Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de marzo de 2026

PARA ELAS!

 A Silvia, Liz, Marcela, Mel, Montse, Janice, Arlis, Katia, Carolina, Carmen, Lorena, Vanesa, Ingrid, Gabriela, Anahí, Johanna, Elena,Oli, María, Sintike, Hanane.... e a  todas as mulleres que forman parte da nosa vida..... GRAZAS!!!!!


As nosas primeiras cartas, escritas con moito agarimo e esforzo van para ELAS!


lunes, 9 de marzo de 2026

XADREZ

Os peques de 5 anos teñen moita curiosidade por aprender, agora están coa teima de xogar ao xadrez. E que mellor profesor que o alumnado de sexto?



Foi unha bonita experiencia. Temos que botar o desquite!

jueves, 24 de octubre de 2024

OS BOSQUES DE GALICIA

 O alumnado de infantil estamos metidos de cheo no proxecto deste curso "Percorrendo Galicia co Bufo". Comezamos por estudar OS BOSQUES DE GALICIA.

Onte calzámonos as botas de exploradores e fumos percorrer o Rego das Xesteiras en Celas.

Tiñamos unha misión importante xa que cos ollos ben abertos tivemos que atopar diferentes elementos que estaban agochados polo bosque.















Foi unha aventura fantástica, onde ademáis de gozar paseando na naturaleza, facer un pouco de deporte o observar os cambios que chegan co outono, puidemos aprender un pouco máis sobre os bosques.


viernes, 22 de marzo de 2024

MUSEO DE BELAS ARTES

 Esta semana o alumnado de infantil acudiu ao Museo de Belas Artes da Coruña para achegarse ao mundo da arte a través da visita guiada "Unha volta ao sol".







miércoles, 20 de marzo de 2024

Visítanos Helen Roca

 O luns, o alumnado de infantil, tivemos a gran sorte de compartir a nosa primeira clase de rugby da man de Helen Roca.

Campioa de Europa de XV, campioa de España de seven, xogou o Seis Nacións e tres Mundiais. Elena Roca es Helen, líder do CRAT no campo durante case dous décadas e, agora,  xefa nos despachos e na bancada. Vicepresidenta, directora técnica e entrenadora, compaxina o rugby co seu cargo de técnica deportiva no Concello de Mesía.






MOITAS GRAZAS ELENA POR ACHEGARNOS A ESTE DEPORTE, QUEDAMOS CON GANAS DE MÁIS!
Para coñecer máis desta gran deportista:

miércoles, 13 de marzo de 2024

LECTURA NO PATIO

 Hoxe os peques do cole aproveitamos o bo tempo para facer a lectura fóra. 

                                                     Como nos prestou!



domingo, 10 de marzo de 2024

AS BUFOLIMPÍADAS EN INFANTIL: XIMNASIA RÍTMICA

 Desta volta decidimos afondar noutro deporte olímpico pouco coñecido para os nosos peques: A XIMNASIA RÍTMICA.

Coma sempre, o Bufolector mandounos unha carta falándonos sobre este deporte e unha ximnasta olímpica: ALBA BAUTISTA.

Logo de investigar, descubrimos que a ximnasia rítmica ten 5 elementos: aro, pelota, corda, mazas e cinta.

Un día chegamos a clase e atopamos unha sorpresa:


E cal foi a nosa sorpresa?



Unhas cintas de ximnasia!!!!

Para rematar con este deporte tivemos a sorte de contar cunha exhibición fantástica, xa que seis nenas maiores do cole, que o practican,  prestáronse voluntarias para facernos unha demostración. Ademáis ensináronnos a diferencia entre ximnasia rítmica e ximnasia artística:


GRAZAS a CAROLINA, SIRA, MARA, NEREA, CAYETANA E MARTINA, ás que admiramos moitísimo e que poden chegar a ser olímpicas algún día! E grazas tamén aos profes que fixeron que isto fora posible dándonos moitas facilidades!

Rematamos este deporte moi motivados e motivadas, gustounos moitísimo, así que deste grupo de peques de infantil poden saír grandes ximnastas o día de mañán!

sábado, 24 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 Onte celebramos que hai 137 naceu, en Santiago de Compostela unha das escritoras máis famosas na nosa lingua, Rosalía de Castro.

O departamento de Dinamización da lingua invitounos a participar nun xogo e nas clases foron aparecendo cartas con selos de Rosalía onde se nos facía unha pregunta e se nos invitaba a atopar a resposta para gañar unha peza dun crebacabezas. Pinchade na imaxe para ver todo o que aconteceu:



O alumnado de 3, que non coñecía a Rosalía despois de investigar, aprendeu esta pequena poesía da autora :


Non deixedes de visitar o blog Habelas Hainas 7.0 do departamento de Dinamización!







domingo, 18 de febrero de 2024

OBRADOIROS DE ENTROIDO

 O alumnado de infantil rematou hoxe o último dos obradoiros de entroido, este ano adicado a TURBO, un caracol que quere gañar unha carreira.

Os peques, en grupos de nenos e nenas de 3,4 e 5, foron pasando polos diferentes obradoiros e traballando nas diferentes propostas.









Tamén tivemos o noso propio circuito de carreiras de Turbos:




martes, 6 de febrero de 2024

O DEPORTE

 Neste cole sabemos que o deporte é moi importante para unha vida sa, por iso sempre está presente nas nosas programacións adicándolle un lugar especial este curso coas BUFOLIMPÍADAS.

É por iso que hoxe os peques de infantil saímos dar un paseíño nas bicis. Cada día imos perdéndolle o medo, gañamos en equilibrio, en motricidade, en coordinación... e pasámolo xenial!



lunes, 5 de febrero de 2024

COÑECENDO A KANDINSKY

 Para traballar a grafomotricidade nos recantos, a profe ensinounos un pintor moi famoso que ten cadros con moitas cores chamado Kandinsky.

Así fixemos, os peques de 3 anos,  as nosas obras de arte, a que quedaron xeniales?



sábado, 3 de febrero de 2024

INICIÁMONOS NA ROBÓTICA

 Onte o alumnado de 3 anos tivo o seu primeiro contacto coa robótica e o resultado foi moi bo: foi unha actividade moi motivadora ( o tren levaba en clase varios días o que creou moita expectación), traballamos en equipo cooperando uns con outros, seguimos a técnica de ensaio-erro e puxemos a funcionar o pensamento lóxico e a resolución de problemas e todo isto xogando, rindo e facendo que o tempo de clase fose moi curtiño.


jueves, 1 de febrero de 2024

AS BUFOLIMPÍADAS EN INFANTIL: ESQUÍ

 Aínda que sabemos que é un deporte das olimpíadas de inverno, non podíamos deixar de asociar o inverno con este deporte tan popular. 

Todo infantil está a traballar este deporte, de feito, na entrada ao cole podedes ver este gran mural onde os nosos pequenos están a xogar coa neve e a facer diferentes deportes de inverno.


O alumnado de 4 fixo uns fantásticos debuxos onde se representan esquiande, mirade a ver se sodes quen de identificalos:







Hoxe puxemos en práctica todo o que levamos aprendido de este fantástico deporte, queredes velo?






viernes, 22 de diciembre de 2023

HALTEROFILIA

Xa podedes ver o segundo capítulo das Bufolimpíadas en 3 anos, desta volta adicado á HALTEROFILIA.

sábado, 25 de noviembre de 2023

25 N: TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Onte xuntámonos todos no cole para cantar e gritar ben alto que non imos ter medo porque, entre todos, erradicaremos esta lacra.

Mentres esperamos que na páxina web do cole  colguen un resumo do acontecido, os máis pequenos do cole queremos recitarvos este poema que incluimos no noso cartel deste ano que poderedes ver polos comercios de Culleredo:



Podedes ver o vídeo do cole neste enlace




miércoles, 22 de noviembre de 2023

LUCAS E AS BUFOLIMPIADAS

 Hoxe celebramos o cumple de Lucas, que é un dos nenos máis pequenos que temos no cole e sorprendeunos cun biscoito das BUFOLIMPIADAS!!!!!!





MOITAS FELICIDAS LUCAS!!!!!!

AO BUFOLECTOR E AO SEU EQUIPO FÍXONOS MOITA ILUSIÓN ESTA TARTA!!!!!


martes, 14 de noviembre de 2023

EL COLECCIONISTA DE PALABRAS

 É o título dun fantástico libro de Peter H. Reynolds que lles serviu de inspiración aos nenos e nenas de 5 anos para facer a súa propia colección de palabras.


Mirade cantas levan: