Mostrando entradas con la etiqueta escoitaventuras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escoitaventuras. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de marzo de 2020

ESCOITAVENTURAS. 3ª sesión

Nesta sesión escoitamos á profe Silvia que nos leu "El gran gigante bonachón" de Roald Dahl.




A sesión foi estupenda o único problema e que cando estaba na parte máis emocionante, tivemos que cortar.
Se queres saber como acaba esta aventura... xa sabes! O libro está na biblio do Bufolector!

miércoles, 19 de febrero de 2020

ESCOITAVENTURAS. 2ª sesión

Hoxe tivemos a gran sorte de escoitar á profe Mavi lernos este libro:

Foi unha sesión fantástica onde non faltaron as gargalladas:






A profe deixounos en suspense así que se queredes saber como remata a historia xa sabedes onde atopar o libro: 82N-G (cor vermella e letra H).

VÉMONOS NA SEGUINTE ESCOITAVENTURA!!!!!

martes, 11 de febrero de 2020

ESCOITAVENTURAS

O vindeiro mércores teremos unha nova sesión de ESCOITAVENTURAS. 
Non volo podedes perder!!!


jueves, 30 de enero de 2020

ESCOITAVENTURAS

Onte tivemos a primeira sesión de lectura en voz alta nos recreos. O libro escollido para inaugurar o ESCOITAVENTURAS foi

A biblioteca encheuse de nenos e nenas con ganas de escoitar historias, así  da gusto comezar un proxecto! 




viernes, 24 de enero de 2020

ESCOITAVENTURAS: Nova actividade na biblioteca do cole

Temos unha moi boa nova!!!!!!

A vindeira semana imos dar comezo a unha nova actividade: ESCOITAVENTURAS
Sabede en que consiste? Pois en que de cando en vez, no recreo, despois de merendar, poderedes ir á biblioteca do Bufolector a escoitar unha nova aventura sacada dun libro.
A entrada é libre e gratuita. É dicir, que pode ir quen queira. (Só para primaria)
O único que tedes que facer e vir merendar na porta na biblio (para cando abramos a porta, poder entrar) e respetar á persoa que le e a que quere escoitar. Así que unha vez que comeza a aventura non se poderá sair da biblio ata que rematen de ler porque necesitamos silencio para poder volar coa imaxinación.
ESPERAMOS VERVOS A TODOS E QUE VOS GUSTE!

COMEZAMOS ESTE MÉRCORES CO LIBRO "LOS QUEBRANTASUEÑOS" DE SUSANA ISERN!!!!