da túa calidade que sexa galega e que viva tan pretiño de nós. 
NORABOA E MOITAS GRAZAS!!!

Isabel, grazas por facer isto posible!









domingo, 26 de febrero de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA

 Este venres non vos podedes perder outra sesión de CONTACONTOS EN FAMILIA.



jueves, 23 de febrero de 2023

UN ENTROIDO MOI CIENTÍFICO

 Xa está dispoñible na web do cole un video resumo do entroido.

Pincha na imaxe para velo:



miércoles, 22 de febrero de 2023

LECTURA E FAMILIA

 ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!!!!


O mes de marzo vén cargadiño de FORMACIÓN  para as familias!!!!!

Comezaremos o MÉRCORES día 1 cunha charla con Sonia Hermida, onde nos falará sobre a literatura e a lectura e daranos estratexias para que os nosos fillos/as incrementen o seu hábito lector. 

O MÉRCORES 8 haberá un obradoiro <<Un, dous, tres.. quen es>> no que cada neno/a acompañado dun adulto (pai, nai, tío, tía...) participará nunha actividade que ten como fío condutor a literatura e a ciencia. PARA NENOS/AS DE INFANTIL A TERCEIRO DE PRIMARIA.


O MÉRCORES 15 haberá un obradoiro <<As matemáticas do universo>> no que cada neno/a acompañado dun adulto (pai, nai, tío, tía...) participará nunha actividade que ten como fío condutor a literatura e a ciencia. PARA NENOS/AS DE  TERCEIRO  A SEXTO DE PRIMARIA.


Á charla do día 1 pode vir calquera adulto sen necesidade de reserva. O horario dos tres días é de 16:00 a 18:00 h no comedor do cole. 

Para os obradoiros hai que anotarse mandando un correo co nome e apelidos do adulto acompañante e o nome e curso do neno/a co que fará o obradoiro. SÓ HAI 30 PRAZAS e daranse por estrito orde de chegada do mail. 


Folleto lectura e familia by Bufolector on Scribd


SONIA HERMIDA


Consulta o seu blog para máis información



LECTURA E FAMILIA

 


QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO

 É o novo libro que estamos a ler no club de lectura e do que falaremos con Andrea Maceiras, a autora, o vindeiro luns.





lunes, 20 de febrero de 2023

OBRADOIROS CIENTÍFICOS DE ENTROIDO

 O alumnado de infantil comezamos a celebrar o entroido cuns obradoiros moi científicos.

O primeiro que fixemos foi ver a peli "Más allá de la luna" onde unha nena científica, ten que deseñar unha nave para poder viaxar á lúa. Non faltaron nin as palomitas!

Despois dividímonos en equipas e fumos pasando polos diferentes obradoiros: escultura, onde deseñamos diferentes figuras relacionadas co espacio; caroutas, onde fixemos o noso propio casco de astronautas; photocall, onde deseñamos un mural espacial e; cociña, no que fixemos unhas naves espaciais que estaban moi saborosas!


martes, 14 de febrero de 2023

EXPERIMENTANDO CO BUFO

 Este ano case non hai tempo para facer as cousas, así que imos máis lentos, pero que con paso firme.

Xa temos o cartel do noso proxecto:

A que quedou xenial?


lunes, 13 de febrero de 2023

UNHA AVOA DE GOYA

 Hoxe queremos dar a NORABOA  a Chelo Loureiro, avoa de Nico e Marco porque este fin de semana gañou o seu terceiro GOYA pola película de animación UNICORNIO WARS.


Chelo é productora e directora especializada en cine de animación. É a fundadora de ABANO PRODUCIÓNS. Ademáis cando traballamos o proxecto do cine ela estivera polo cole falándonos do seu traballo.
É un orgullo de muller que está a levar o cine de animación galego ao máis alto.
NORABOA!!!!!!!!


sábado, 11 de febrero de 2023

11 de febreiro: POR QUE CELEBRAMOS ESTE DÍA?

 Hoxe celebramos o DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, afortunadamente estas novas xeracións non teñen prexuizos. Quen sabe se estamos ante os futuros científicos? Dende logo, levan un bo camiño....





viernes, 10 de febrero de 2023

O QUE SEI DO SILENCIO

 Comezamos novo libro no club con moi boas expectativas:


CIENCIA EN FAMILIA CON MATEO

 Xa temos dispoñible un novo capítulo de experimentos:


jueves, 9 de febrero de 2023

A BIOLOXÍA MARIÑA

 O alumnado de 4 anos estase a converter nuns científicos expertos na bioloxía mariña, concretamente nos pingüíns. Mirade todo o que están a investigar:








lunes, 6 de febrero de 2023

CALENDARIO CIENTÍFICO GALEGO

O CSIC vén de publicar o calendario científico galego do 2023 dirixido ao alumnado de primaria e secundaria. Cada día recolle un aniversario científico ou tecnolóxico.
Podes descargalo neste enlace. 

2023 GAL Calendario Impresion A3 Folleto by Bufolector on Scribd

domingo, 5 de febrero de 2023

Ciencia en familia con Nayla

Ás veces uns experimentos saen e outros non, pero todos serven para aprender. Unha das técnicas máis usada na ciencia é a de ENSAIO-ERRO.


viernes, 3 de febrero de 2023

LA LECCIÓN DE AUGUST

La semana pasada terminamos el libro "La lección de August" y la verdad es que nos gustó mucho. Tanto que quedamos con ganas de leer toda la saga.
Estas son algunas de nuestras conclusiones:


jueves, 2 de febrero de 2023

OBRADOIRO DE XOGOS

 Onte tivemos tarde de xogos na biblioteca co alumnado de primeiro, segundo e infantil:











miércoles, 1 de febrero de 2023

CONTACONTOS EN FAMILIA DE XANEIRO

 Onte tivo lugar o primeiro contacontos do 2023. Para o cal tivemos a sorte de contar con contadores excepcionais:

Vanesa, Sira e Mario leron "La pirata Daniela".

Vero e Lucas contaron e interpretaron "El buen humor del lobo gris"

Marga e Bruno contaron "Emilio quiere una nueva familia"



Ana, Carmen e Flora sorprendéronnos con  "Guapa" interpretando o conto en LSE.


Ana e Carla remataron con "A que sabe a lúa?"

Así de atentos estábamos todos aos contos:

Queremos deixarvos un anaco do que aconteceu nesta sesión: 



GRACIAS A TODOS OS QUE PARTICIPÁCHEDES E AOS QUE VOS ACHEGÁSTEDES A COMPARTIR ESTA BONITA TARDE CONNOSCO!

EXPERIMENTANDO COA CIENCIA

 Estes días estamos a pasar moito frío, pero.... AQUÍ NON NEVA!!!!!!!

O alumnado de infantil, estivo a traballar nunha fórmula máxica e por fin conseguiu facer neve!!!!!

Así de ben o pasan os de 3 anos:


Non vos perdades os nenos e nenas de 4 anos:



Os de 5 anos seguimos descubrindo a importancia das medidas para facer ciencia.
 Tamén quixemos representar de maneira plástica o frío destes días: