Mostrando entradas con la etiqueta recreos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recreos. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de diciembre de 2024

STAB no recreo

Este curso temos un Stab moi traballador, veñen pola biblio aínda que non lles toque e póñense a traballar por vontade propia. Así da gusto!


 

viernes, 22 de noviembre de 2024

RECREOS

 E seguimos a ter uns recreos moi animados, mirade:
















E todo isto podémolo xestionar grazas a axuda dos STABs que están a facer unha grande labor!


lunes, 21 de octubre de 2024

RECREO

 Así de animada está a biblioteca un recreo normal:















martes, 21 de noviembre de 2023

O RECREO

A biblioteca é un lugar de encontro do noso cole, un lugar onde ler un bo libro, onde relaxarse, onde consultar información e onde socializar.

Así son os nosos recreos:











domingo, 5 de noviembre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 O pasado 24 de outubro celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, entre as actividades propostas tiñamos dúas ximcanas que por mor da chuvia tivemos que retrasar, pero que por fin puidemos facer.

Os pequenos do cole tiñan que atopar imaxes das cubertas de diferentes libros que estaban agochadas polo patio.

Os maiores, tiñan que recoller unha planilla na biblio e cubrir o nome dos 10 libros que estaban polo patio axudándose dunhas pequenas pistas.

Esto é un resumo do ben que o pasamos:



lunes, 14 de noviembre de 2022

LOS INSTANTES PERFECTOS

 Rematamos libro no club de lectura, Alexandre e Román dannos a súa opinión:









martes, 8 de noviembre de 2022

S.T.A.B

 Xa hai uns días que comezou a formación do S.T.A.B, Servicio Técnico de Axuda á Biblioca. 

Este curso hai moitos voluntarios de sexto. 

Entre as súas tarefas está a de emprestar e devolver libros, colocar á biblioteca, recomendar lecturas, ensinar xogos, titorizar ao alumnado de menor idade, separar e arranxar libros estragados, etc.






miércoles, 26 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Como xa sabedes, este semana celebramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 outubro). 
Xa é unha tradición que as mochilas viaxeiras comecen a súa andaina este día e este ano non podía ser menos. 
Pero ademáis quixemos SACAR A BIBLIOTECA AO PATIO, onde agochamos fotos de cubertas de libros que os máis pequenos tiñan que atopar e para os maiores era a clave que lles axudaría a cubrir a folla de dez pistas. 

Antes de ensinarvos o video queremos destacar que foron uns recreos ben divertidos onde predominou un GRAN COMPAÑERISMO, gustoume moito ver como vos axudábades todos sen importar o curso nin a idade. 
NORABOA RAPACES!!!!!

martes, 25 de octubre de 2022

CONCURSO AVIÓNS DE PAPEL

 Xa podedes ver o resumo do que aconteceu a semana pasada onde o alumnado puso en práctica as leis da física para que os seus avións chegasen o máis lonxe posible:



viernes, 14 de octubre de 2022

Mares de plástico

É o título do libro que comezou a ler o segundo grupo do Club de lectura. Bótalle un vistazo á presentación:


Hecho con Padlet

martes, 14 de junio de 2022

OS NOSOS RECREOS

 Dende que abrimos a biblioteca nos recreos sempre está animada. Estas son algunhas cousas que acontecen:


Pincha na imaxe para ver máis fotos. 

martes, 26 de abril de 2022

A BIBLIO VOLVE A ABRIR NOS RECREOS!

 Pouco a pouco imos recuperando a normalidade e xa tiñamos ganas de que a biblio comezase a funcionar. 

Imos paseniño pero con seguridade e xa podemos dicirvos que a partir da semana que vén por fin podedes facer uso da biblioteca e de todos os seus materiais nos recreos

Iso si, hai que respectar un horario:


VÉMONOS NA BIBLIO!


viernes, 13 de marzo de 2020

ESCOITAVENTURAS. 3ª sesión

Nesta sesión escoitamos á profe Silvia que nos leu "El gran gigante bonachón" de Roald Dahl.




A sesión foi estupenda o único problema e que cando estaba na parte máis emocionante, tivemos que cortar.
Se queres saber como acaba esta aventura... xa sabes! O libro está na biblio do Bufolector!

jueves, 5 de marzo de 2020

XOGOS

Xa vos temos dito o éxito que foi engadir xogos á biblioteca, sobre todo para os recreos e para as tardes.

O que non vos contamos é que esos xogos tamén se usan nas clases, e pouco a pouco imos razonando, usando a lóxica, sumando, restando, traballando a atención, o xogo en equipo, o respeto ao compañeiro, a escoita activa, os turnos de actuación, a motricidade, a activación de todos os sentidos... e todo isto XOGANDO!!!!!








Así si que mola aprender!