martes, 31 de enero de 2017

DÍA DA PAZ (5 ANOS C)

MENTRES ESPERAMOS PARA VER A PRESENTACIÓN DO DÍA DA PAZ DE TODO O COLE DEIXÁMOSVOS CON ESTE PEQUENO ADIANTO NO QUE FIXEMOS AS ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO MAGO ALFA E MOTIVADAS POLA VISITA DE MALA UVA.
 día da paz
(Pinchar na imaxe para ir ao artigo)

lunes, 30 de enero de 2017

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!
PARA CONMEMORALO XUNTARÉMONOS TODO O COLE E FAREMOS UN MURAL DO GUERNICA DE PICASSO, DECORADO POLOS NENOS E NENAS REPRESENTANDO A OBRA DE CADANSEU AUTOR.
LOGO CANTAREMOS A CANCIÓN "BUSCA LA LUZ", LEMBRANDO QUE NON QUEREMOS QUE NINGUÉN APAGUE A NOSA LUZ TAL E COMO BERRAMOS O "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".
PARA COÑECER UN POUCO MÁIS SOBRE O GUERNICA DEIXÁMOSVOS ESTE VIDEO:





E AQUÍ DEIXÁMOSVOS A CANCIÓN:

viernes, 27 de enero de 2017

VISITA DE MALAUVA

Como xa sabedes, esta semana tivemos a visita da Bruxa Malauva, foron momentos moi emocionantes!
 Visita Malauva
(Pinchade na imaxe para ir ao artigo coas fotos)

CONTACONTOS FEBREIRO

NON ESQUEZADES O VOSO CARNÉ!!!!

miércoles, 25 de enero de 2017

PREPARANDO A VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Unha vez máis queda demostrado que os nenos e nenas de 5 anos C son uns artistas!!!!

lunes, 23 de enero de 2017

CONTACONTOS XANEIRO

QUE CONTENT@S ESTAMOS COA ACTIVIDADE "CONTACONTOS EN FAMILIA":
CADA VEZ AS FAMILIAS ESTADES MÁIS IMPLICADAS E VOS PREOCUPADES DE TRAER AOS NENOS E NENAS PORQUE SABEDES O IMPORTANTE QUE É A ANIMACIÓN Á LECTURA,
ADEMÁIS TEMOS UNHA MOI BOA CANTEIRA DE CONTADORES, XA É A SEGUNDA VEZ QUE PODEMOS ESCOITAR AOS MAIORES DO COLE CONTARNOS CONTOS E A VERDADE E QUE O FAN XENIAL!
LEMBRADE QUE TODOS OS NENOS E NENAS DO COLE PODEDES ASISTIR A ESTES ENCONTROS, QUE NON FAI FALTA NADA, SÓ GANAS DE PASALO BEN E, AOS MAIORES:TODOS PODEDES CONTAR CONTOS: AVÓS, AVOAS, TÍAS, TÍOS, PADRIÑOS, MADRIÑAS, NAIS, PAIS.....

viernes, 20 de enero de 2017

Na procura do Unicornio Dourado

Xa temos a nosa primeira entrada no blog de Isla Fantasía (http://escueladelunicornio.blogspot.com.es/) .
A partir de agora todas as actividades de Isla Fantasía publicarémolas neste blog, para encontrar as da nosa escola teredes que buscar en etiquetas o nome do noso centro.
 Na procura do Unicornio dourado
(Para ver a entrada pincha na imaxe)

VISITANDO MUSEOS

A distancia xa non é ningunha excusa para poder visitar os museos de arte.
Deixámosvos  enlaces ás visitas virtuais de distintos museos. Pinchade na imaxe para ir ao sitio web.

Museo Picasso (Málaga)
 Museo Picasso

Museo del Prado (Madrid)

 Museo del Prado

Museo de arte Thyssen-Bornemisza (Madrid)


 Museo Thyssen

Museo del Greco (Toledo)

 Museo del Greco

Museo Sorolla (Madrid)
 Museo Sorolla

Museo Dalí (Girona)
 Museo Dalí



Museo del Louvre (París)

 Museo Louvre



National Gallery of Art (Washington)
 National Gallery of Art



El Vaticano (El Vaticano)
 Museo Vaticano



Boa viaxe!

miércoles, 18 de enero de 2017

OS SEGREDOS OCULTOS DAS PINTURAS MÁIS FAMOSAS

DEIXÁMOSVOS UN VIDEO DE OTA KU MEX SOBRE CURIOSIDADES NAS OBRAS DE ARTE:

lunes, 16 de enero de 2017

Sorolla Íntimo (alumnado de 2º)

O alumnado de 2º, que está a traballar a Sorolla, aproveitou a exposición deste autor que fixeron no Museo de Belas Artes de Coruña, para coñecer e ver de cerca a súa obra. Mirade todo o que aprenderon:

OS REIS DE 5 ANOS A

Aproveitando que o necesitaban e que estabamos en Nadal.... (pincha aquí)

jueves, 12 de enero de 2017

NÓS TAMÉN SOMOS INVENTORES

DENTRO DO PROXECTO DOS INVENTOS, COMEZAMOS O ANO 2017 EXPERIMENTANDO.
 O MELLOR DE TODO, AS CARIÑAS DOS NENOS E NENAS DESCUBRINDO, TOCANDO, EXPERIMENTANDO, FORMULANDO HIPÓTESES...APRENDENDO!!!

miércoles, 11 de enero de 2017

CONTACONTOS XANEIRO

Xa temos data para o primeiro "CONTACONTOS EN FAMILIA" do ano 2017!!!!

A VOLTAS COS UNICORNIOS

Aproveitamos esta entrada para agradecer ás familias a implicación no proxecto, é grazas a vos, que levades aos nenos e nenas a buscar Unicornios, que lles falades dende o maxín, que os escoitades cando saen tan emocionados....porque funciona o que estamos a facer. GRAZAS!!!!

Máis unicornios by Slidely Slideshow

3º B e Andy Warhol

O alumnado de 3º estanos a sorprender gratamente coas súas buscas dos pintores. Mirade os traballos que fixeron:

Andy Warholl by Slidely Slideshow

lunes, 9 de enero de 2017

3º A e Picasso

O alumnado de 3ºA son expert@s en Picasso, mirade todo o que investigaron:




domingo, 1 de enero de 2017

Seguen a aparecer Unicornios!

Estamos moi emocionados pola boa acolleita que ten este xogo que vos propusemos. Os unicornios dorados están a aparecer por Vilaboa, Sada, Ledoño... Seguide así!

Máis Unicornios by Slidely Slideshow