jueves, 28 de mayo de 2026
A pesares da gran cantidade de baixas que tivemos onte, pasamos unha tarde do máis agradable xunto á autora, María Rei Vilas.
O libro trata sobre Camila, que viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou. María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.
jueves, 9 de abril de 2026
Xa temos gañadora!!!!!
Aldar deu coa palabra que estabamos a buscar O MAPA DE ABAUNTZ!!!!
Vos deixamos aquí as pistas
1. Teño máis de 10000 anos
2. Son europeo
3. ATOPÁRONME EN 1996
4. actualmente atópome nun museo
5. FUN DESCUBERTO POR PILAR UTRILLA E O SEU EQUIPO
O LUNS TEMOS NOVA PISTA!!!!!!
jueves, 5 de febrero de 2026
Onte gozamos dun tempiño moi agradable ao redor do fantástico libro de Ledicia Costas, Golpes de Luz.
miércoles, 21 de mayo de 2025
jueves, 30 de enero de 2025
Onte tivemos o encontro do CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS, despois de ler Lecciones de química de BONNIE GARMUS fixemos unha xuntanza para intercambiar opinións.
miércoles, 29 de enero de 2025
miércoles, 5 de junio de 2024
"¿Hasta dónde es capaz de llegar un padre para encubrir a un hijo que comete un delito injustificable? ¿Debe prevalecer el instinto de protección paterna, o la lealtad a unas normas sociales que garantizan la coherencia y la fortaleza del grupo? Estas y otras preguntas de igual calibre surgen como dardos durante la lectura de La cena.
Dos parejas se han citado a cenar en un moderno y exclusivo restaurante de Çmsterdam. Mientras saborean el aperitivo y charlan con aparente despreocupación sobre la última película de moda y sus planes para las vacaciones, son conscientes de que, tarde o temprano, deberán abordar el incierto y acuciante asunto que los ha llevado a reunirse: el futuro de Michel y Rick, sus hijos de quince años, que según algunos indicios podrían estar envueltos en un caso de violencia grave. Así pues, tras los postres, cuando la cena llegue a sus últimos compases, la tensión entre los comensales habrá alcanzado su punto culminante y la cadena de secretos y revelaciones confluirán en un final dramático en el que nadie podrá esgrimir su inocencia".
Todo isto é o libro La cena de de Herman Koch, sobre o que falamos hoxe no club de lectura de familias:
Deixámosvos unha entrevista ao autor:
jueves, 1 de febrero de 2024
Onte pasamos unha tarde fantástica que se nos fixo moi curta: xogamos, cantamos, debatimos e tratamos de buscar ideas para deixar un mundo mellor para os nosos pequenos...
Grazas a todas (e a el) que onte demostráchedes que a lectura é mellor en compañía!sábado, 28 de octubre de 2023
lunes, 5 de junio de 2023
viernes, 26 de mayo de 2023
Hoxe temos reunión do club de lectura. Toca comentar o libro de Antía Yáñez.
miércoles, 29 de marzo de 2023
Hoxe tivo lugar o I ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA DE FAMILIAS DO CEIP SOFÍA CASANOVA.
O libro que limos foi Unha familia normal que deunos moito xogo e fixo que falásemos de moitas cousas.
(Agora temos varios exemplares na biblioteca do cole se alguén quere lelo que se poña en contacto coa biblio a través de bufolector@gmail.com e non teremos problema en prestalo).






















